Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
A5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
A6 |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
A9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) |
A10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B9 |
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
C3 |
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Comprender o concepto de tecnoloxía lingüística e coñecer o seu papel na sociedade actual |
AI2 AI5 AI7 AI9
|
BI2 BI5
|
CM3 CM5 CM6 CM8
|
Familiarizarse con diferentes ferramentas e recursos lingüísticos. |
AI9
|
BI8 BI9
|
CM8
|
Coñecer as perspectivas que ofrece o procesamento automático da lingua natural no eido da tradución, da lexicografía e da aprendizaxe de linguas |
AI6 AI7
|
BI2 BI6 BI7 BI8
|
CM8
|
Estar capacitado para operar no tratamiento automático da linguaxe |
AI10
|
BI2 BI5 BI7
|
CM3 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lingua e Sociedade do coñecemento |
1.1. Tecnoloxías lingüísticas e Procesamento de lingua natural (PLN)
1.2. Panorámica das aplicacións das tecnoloxías e do PLN |
2. Escritura asistida por ordenador |
2.1. Corrección ortográfica, léxica, gramatical e estilística
2.2. Correctores en procesadores de textos
2.3. Correctores en liña |
3. Dicionarios electrónicos |
3.1. Concepto de dicionario electrónico
3.2. Dicionarios en soporte informático e en liña
3.3. Deseño e explotación de dicionarios electrónicos
3.4. Presentación de proxectos léxicos en curso |
4. Tradución automática |
4.1. Tradución automática (TA) e tradución asistida por ordenador
4.2. Sistemas de TA baseados en regras
4.3. Sistemas de TA baseados en estatística
4.4. Memorias de tradución |
5. Aprendizaxe de linguas asistido por ordenador (CALL) |
5.1. Sistemas de aprendizaxe de linguas
5.2. Compilación e explotación de corpus de aprendices (learner corpus)
5.3. Uso de programas de concordancias na ALAO |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
8 |
24 |
32 |
Prácticas a través de TIC |
0 |
8 |
8 |
Traballos tutelados |
0 |
24 |
24 |
Obradoiro |
7 |
0 |
7 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, por parte do profesorado da materia, dos contidos obxecto de estudo ou das
actividades que ten que desenvolver o alumnado. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas autónomas de ferramentas, aplicacións ou recursos obxecto de estudo da materia |
Traballos tutelados |
O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou realizar para comprender. |
Obradoiro |
O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos. Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Obradoiro |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Tutorías de libre disposición. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. |
65 |
Prácticas a través de TIC |
O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e diccionarios electrónicos dispoñibeis na web. |
20 |
Obradoiro |
Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Lea atentamente a información que segue. 1. O plaxio
total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser
recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa
esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. 2. A
CUALIFICACIÓN FINAL
responderá ao seguinte reparto porcentual: 2.1) Un 65% obterase polos
traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se
fixarán na aula. 2.2) Un 15% obterase da
realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se
realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a
evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a
colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa
aprendizaxe colaborativa. 2.3) Un 20% responderá as prácticas autónomas a través das TIC que os estudantes realizarán ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula. Moi importante: Este
reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e
participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa
especial que xustifique a falta de asistencia recibirán un 100% da súa nota
final pola realización dos traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade. CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES: SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. De
suspender a materia en xaneiro por non acadar 5 puntos, o alumno deberá
realizar as actividades sustitutivas que se lle encomenden para a 2ª
oportunidade. Estas actividades
sustitutivas serán anunciadas no momento de comunicar a nota de 1ª
oportunidade. A nota destas actividades constituirá o 100% da cualificación final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cal, M., P. Núñez & I. Palacios (eds.) (2005),Nuevas tecnologías en lingüística, traducción y enseñanza de lenguas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Hutchins, W.J. & H.L. Somers (1995),Introducción a la traducción automática, Madrid: Visor. Lavid, J. (2005), Lenguaje y nuevas tecnologías: nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista del siglo XXI,Madrid: Cátedra. Martí, M.ª A. (coord.) (2003),Tecnologías del lenguaje, Barcelona: UOC. Ruiz, J. C. (2005), “Lenguaje e informática/Lenguaje y ordenadores”, en Á. López & B. Gallardo (eds.),Conocimiento y lenguaje, València: Universitat, 401-436. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIAClark, Alexander, Chris Fox e Shalom Lappin (eds.) (2010).The Handbook of Computational Linguistics and Natural Language Processing. Malden: Wiley-Blackwell. Indurkhya, N. & F.J. Damerau (eds.) (2010),Handbook of Natural Language Processing, Boca Ratón, FL: CRC. Jurafsky, D. & J. H. Martin (2009),Speech and Language Processing. An Introduction to Natural Language Processing,Computational Linguistics and Speech Recognition, Upper Saddle River, NJ: Pearson Prentice Hall. Martí, M.ª A. & J. Llisterri (eds.) (2004),Tecnologías del texto y del habla,Barcelona: Edicions Universitat de Barcelona. Mitkov, R. (ed.), (2003),The Oxford Handbook of Computational Linguistics, Oxford University Press |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como no seu traballo persoal fóra da aula. O alumnado deberá consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais por parte do profesor. |
|