Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingua Inglesa 3 Código 613G01015
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Profesorado
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Esta materia amplía a formación básica na descrición e uso da lingua inglesa, consolidando as competencias de B2 e cubrindo unha parte das competencias de C1.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Seguir con facilidade unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontáneamente e ser capaces de relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade, sendo capaz de recoñecer unha ampla gama de expresións idiomáticas e de coloquialismos, así como cambios de estilo. A6
A9
A20
B4
B10
C2
C4
Entender as ideas principais dun discurso extenso oral ou escrito, seguir liñas argumentais complexas e identificar as conclusións sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A6
A9
A20
B4
B10
C2
C4
Comprender programas de radio e televisión sobre temas actuales, sempre que se fale un nivel de lingua estándar pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. A6
A9
A20
B1
B2
B4
B10
C2
C4
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns explicando e defendendo puntos de vista. A6
A9
A20
B4
B10
C2
C4
Expoñer un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. Poder utilizar Powerpoint ou similar como apoio á exposición. A6
A9
A20
B1
B2
B4
B6
B10
C2
C4
Ser capaz de escribir unha variedade de textos claros, fluídos e ben estruturados, amosando un uso controlado de estruturas organizativas, conectores e outros mecanismos de cohesión. Son capaz de matizar opinións e afirmacións con precisión, por exemplo, con relación a graos de certeza/incerteza, crenza/dúbida, probabilidade, sendo a estrutura, a distribución en parágrafos e a puntuación consistentes e útiles. A6
A9
A18
A20
B4
B8
B10
C2
C4
Amosar creatividade e imaxinación nos traballos elaborados en lingua inglesa. A6
A9
A20
B3
B4
B10
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
(Ver o apartado Fontes de Información para coñecer o libro de texto do que se extraen os seguintes temas)
1. Let's talk: Communication and friendship, an introduction to methods of presentation of oneself. A consideration of the family in traditional and modern settings
a. Make a good impression.
b. Friends: the new family?
c. Favourite sayings
d. Grammar: Review of verb forms, cleft constructions, what vs which , explaining and paraphrasing, homophones.
2. Remarkable!; Impressive and unusual people, with considerations of intelligence, creativity, originality. Impressive places: experiences of impressive spots inside and outside the United Kingdom. a. Exceptional people
b. Memorable places
c. Spoilt for choice
d. Grammar: Relative clauses with prepositions, intensifying adverbs, participle clauses, adjective word order.
3. Well-being; Successful living, what is it? Arrogance, responsibility and domination of others; Preventive measures as a way to health. Lying as a strategy: role-play.
a. Being confident
b. A happy healthy life
c. It's the way you say it.
d: Grammar: Introductory it, inversion, phrasal verbs
4. Civilised; Society, media and technology. Cities and technology: the increasing importance of the city in the modern world. Alternative focuses in news stories. a. Society and the media
b. Cities and technology
c. Making a splash (the language of the media)
d. Grammar: Synonyms, future in the past
5. It's just a job!; The world of work, Working with celebrities, or acting as an extra. Youth and success, or the lack of success. Conversational strategies when talking about work situations. a. Behind the glamour
b. The young ones
c. Priorities
d. Grammar: Word-formation, reflexive pronouns, collocations and infinitive vs. ing

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Sesión maxistral 10 15 25
Discusión dirixida 8 12 20
Proba oral 0 6 6
Seminario 13 15 28
Proba obxectiva 0 25 25
Presentación oral 1 10 11
Portafolios do alumno 2 30 32
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Discusión dirixida Nesta materia chamámoslle discusión dirixida ás actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados polos profesores, nas que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista cos profesores individualmente ou por parellas.
Seminario Nesta materia denomínanse seminarios aquelas aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de completar, redacciones, etc.
Presentación oral Proba na que o alumno / a alumna expón un tema onde a polémica xurde dun texto escollido polo propio alumno. Esixirase o uso de Powerpoint ou similar como apoio para a exposición.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno ou alumna, cos comentarios e cualificacións asignadas polos profesores, o que lle permite visualizar o seu progreso. Nesta materia deberán incluirse todas as redaccións realizadas ao longo do curso coas correccións e comentarios das profesoras, así como todo o traballo persoal que o alumno desenvolva fóra da aula que dea conta do seu esforzo e progreso na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
Os profesores corrixirán ao longo do curso catro redaccións de cada alumno/a. Os estudantes deberán ter en conta o seus erros ou carencias e comentalos coas profesoras. Poderán facer todo tipo de consultas ou peticións de orientación sobre o material de autoaprendizaxe que queiran manexar e incluír no portafolios.

Todos o alumnado debería facer unha titoría coa(s) profesora(s), ben en persoa nas horas de titoría, ben por correo electrónico ou plataforma virtual. Nesa titoría farase un seguimento individualizado de cada alumno e alumna e os seus progresos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Proba na que o alumno / a alumna expón un tema onde a polémica xurde dun texto escollido polo propio alumno. 15
Portafolios do alumno No portafolios avaliaremos as tarefas escritas realizadas ao longo do curso para ambolos profesores. 20
Proba obxectiva No período de avaliación, o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva escrita, baseada nos contidos do libro de texto e nas outras materias impartidas na aula. Incluiranse unha redacción, unos exercicios e unha proba aural (listening). 40
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras asistir e participar nas actividades que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. 15
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliaranse a facilidade de facerse comprender, a corrección lingüística, a fluidez e capacidade de comunicarse, e a fonética. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Cunningham, Gillie and Jan Bell (2010). Face2face Advanced (English for Spanish speakers edition) (Student’s book) and CD.. Cambridge, CUP. ISBN 978-84-8323-885-1.
Os alumnos deben adquirir o libro de texto e traelo a clase de maneira habitual. O workbook recomendado, para adquirir práctica adicional, é o de Nicholas Tims (primeiro na lista de Bibliografía complementaria (abaixo).

Bibliografía complementaria Quirk, R. and Greenbaum, S. (1985). A University Grammar of English. London, Longman
Vince, Michael (2009). Advanced Language Practice. English Grammar and Vocabulary. (WITH KEY) MacMillan Publishers
Collie, J. & S. Slater (1992). Cambridge Skills for Fluency: Listening 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
Greenall, S. & D. Pye (1993). Cambridge Skills for Fluency: Reading 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
Collie, J. & S. Slater (1992). Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
Littlejohn, A (1993). Cambridge Skills for Fluency: Writing 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
Mann, M. (2008). Destination C1&C2: grammar and vocabulary. MacMillan
Greenall, S. & M. Swan (1986). Effective Reading. Cambridge: C.U.P
McCarthy, M. & F. O’Dell (1996). English Vocabulary in Use.(Advanced). Cambridge: C.U.P.
Tims, Nicholas ( 2009). Face2face Advanced Workbook. Cambridge: CUP ISBN 978-84-8323-971-1
Side, Richard and Guy Wellman (2000). Grammar and Vocabulary for CAE and CPE. London: Longman
Beaumont, D. & C. Granger (1991). Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann
Swan, M. & C. Walter (1997). How English Works. Oxford: O.U.P.
Jones, Leo (2001). New Cambridge Advanced English. Cambridge, CUP.
Swan, M. (1996). Practical English Usage. Oxford: O.U.P.
Allsop, J. & P. Watcyn-Jones (1990). Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin
Allsop, J. & P. Watcyn-Jones (1990). Test Your Prepositions. London: Penguin

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa IV/613211404
Lingua Inglesa V/613211405
Lingua Inglesa VI/613211601

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa I/613211103
Lingua Inglesa II/613211104

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías