Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Dixitalización e edición Código 613836043
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo integrado dos procesos, convencións e ferramentas de edición tradicionais, e dos sistemas de codificación dixital e preservación dos materiais textuais e audiovisuais en contornos virtuais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) AI9
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. AI10
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo BI2
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. BI7
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora BI8
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais BI9
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse CM6
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida CM7
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. Dispositivos de almacenaxe da información
1.2. Concepto de codificación
2. Representación da información: métodos e formatos 2.1. Textos
2.2. Imaxes
2.3. Audio e vídeo
3. Preservación da información 3.1. Necesidade
3.2. Problemática
4. A edición 4.1. Tipoloxía
4.2. Procesos de xestión editorial
4.3. Recursos e ferramentas xerais para a edición
5. Novos soportes e tecnoloxías de edición 5.1. Soportes magnéticos
5.2. Contornos virtuais

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 10 18 28
Prácticas a través de TIC 5 20 25
Traballos tutelados 0 18 18
Proba obxectiva 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas en que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos
Prácticas a través de TIC Aulas de prácticas en que se traballará con computadores, escáneres e outros dispositivos das aulas informáticas do centro.
Traballos tutelados Elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia, combinada cun exercicio de revisión lingüística, ortotipográfica e maquetación dun texto, coa eloboración dos seus respectivos paratextos.
Proba obxectiva Realización dun exame final onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta breve ou test sobre os contidos impartidos nas sesións teóricas, coas respectivas remisións bibliograficas

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as aulas e mais para os traballos que desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tutelado terá carácter obrigatorio e deberá ser entregado na data que se fixe o primeiro día de clase 50
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia, participación e a actitude de cada alumno/a nas sesións expositivas. 5
Prácticas a través de TIC Avaliarase o progreso e aproveitamento de cada alumno/a nas aulas prácticas. 5
Proba obxectiva Realización dun exame final onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta breve ou test sobre os contidos impartidos nas sesións teóricas e os desenvolvidos polas fontes de información bibliográfica. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo tutelado. De non acadar esta puntuación nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.


De non acadar a puntuación mínima de aprobado na oportunidade de xuño, en xullo haberá unha segunda oportunidade de superar traballo e proba.


O estudante será cualificado como non presentado cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.


Aos estudantes que teñan unha modalidade de matrícula con dispensa de asistencia seralles aplicadas as porcentaxes do 50% para o traballo e o 50% para a proba mixta final.


Fontes de información
Bibliografía básica Prieto Espinosa, A., Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw-Hill
Polo Pujadas, M. (2007). Creación y gestión de proyectos editoriales. Cuenca, Universidad de Castilla-La Mancha
Blanco Valdés, J. (2009). Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica . Vigo: Xerais
Prieto Espinosa, A., Lloris Ruiz, A., Torres Cantero (2006). Introducción a la Informática. Editorial McGraw-Hill Bibliografía
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson / Prentice Hall
Buen Unna, J. de (2008). Manual de diseño editorial. Gijón, Trea
Martínez de Sousa, J. (2005). Manual de edición y autoedición. Madrid, Pirámide
Paz González, F. (2010). Manual imprescindible de InDesign CS5. Madrid, Anaya Multimedia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías