Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Planificación lingüística Código 613836063
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Estdo do status e do corpus da lingua galega.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística AI1
BI4
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse CM6

Contidos
Temas Subtemas
O concepto de planificación lingüística

1.1. A planificación lingüística como proceso.
1.2. Planos e servizos de normalización lingüística
Antecedentes da planificación lingüística para o galego 2.1 As figuras de Sarmiento, Pintos e Murguía
2.2. As Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega de M.G.B.
2.3. A política da lingua da Xeración do 16


A etapa contemporánea. A política lingüística realizada dentro e fóra das institucións
3.1. Características xerais da política lingüística sobre o galego
3.2. Actuacións da Xunta de Galicia
3.3. O desenvolvemento dunha planificación lingüística desde os concellos
3.4. Outras planificacións institucionais. O caso das universidades
3.5. Evolución da política lingüística. De 1980 á actualidade
Propostas de planificación lingüística desde fóra das institucións 4.1. O asociacionismo
4.2. As redes sociais
5. Planificación do corpus da lingua galega. O proceso de estandarización do galego 5.1. Antecedentes. O Rexurdimento e os comezos do século XX
5.2. As propostas normativas do galego moderno
5.3. O acordo normativo de 2003

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 15 13 28
Lecturas 0 15 15
Presentación oral 1 10 11
Sesión maxistral 10 10 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Lectura de textos clásicos relevantes na sociolingüística galega
Lecturas Análise e comentario de textos da sociolingüística galega contemporánea
Presentación oral A alumna-o realizará unha exposición oral, no fin do mestrado, relativa a un dos pontos do temario.
Sesión maxistral A profesora impartirá os coñecementos diacrón¡cos e sincrónicos precisos para comprender os procesos de normalización da lingua galega e a análise da planificación lingüística.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
A profesora examinará directa e persoalmente coas alumnas-os as fontes documentais achegadas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Cada alumna-o realizará, no fin do mestrado, unha exposición oral relativa a un dos pontos do temario. 30
Análise de fontes documentais Lectura de textos clásicos relativos á lingua galega 30
Lecturas Análise e comentario da produción sociolingüística galega contemporánea 40
 
Observacións avaliación
Segunda oportunidade (xullo)

As persoas que non superaren a
materia após asistiren regularmente ás aulas e realizaren un 60% das
actividades propostas, deberán repetir unicamente aquelas actividades
non superadas. Nos casos restantes, serán avaliadas pola realización dos
traballos tutelados propostos polo profesor (100% da cualificación).


Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez, Francisco (1998). Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza. Santiago de Compostela, Laiovento
García Negro, María Pilar (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Brión, Laiovento
García Negro, María Pilar (2000). Direitos lingüísticos e control político. Santiago de Compostela, Laiovento
Sanmartín Rei, Goretti (2010: ). Lingua e futuro. Brión, Laiovento
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela, Laiovento
Carvalho Calero, Ricardo (1992). Umha voz na Galiza. Santiago de Compsotela, Sotelo Blanco

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías