Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) A avaliación de dicionarios Código 613836073
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web http://campus.virtual.udc.es/guiadocente
Descrición xeral A materia ten como finalidade proporcionar aos alumnos os coñecementos e ferramentas necesarios para a avaliación e crítica dos dicionarios, en particular os dicionarios monolingües e bilingües.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as distintas perspectivas de análise das obras lexicográficas, de maneira xeral e de maneira específica segundo os diferentes tipos de obras. AI7
AI10
CM1
CM3
CM6
Aplicar de forma sistematizada os diversos criterios de avaliación á crítica das obras lexicográficas. BI1
BI2
BI3
BI5
BI6
CM1
CM3
CM6
Coñecer e saber valorar a interrelación dos procesos de elaboración e avaliación dos dicionarios. AI1
AI7
BI2
BI3
BI6
BI7
CM1
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. O dicionario como obxecto de investigación e como ferramenta de uso diverso. 1.1. Ensino e aprendizaxe da lingua.
1.2. Comunicación.
1.3. Tradución.
1.4. Outros enfoques.
2. A avaliación dos dicionarios. 2.1. O punto de vista do avaliador: usuario ou especialista (lingüista / lexicógrafo).
2.2. A caracterización tipolóxica.
2.3. A avaliación física ou externa.
2.4. A avaliación da macroestrutura. O criterio da coherencia externa.
2.5. A avaliación da microestrutura.
2.5.1. A organización da información: estrutura, elementos formais e tipográficos.
2.5.2. O criterio da coherencia interna.
2.5.3. Os criterios da cantidade de datos lexicográficos, a súa calidade e empregabilidade (intelixibilidade e fiabilidade).
2.5.4. Outros criterios de avaliación.
2.5.5. Criterios específicos para os dicionarios monolingües, bilingües e terminolóxicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 22 22
Sesión maxistral 10 0 10
Traballos tutelados 0 23 23
Obradoiro 7.5 7.5 15
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Os alumnos deberán ler certos traballos que se determinarán no seu momento, actividade da que se pedirá unha proba de lectura.
Sesión maxistral Impartición de clases de carácter teórico ou teórico-práctico, ante as cales se espera unha actitude non meramente pasiva dos alumnos.
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar un traballo tutelado, que consistirá na aplicación dos coñecementos adquiridos durante o curso, segundo procedementos e criterios que tamén se poñerán en práctica previamente.
Obradoiro Nas clases presenciais realizarase un obradoiro que permita a posta en práctica dos coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
No transcurso destas dúas actividades terá lugar unha titoría personalizada do alumno, no caso do obradoiro de carácter colectivo, e no dos traballos tutelados de carácter colectivo e individual.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Participación activa e interacción cos compañeiros e coa profesora. 20
Lecturas O alumno deberá realizar unha proba de lectura, que se determinará ao inicio do curso 20
Sesión maxistral Asistencia e actitude participativa. 10
Traballos tutelados Valorarase a correcta aplicación dos coñecementos adquridos durante o curso, así como a súa correcta expresión escrita. 50
 
Observacións avaliación

As probas obxecto de avaliación e as porcentaxes poderán sufrir algunha variación se ao longo do curso xorden elementos imprevistos que alteren dalgunha maneira o normal desenvolvemento do mesmo ou se programan actividades que se considere de interese avaliar (xornadas, exposicións...).

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliables nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que non realizase ou suspendese ao longo do curso. 

O alumno sará avaliado (isto é, non será considerado NP) se entrega unha das dúas actividades previstas (proba de lectura ou traballo tutelado).

Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Fuentes Morán, María Teresa, Joaquín García Palacios y Jesús Torres del Rey (2004-2005). "Algunos apuntes sobre la evaluación de diccionarios". Revista de lexicografía, 11
Segoviano, C. (1984). "Criterios para la valoración de un diccionario bilingüe", en C. Segoviano y J. M. Navarro (eds.), Spanien undLateinamerika. Beitriige zur Sprache, Literatur undKultur. Homenaje a Anton e In. Stuttgart, DSV
Rettig, W. (1985). "Die zweisprachige Lexikographie Französisch-Deutsch, Deutsch-Französisch. Stand, Probleme, Aufgaben". Lexicographica, 1
Haensch, Günter y C. Omeñaca (2004). "La crítica de diccionarios", en G. Haensch y C. Omeñaca, Los diccionarios del español en el umbral del siglo XXI,. Salamanca, Universidad
Humbley, J. (1993). "La evaluación de un diccionario especializado". Terminometro 13-14
Corbin, Pierre (1984). "Lexicographie-Conseil". LEZ Valenciennes. Cahiers de l'UER Froissart, 9 [Numéro spécial XXe anniversaire]
Fuentes Morán, María Teresa (1993). "Wörterbuchkritik im spanischen Sprachraum. Rezensionen in fünfFachzeitschriften 1975-1990",. Lexicographica, 9
Stein, Gabriele (2002). Better words. Evaluating EFL dictionaries,. Exeter, University of Exeter Press.
Sledd, James and Wilma R. Ebbitt (eds.) (1962). Dictionaries and THAT dictionary. A casebook on the aims of lexicographers and the targets of reviewers. Chicago, Scott-Foresman
Galinski, C. (1996). Draft: Intermediate Guidelines for the Evaluation of Terminology Resources. Viena, Infoterm
Torres Ramírez, I. (1998). Fuentes de información: estudios teórico-prácticos. Madrid, Síntesis
Hartmann, R.R.K. (ed.) (2003). Lexicography. Critical Concepts, 2 vols.. London-New York, Routledge
Gelpí Arroyo, Cristina (1997). Mesures d'avaliació lexicografia de diccionaris bilingües. Tesis doctoral, Barcelona, IULA.
Steiner, Roger J. (1993). Reviews of dictionaries in learned journals in the United States». Lexicographica, 9
Osselton, Noel Edward (1989). The History of Academic Dictionary Criticism With Reference to Major Dictionaries», en Franz Josef Hausmann, Oskar Reichmann, Ernst Wiegand y Ladislav Zgusta (eds.), Wörterbücher / Dictionaries / Dict. Berlin-New York, De Gruyter
Ripfel, M. (1989). Worterbuchkritik. Eine empirische Analyse von Wortebuchrezensionen, . Tübingen, Max Niemeyer
Chapman, Robert L. (1977). «Dictionary reviews and reviewing: 1900?1975», en James C. Raymond y I. Willis Russell (eds.), James B. McMillan. Essays in linguistics by his friends and colleagues. «Dictionary reviews and reviewing: 1900?1975», en James C. Raymond y I. Willis Russell (eds.), James
Yin Wa Chan, Alice and Andrew Taylor (2001). «Evaluating Learner Dictionaries: What the Reviews Say», . International Journal of Lexicography, 14, 3, September
Steiner, Roger J. (1984). «Guidelines for reviewers of bilingual dictionaries»,. Dictionaries,
Salvador, Gregorio (2002). «La crítica de diccionarios», en Pedro Álvarez de Miranda y José Polo (eds.), Lengua y diccionarios. Estudios ofrecidos a Manuel Seco,. Madrid, Arco Libros
Hernández, Humberto (1998). «La crítica lexicográfica: métodos y perspectivas». , Lingüística española actual, XX, 1,
Goffin, Roger (1982). «Linguistic criteria to evaluate terminology banks», en J. Goetschalckx y L. Rolling (eds.),Lexicography in the Electronic Age. Proceedings of a Sympositum held in Luxembourg, 7 9 July 1981. Amsterdam-New York, North-Holland
Tomaszcyk, Jerzy (1988). «The bilingual dictionary under review», en Mary Snell?Hornby (ed.), ZüriLEX'86 proceedings. Papers read at the EURALEX International Congress, University of Zürich, 9?14 September 1986,. Tübingen, Francke Verlag
Wiegand, H. E. ed.) (1993). «Wörterbuchkritik. Dictionary Criticism [monográfico]»,. Lexicographica, 9
Seco, Manuel (2003). «¿Para quién hacemos los diccionarios?», en Manuel Seco, Manuel, Estudios de lexicografía española,. Madrid, Gredos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías