Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre o funcionamento da linguaxe e das linguas, tanto no que atingue á súa estrutura interna como nas súas dimensións cognitiva, social, aplicada, ... |
A3 A11 A14 A15 A23
|
B1 B3 B5 B7
|
C6 C7 C8
|
Interpretar os textos científicos e divulgativos da lingüística, e relacionar os diferentes contidos tratados. Adquirir novo coñecemento a partir da súa lectura, integrándoo de maneira crítica. |
A1 A2 A3 A23
|
B3 B7
|
C6
|
Buscar e seleccionar información sobre a linguaxe e as linguas. |
A3
|
B1 B3 B5 B7
|
C6
|
Utilizar diferentes metodoloxías e técnicas habituais no estudo da linguaxe. |
A1 A3 A11 A15
|
B5
|
C3 C6 C8
|
Analizar a estrutura das linguas nos seus diferentes niveis. |
A1 A15
|
B2 B6 B7
|
C3
|
Analizar a linguaxe nas súas dimensións cognitiva, social, psicolóxica, ... |
A1 A3 A11
|
B2 B3 B5 B7 B9
|
C3 C6 C8
|
Sintetizar, relacionar e elaborar xeneralizacións a partir dos datos dispoñibles, de forma selectiva, para a resolución de problemas lingüísticos. |
A1 A3
|
B2 B5 B7 B9
|
C3 C6 C8
|
Organizar e expor contidos relativos á linguaxe, as linguas e a comunicación de forma organizada e argumentada, seguindo as pautas aceptadas no campo. |
A4 A5 A6 A9 A10 A11 A23
|
B1 B2 B4 B9 B10
|
C1 C2 C6
|
Utilizar modos argumentativos e formas de traballo característicos da ciencia lingüística. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A11
|
B2 B7 B10
|
C1 C2 C4 C7
|
Analizar e comentar textos e discursos utilizando apropiadamente as técnicas de análise. |
A1 A2 A10 A11 A15 A23
|
B4
|
C1
|
Traballar cooperativamente na resolución de problemas de carácter lingüístico. |
A10 A14 A15
|
B3 B4 B6 B7
|
C3 C6
|
Afrontar sen prexuízos os novos coñecementos sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística, así como as novas perspectivas e métodos. |
A1 A11
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C7 C8
|
Seguir e integrar sen prexuízos os avances doutras disciplinas que axuden ao progreso da lingüística, tanto na súa dimensión teórica como na aplicada. |
A23
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contribuír ao desenvolvemento científico e social aplicando as competencias adquiridas. |
A15
|
B9 B10
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A natureza da linguaxe e a lingüística. |
1.1. Características xerais da linguaxe.
1.2. Linguaxe, lingua, fala.
1.3. Competencia(s) e actuación.
1.4. As dimensións estrutural, social e cognitiva da linguaxe e as linguas.
1.5. Como estudar a linguaxe. |
2. A comunicación. |
2.1. Definición, elementos e procesos da comunicación.
2.2. Sistemas de comunicación: linguaxe humana e linguaxes dos animais.
2.3. As orixes da linguaxe e das linguas.
2.4. Modos de comunicarse/canais de comunicación: a oralidade, a escrita, a dactilografía; linguas xestuais e tactis. |
3. Linguaxe, mente e cerebro. |
3.1. Conceptos básicos. A psicolingüística e a neurolingüística.
3.2. Lateralización e localización da linguaxe.
3.3. Patoloxías lingüísticas.
3.4. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe das linguas. |
4. Os sons das linguas. |
4.1. Son lingüístico, fonema e alófono. A fonética e a fonoloxía.
4.2. Fonación, articulación e acústica dos sons lingüísticos.
4.3. Representación gráfica e clasificación dos sons lingüísticos.
4.4. Métodos de análise e estudo do son lingüístico.
4.5. Trazos suprasegmentais: melodía, ton e entoación.
4.6. Os sistemas fonolóxicos. |
5. Da palabra ao discurso. |
5.1. A forma das palabras. A morfoloxía. 5.1.1. Estrutura interna e clasificación das palabras. 5.1.2. A análise morfolóxica e as súas unidades: morfema e palabra. 5.1.3. Procesos de formación de palabras. Flexión, derivación, ...
5.2. A estrutura da oración. A sintaxe. 5.2.1. As relacións sintácticas: constituíntes e dependencia. 5.2.2. Funcións sintácticas. 5.2.3. Unidades sintácticas. 5.2.4. Os estratos sintáctico, semántico e informativo. 5.2.5. Discurso: cohesión e coherencia. |
6. O significado. |
6.1. O significado lingüístico. A semántica. 6.1.1. Tipos de significado. 6.1.2. O significado e o léxico: análise compoñencial e relacións semánticas. 6.1.3. O significado e a oración: proposición, significado comunicativo e relacións semánticas.
6.2. Significado, intención e contexto; a interpretación. A pragmática. 6.2.1. Deíxe. 6.2.2. Presuposición. Inferencia. 6.2.3. Principio de cooperación: implicaturas conversacionais. Relevancia. 6.2.4. Actos de fala. 6.2.5. O significado social: cortesía e imaxe. 6.2.6. A conversa e outros formas dialogais. |
7. Unidade e diversidade das linguas. |
7.1. Lingua e sociedade. A sociolingüística. 7.1.1. Conceptos básicos. 7.1.2. Variación sincrónica e lingua estándar. 7.1.3. A variación lingüística no tempo: o cambio lingüístico. 7.1.4. O contacto de linguas. 7.1.5. Lingua e cultura: o relativismo lingüístico.
7.2. Universais e tipoloxía lingüística. 7.2.1. Clasificación das linguas. 7.2.2. Universais lingüísticos. |
8. Aplicacións da lingüística. |
8.1. Para que serve a lingüística?
8.2. A lingüística noutros campos científicos: o desenvolvemento científico e tecnolóxico.
8.3. Lingüística e desenvolvemento social. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
0 |
27 |
27 |
Obradoiro |
13 |
0 |
13 |
Proba mixta |
2 |
20 |
22 |
Seminario |
12 |
3 |
15 |
Sesión maxistral |
37 |
5 |
42 |
Traballos tutelados |
10 |
20 |
30 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
As lecturas proporcionaranlle ao estudante a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos. |
Obradoiro |
Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise de xeito contrastivo de propostas de diferentes autores ou momentos históricos, todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias. |
Proba mixta |
A metade a ao final do curso os alumnos deberán realizar unha proba de tipo teórico e aplicado, con preguntas de resposta aberta e/ou pechada, que suporá o 45% da cualificación final. |
Seminario |
Constituirá un método habitual de traballo, principalmente nas aulas de grupo mediano e reducido: o profesor plantexará algún tema (ben por iniciativa del, ben pola dos alumnos) sobre o que se traballará, debatirá e elaborarán conclusións, utilizando materiais aportados polo profesor ou buscados polos estudantes e, sobre todo, utilizando a reflexión individualizada e grupal e a posta en común. |
Sesión maxistral |
Haberá unha sesión maxistral de 90 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do profesor, consistirán na exposición por parte deste dalgúns contidos seleccionados ben por iniciativa propia ou a proposta dos estudantes, xa sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, corrixilos ou tratar outros completamente novos. |
Traballos tutelados |
Os alumnos deberán realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor e, cando este o determinar, sendo controlado o seu traballo cando menos en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo, ...) O obxectivo é que o estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias da área de coñecemento. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Obradoiro |
Proba mixta |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada será unha constante nas sesións de grupo reducido e tamén nas titorías individuais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
Comprende todas as actividades desenvolvidas na aula nas que se terá en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso |
10 |
Proba mixta |
Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s |
45 |
Traballos tutelados |
O estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso |
45 |
|
Observacións avaliación |
Observacións: 1. A CUALIFICACIÓN FINAL de xaneiro responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.1. Un 45% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA. No mes de novembro celebrarase unha proba parcial escrita liberatoria da materia: quen a supere, non deberá examinarse deses contidos no exame oficial de xaneiro. 1.2. Un 45% obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas. 1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. 1.4.Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas deberán comunicarllo ao profesorado da materia durante a primeira semana de clase. De non facelo así, aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula (45%+45%+10%). 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO: 2.1. Repetición do exame no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). 2.2. Realización da/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás realizadas en xaneiro, aínda que co mesmo formato). 2.3. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 50%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 50%. 3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fasold, R.W. e Connor-Linton, J. (eds.) (2006). An introduction to language and linguistics. Cambridge: Cambridge U. P.
Martínez Celdrán, E. (1995). Bases para el estudio del lenguaje. Barcelona: Octaedro
O'Grady, W., Dobrovolsky, M. e Katamba, F. (1997). Contemporary linguistics. An introduction. London: Longman
Moreno Cabrera, J. C. (2000). Curso universitario de lingüística general. Tomo I: Teoría de la gramática y sistaxis general. Tomo 2: Semántica, Pragmática, Morfología y Fonología. Madrid: Síntesis
Yule, G. (2007). El lenguaje. Madrid: Akal (en inglés 4ª ed. del 2010 en Cambridge U.P.
Martín Vide, C. (ed.) (1996). Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro
Simone, R. (1993 [1990]). Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel
Tusón Valls, J. (2007). Introducción al lenguaje. Barcelona: UOC
Escandell Vidal, V. e outros (2011). Invitación a la lingüística. Madrid: UNED
Fromkin, V. (ed.) (2000). Linguistics: an introduction to linguistic theory. Oxford: Blackwell
López García, A. e outros (1994). Lingüística general y aplicada. Valencia: Universitat de València
Ramallo, F. et al. (2000). Manual das ciencias da linguaxe. Vigo: Edicións Xerais
Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas?. Madrid: Alianza |
Non se recollen nesta bibliografía as lecturas obrigatorias de curso, que se entregan á parte; no espazo Moodle da materia atopará recursos na internet e outras suxestións que lle permitirán ampliar os seus coñecementos.
Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)
Alcaraz Varó, Enrique & Mª Antonia Martínez Linares (20042). Diccionario de lingüística moderna (= Ariel Referencia). Barcelona: Ariel. (***)
Brown, Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics; 14 vols. Amsterdam & Boston, MA: Elsevier. (*)
Crystal, David (2000). Diccionario de lingüística y fonética (= Universidad Textos). Barcelona: Octaedro. [Orix. en inglés: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. Oxford: Blackwell, 19974. Hai unha nova edición revisada en inglés: 20086.] (***)
Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus. [Orixinal en inglés: 1987.] (***)
Crystal, David (20103). The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. (***)
Moreno Cabrera, Juan Carlos (1998). Diccionario de lingüística neológico y multilingüe. Madrid: Síntesis.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas (= Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica; 23). Madrid: Castalia.
Trask, R. L. (1997). A Student’s Dictionary of Language and Linguistics. London: Arnold. (*) |
Bibliografía complementaria
|
|
Outros manuais e obras introdutorias
Alonso-Cortés, Ángel (2002). Lingüística. Madrid: Cátedra.
Alvar, Manuel (ed.) (2001). Introducción a la lingüística española. Barcelona: Ariel.
Bernárdez, Enrique (2008). El lenguaje como cultura. Una crítica del discurso sobre el lenguaje. Madrid: Alianza Editorial.
Fischer, Steven Roger (2003). Breve historia del lenguaje (= Humanidades; 4750). Madrid: Alianza [orix. inglés: 1999.]
Fromkin, Victoria & Robert Rodman (1993 [1988]). Introdução à Linguagem. Coimbra: Livraria Almadina.
Hudson, Grover (2000). Essential Introductory Linguistics. Oxford: Blackwell.
Isac, Daniela & Charles Reiss (2008). I-Language: An Introduction to Linguistics as Cognitive Science (= Oxford Core Linguistics). Oxford: Oxford University Press.
López García, Ángel & Beatriz Gallardo Paúls (eds.) (2005). Conocimiento y lenguaje (= Educació. Materials; 80). València: Universitat de València.
Martínez Celdrán, Eugenio (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson.
McCabe, Anne (2011). An Introduction to Linguistics and Language Studies. London: Equinox Publishing.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
Radford, Andrew et alii (2000). Introducción a la lingüística. Madrid: Cambridge University Press, 2000 [orix.: Linguistics: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press, 1999. Hai unha segunda edición en inglés de 2009.]
Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)
Asher, R. E. & Christopher Moseley (eds.) (20062). Atlas of the World's Languages. London: Routledge.
Breton, Roland. (2003). Atlas des langues du monde: Une pluralité fragile (= Collection Mini-Atlas). Paris: Éditons Autrement.
Bright, William (ed.) (1992). International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press.
Cardona, Giorgio Raimondo (1991 [1988]). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel.
Comrie, Bernard, Stephen Matthews & Maria Polinsky (eds.) (2010). The Atlas of Languages: The Origin and Development of Languages Throughout the World (= Facts on File Library of Language and Literature Series). London: Quarto Publishing. [Hai versión en portugués da edición de 1996 en inglés: O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa, 2001.]
Ducrot, O. & T. Todorov (1998). Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Pamplona: Arrecife.
Garry, Jane & Carl Rubino (eds.) (2001). Facts About the World's Languages: An Encyclopedia of the World’s Major Languages, Past and Present. New York & Dublin: New England Publishing.
Junyent, Carme & Cristina Muncunill (2010). El libro de las lenguas (= Colección bolsillo). Barcelona: Octaedro.
Lázaro Carreter, Fernando (1953). Diccionario de términos filológicos. Madrid: Gredos.
Price, Glanville (ed.) (2001). Enciclopedia de las lenguas de Europa. Madrid: Gredos [orix. inglés: 1998.]
Richards, Jack C., John Platt & Heidi Platt (1997). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel. [Orix. en inglés: 19922.]
Störig, Hans Joachim (19902). A aventura das lïnguas: Uma viagem através da História dos idiomas do mundo. São Paulo: Melhoramentos [orix. alemán: 1987.]
Tusón, Jesús (ed.) (2000). Diccionari de lingüística. Barcelona: Biblograf.
Xavier, M. F. & M. H. Mateus (eds.) (1992). Dicionário de termos lingüísticos. Lisboa: Cosmos. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndaselle ao estudante que lea atentamente esta guía docente. Nela atoparás resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso, pero podes acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Particulamente, debes prestar especial atención ao seguinte:
1. Realiza puntualmente as lecturas e actividades encomendadas; debes entragalas no día fixado.
2. O plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible.
3. Nas exposicións escritas, se debe ter moi en conta a corrección ortográfica e o estilo. De non ser así, reflectirase negativamente nas cualificacións. |
|