Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Morfoloxía do Español Código 613G01021
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Web
Descrición xeral Descrición e estudo do nivel morfolóxico da lingua española.
O curso baséase no coñecemento dos diferentes procesos morfolóxicos de formación de palabras (morfoloxía léxica) e flexión (morfoloxía flexiva) do castelán: as unidades morfolóxicas, as clases de palabras, composición, derivación e outros procesos híbridos, as categorías gramaticais do castelán (xénero, número, tempo...). Os temas teóricos (sesións maxistrais), deseñados para que o almuno se familiarice coa terminoloxía e os conceptos básicos da materia, irán complementados con actividades de tipo práctico. Polo tanto, o curso é basicamente de natureza teórico-práctico e basearase dende o primeiro día na resolución de problemas e o correspondente debate dirixido en torno á súa resolución.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os métodos e conceptos básicos na análise morfolóxica do castelán. A1
A3
A11
A19
A23
C6
Coñecer as correntes teóricas e metodolóxicas da lingüística e das súas técnicas e métodos de traballo. A1
A3
A11
A14
A23
B1
B5
B8
Adquirir e organizar novos coñecementos (que completen os xa adquiridos) sobre o funcionamento da lingua española (especialmente no nivel morfolóxico). A1
A3
A11
A15
A19
A20
A21
C6
Analizar a lingua castelá no seu nivel morfolóxico. A1
A3
A11
A14
A19
A20
A21
A22
A23
B1
B3
Saber utilizar métodos de análise lingüística na resolución de problemas formulados no nivel morfolóxico do español mediante o traballo individual e cooperativo. A1
A2
A9
A11
A19
A23
B1
B3
B5
B6
B7
C1
C3
C5
C8
Analizar e comentar no nivel morfolóxico textos españois de diferente natureza. A1
A2
A5
A9
A10
A17
A19
A20
A21
A22
A23
B1
B3
B4
B5
B8
C1
Achegarse sen prexuízos aos novos coñecementos sobre a análise lingüística (no nivel morfolóxico) e a diversidade lingüística do español. A2
A11
A18
A19
A20
A21
A22
B1
B8
C4
Coñecer os principais procedementos para a formación de palabras novas e o enriquecemento do léxico (en español). A1
A2
A3
A5
A9
A10
A19
A21
A22
A23
B1
B2
B4
B8
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A morfoloxía como disciplina lingüística. 1.1. A morfoloxía na historia da lingüística.
1.2. A morfoloxía léxica e a morfoloxía flexiva.
1.3. Relación entre a morfoloxía e outras disciplinas lingüísticas.
2. As unidades morfolóxicas (1). O morfema. 2. Definición de morfema.
2.1. Procedementos de análise morfolóxica. Problemas na identificación de morfemas: Morfema, morfo e alomorfo. Morfo cero, morfo baleiro, amalgama, sincretismo, morfo discontinuo.
2.2. Clasificación dos morfemas.
3. As unidades morfolóxicas (2). A palabra. 3.1. Definicións de palabra.
3.2. Clases de palabras.
3.3. Estrutura morfolóxica da palabra.
4. A morfoloxía flexiva. Categorías gramaticais do español: categorías nominais. 4.1. Xénero.
4.2. Número.
4.3. Caso.
5. Categorías gramaticais do español: as categorías verbais. 5.1. Persoa e número.
5.2. Tempo, aspecto e modo.
5.3. Voz.
6. A morfoloxía léxica ou derivativa. A formación de palabras en español. 6.1. Procesos morfolóxicos.
6.2. Tipos de procesos morfolóxicos:
6.2.1. A adición: derivación, composición, parasíntese.
6.2.2. Outros procedementos: modificación, conversión, substracción, acurtamento, acronimia, siglas.
7. A análise morfolóxica de textos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 18 18 36
Recensión bilbiográfica 1 17 18
Solución de problemas 14 14 28
Proba mixta 2 22 24
Traballos tutelados 1 20 21
Lecturas 0 14 14
Eventos científicos e/ou divulgativos 4 0 4
Actividades iniciais 3 0 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais desenvolveranse os contidos teóricos ou teórico-prácticos indicados na programación. Procurarase que sexa interactiva, en constante diálogo co alumnado, e acompañarase de material de diverso tipo (informático, fotocopias, etc.).
Recensión bilbiográfica Lectura crítica dunha obra seleccionada polo profesor preferentemente entre a bibliografía recomendada.
Solución de problemas Nas sesións interactivas e en grupo reducido presentaranse diferentes tipos de exercicios que poñan en práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Proba mixta Realizarase na data aprobada pola Xunta de Facultade. Terá carácter teórico-práctico.
Traballos tutelados Dirixido polo profesor, consistirá na elaboración dun traballo de tipo teórico, teórico-práctico ou práctico sobre cuestións relacionadas co temario da materia.
Lecturas As lecturas recomendadas de entre a bibliografía serán de carácter voluntario ou complementario (non avaliables directamente) salvo aquelas que se utilicen para a recensión bibliográfica (de carácter obrigatorio e avaliables).
Eventos científicos e/ou divulgativos Los alumnos asistirán a los eventos científicos organizados en la facultad –conferencias, seminarios– cuyos temas estén relacionados con la materia y la profesora considere convenientes como complemento a su formación.
Actividades iniciais Nas primeiras sesións realizaranse actividades de presentación da materia así como de coñecemento do nivel e intereses do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
Realizarase nas horas de titoría. Centrarase na preparación e desenvolvemento do traballo tutelado ou en todo aquilo para o que o alumno solicite información.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Terá carácter teórico-práctico en consonancia coa organización do curso. Ademais dos coñecementos e competencias adquiridas valorarase a corrección lingüística, como se sinala nas observacións. 50
Recensión bilbiográfica Terase en conta a adecuación do resumo na recensión (extensión, ideas principais) con respecto á obra salientada, a achega crítica (axeitada ao nivel do curso) e a corrección lingüística. 10
Solución de problemas Valorarase tanto que a solución sexa a axeitada coma que tamén estea convenientemente xustificada. 25
Traballos tutelados Valorarase a habilidade no manexo de diferentes fontes documentais (tradicionais ou electrónicas), a capacidade de síntese, os resultados obtidos e a adecuación lingüística. 15
 
Observacións avaliación


Para superar a materia é necesario obter un catro (sobre 10) na proba mixta. Será cualificado como "non presentado" o alumno que non asista a esa proba.

Se a cualificación da primeira oportunidade é "suspenso" ou "non presentado", na segunda oportunidade (xullo) débe(n)se recuperar a(s) parte(s) pendiente(s). Para iso o profesor propoñerá actividades de carácter similar.

As probas e actividades escritas deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. Por este concepto, poderá descontarse na cualificación final ata un 25% da nota.


Fontes de información
Bibliografía básica

ALVAR EZQUERRA, M. (1993): La formación de palabras en español. Cuadernos de lengua española, Madrid, Arco Libros,

BOSQUE, I (1983): "La morfología" en Abad, F. y A. García Be­rrio (eds.): Introducciónala lingüística, Madrid, Alhambra, 115-153.

–––––– (ed.) 1990. Tiempo y aspecto en español. Madrid: Cátedra.
–––––– (ed.) 1990. Indicativo y subjuntivo. Madrid: Taurus Universitaria.

–––––– y V. Demonte (eds.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. vol. 3. Madrid, Espasa.

LANG, M. F. (1992): Formación de palabras en español. Madrid, Cátedra.

LIEBER, Rochelle (2010): Introducing Morphology. Cambridge University Press.

MATTHEWS, P. H. (1974): Morphology: an introduction to the theory of word-structure, Cambridge, CUP. Traducción de R. Monroy: Morfología: Introducción a la teoría de la estructura de la palabra, Madrid, Paraninfo.

PENA, J. (1991): “La palabra : estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.

REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (2009): Nueva gramática de la lengua española. Madrid, Espasa.

ROJO, G. (1974): “La temporalidad verbal en español”, Verba 1, 69-149.

VARELA, S. (1990): Fundamentos de morfología, Madrid, Síntesis.

–––––– (ed.) (1993): La formación de palabras. Madrid. Taurus.

RECURSOS NA REDE:

Grupo de estructuras de datos y lingüística computacional (U. de Las Palmas), “Relaciones Morfoléxicas”: http://gedlc.ulpgc.es/index.html

Instituto Cervantes, Banco de neologismos: http://cvc.cervantes.es/obref/banco_neologismos

Instituto Universitario de Lingüística Aplicada (IULA) de la Universitad Pompeu Fabra de Barcelona: http://www.iula.upf.edu/recurs04es.htm

Bibliografía complementaria

Almela Pérez, R. (1999): Procedimientos de formación de palabras en español, Barcelona, Ariel.

Ambadiang, T. (1994): La morfología flexiva. Madrid. Taurus.

Bargalló, Mª e Garriga, C. (eds.) (2000): 25 años de investigación en la lengua española. Tarragona. Universitat Rovira y Virgili.

Díaz Hormigo, Mª T. (2003): Morfología. Universidad de Cádiz, Servicio de publicaciones.

González Ollé, F. e M. Casado Velarde (1992): "Formación de palabras", en Holtus, G., M. Metzeltin y C. Schmitt (coords.): Lexikon der Romanis­tischen Lingüistik (LRL), VI,1. Tubinga, Max Niemeyer, 91-109.

Martín, J. C. (2002): El problema lingüístico de los interfijos españoles. Cáceres, Universidad de Extremadura.

Matthews, P. H. (1991): Morphology, Cambridge, CUP. 2ª ed. muy revisada.

Miranda, J. A. (1994): La formación de palabras en español. Salamanca, Ediciones Colegio de España.

Morera, M.(2005): La complementación morfológica en español. Frankfurt am Main. Peter Lang.

Rodríguez, Mª I. (2002): La prefijación apreciativa en español. Cáceres, Universidad de Extremadura.

Serrano. D. (1995): Las formaciones parasintéticas en español. Madrid. Arco Libros.

Varela, S. (2005), Morfología léxica: la formación de palabras, Madrid, Gredos.

DICIONARIOS:

Alvar Ezquerra, Manuel (1994): Diccionario de voces de uso actual. Madrid, Arco-Libros.

Seco, M., O. Andrés y G. Ramos (1999): Diccionario del español actual. Madrid: Aguilar.

Corominas, J. e J. A. Pascual (1991-1997): Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. Madrid: Editorial Gredos.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Española 1/613G01001
Lingua Española 2/613G01013

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías