Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Prácticas externas Código 613836006
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral As prácticas externas consistirán na actualización das competencias adquiridas no mestrado nun entorno profesional real. Teñen como obxectivo principal achegar o alumnado ao ambiente laboral nos distintos ámbitos profesionais sobre os que podería orientar a súa actividade futura.
Anualmente publicarase a oferta de prazas de prácticas. As prazas ofertadas serán adxudicadas segundo criterios académicos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. BI5
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. BI4
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. BI6
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. BI7
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. BI8
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais BI9
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. BI10
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. AI3
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. AI5
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). AI7
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada. AI8
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) AI9
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. CM5
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
Realización de prácticas externas nun entorno profesional Os lugares de realización das prácticas serán empresas relacionadas cos sectores de planificación e asesoramento lingüístico, xestión e asesoramento en medios de comunicación, relacións internacionais, ámbito editorial, empresas e administración pública, ensino de linguas, etc.
As tarefas que desempeñarán os estudantes detallaranse no seu plano de traballo. As tarefas encomendadas poderán ser de revisión e corrección lingüística na lingua da súa especialidade, de apoio no ensino de linguas, a elaboración de corpus específicos, a edición dixital, a tradución directa ou inversa entre linguas da súa especialidade, a creación de contidos dixitais, a preparación de materiais especializados, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 8 8
Prácticas clínicas 140 0 140
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Elaboración da memoria de prácticas, seguindo as orientacións xerais do titor/a académico e do titor na empresa.
Observación: A denominación de "traballos tutelados" débese a que a aplicación informática non recolle ningunha opción metodolóxica axustada á memoria de prácticas.
Prácticas clínicas As prácticas consistirán na aplicación nun entorno profesional dos coñecementos adquiridos no conxunto do mestrado, tanto no módulo de formación xeral, como nos das especialidades.
Observación: A denominación de "prácticas clínicas" débese a que a aplicación informática non recolle ningunha opción metodolóxica axustada ás prácticas externas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Traballos tutelados
Descrición
O titor na empresa e o titor académico proporcionarán as orientacións necesarias para o desenvolvemento do seu traballo e para a elaboración da memoria de prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A avaliación terá en conta a actividade realizada polo/a estudante na empresa ou institución en que realizou as prácticas. Para isto a a persoa que o titoriza na empresa ou institución remitirá un informe da súa actividade.
50
Traballos tutelados O estudante deberá realizar unha memoria da súa actividade segundo as indicacións que se lle facilitarán.
50
 
Observacións avaliación

A cualificación será realizada pola comisión académica do mestrado, que poderá delegar nunha comisión específica establecida a estes efectos.


Fontes de información
Bibliografía básica

Con carácter xeral, non procede a utilización de fontes de información específicas neste caso. Con todo, nalgúns entornos de prácticas, o/a estudante poderá ter que manexar as fontes de información que lle foron indicadas polo seu titor.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías