Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Española do Século de Ouro 2 Código 613G01026
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Pena Sueiro, Nieves
Correo electrónico
nieves.pena.sueiro@udc.es
Profesorado
Pena Sueiro, Nieves
Correo electrónico
nieves.pena.sueiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudio literario de obras en prosa del Siglo de Oro español.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Ter un coñecemento das produccións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura) A7
A17
A18
B3
B8
Coñecer os principais autores do Século de Ouro español,e valorar críticamente as súas produccións (particularmente os textos en prosa). A17
A18
Coñecer as técnicas e método de traballo e análise da ciencias humanas e sociais A1
A10
A11
A16
B1
B2
B7
C6
Valorar críticamente a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse e ser capaz de aproveitala para aprender e desenvolver o coñecemento B1
B2
B7
C3
Ter capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos A5
B4
C1
Traballar de forma autónoma e con iniciativa C5
Utilizar as TIC'S para o exercicio como ferramenta de aprendizaxe C3
Capacidade para interrelacionar os distintos ámbitos da Filoloxía e da Cultura A9
B5
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción. Contexto histórico e filolóxico. O Humanismo renacentista.
2. A prosa no s. XVI: xéneros e modelos
3. A prosa de ideas
3.1. diálogo
3.2. A prosa epistolar
3.3. As misceláneas
3.4. Outros géneros: paremioloxías, biografías, historiografías, a literatura emblemática
4. A prosa de ficción:

4.1 O relato sentimental
4.2. Os libros de cabalerías
4.3. Os relatos moriscos
4.4. Obras celestinescas
4.5. O xénero picaresco
4.6. A novela corta e as coleccións de contos
4.7 Os relatos bizantinos
4.8 Os libros de pastores
5. O s. XVII. O Conceptismo
6. A prosa no s. XVII. Xéneros e modelos.
7. Grandes autores (I). Lope de Vega
8. Grandes autores (II). Miguel de Cervantes
9. Grandes autores (III). Francisco de Quevedo
10. Grandes autores (IV). Gracián
11. La literatura emblemática. Saavedra Fajardo.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 0 15
Aprendizaxe colaborativa 8 10 18
Traballos tutelados 0 30 30
Análise de fontes documentais 12 10 22
Lecturas 2 40 42
Eventos científicos e/ou divulgativos 3 0 3
Proba mixta 2 14 16
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de profundizar en cada un dos aspectos máis relevantes das obras e autores nos que se centra o programa e ofrecer e comentar a bibliografía coa que se ha de completar o tema. A exposición do profesor complementarase sempre coa lectura de textos literarios e comentario, e a intervención pertinene dos alumnos que o consideren.
Aprendizaxe colaborativa Nas sesións de titorías en grupos reducidos traballaranse os textos con esta metodoloxía
Traballos tutelados Os alumnos terán que realizar un traballo tutelado ao longo do curso. O tema e a extensión decidiráse coa profesora.
Análise de fontes documentais Será fundamental traballar coas fontes documentais, tanto bibliografícas, como textos dos autores do Século de Ouro que se estudan en esta materia. Para iso leranse e comentaranse os textos, procederase o seu estudo material, textual, filolóxico e estilístico.
Lecturas Será fundamental que a lectura dos textos de lectura obligatoria se faga con antelación a explicación dos temas. Ademais de esas lecturas, as clases centraranse nos textos e complementaranse con lecturas complementarias.
Eventos científicos e/ou divulgativos Ao longo do curso celebraranse diversos eventos científicos ou divulgativos, coma conferencias, etc. sobre os temas obxeto do program ao que é conveniente que asistan os alumnos.
Proba mixta Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba mixta escrita que permitirá avaliar os coñecementos que se obtiveron ao longo deste período acerca da materia.
Para aqueles que non superen a proba haberá unha segunda oportunidade no mes de xullo.
Será preciso obter unha nota mínima de 4 sobre 10 (e compensar coas outras fontes de avaliación) para poder superar a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados requerirán de, polo menos, 2 titorías co profesor antes da entrega.
O alumno poderá sempre, se for preciso, requerir a atención personalizada do profesor, tanto nas sesións de tutorías en pequeno gurpo nas que se traballe coa metodoloxía da aprendizaxe colaborativa, como nas 6 horas de titorías semanais que cada docente ten asignadas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Na avaliación do traballo tutelado teráse en conta os seguintes aspectos: a correcta presentación formal, segun os criterios marcados polo profesor, a correción ortográfica e gramatical, a estructuración adeucada, a claridade expositiva,a orixinalidade e a madurez dos contidos e a utilización de bibliografía e fontes documentais axeitadas ao nivel do alumno e do tema. 50
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta que consistirá en unhas preguntas sobre os contidos e un comentario ou un exercicio sobre un ou varios textos.

Aplicaranse os mesmos criterios citados anteriormente e, ademáis, a adecuación da resposta á pregunta formulada.
50
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos, actividades, etc. que se entreguen na data establecida, en soporte papel, e seguindo as normas para a entrega de traballos escritos.

Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta.

Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega das actividades do alumno será o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame.

MOI IMPORTANTE: O alumno será avaliado e calificado sempre que acuda ao exame. Recibirá a cualificación de "NON PRESENTADO" cando non acuda o exame.

Arbitraránse medidas para atender e avaliar aos alumnos a tempo parcial con dispensa académica recoñecida.


Fontes de información
Bibliografía básica

OBRAS DE LECTURA OBLIGATORIA:

S. XVI:

Valdés, Juan de, Diálogo de la lengua, ed. de J. Enrique Laplana,Crítica, 2010.

Montemayor, Jorge de, La Diana, ed. A. Rallo Gruss, Madrid, Cátedra, 1991 edición, prólogo y notas de Juan Montero; con un estudio preliminar de Juan Bautista de Avalle-Arce, Barcelona, Crítica, D.L. 1996 [selección].

Antología de los libros de caballerías castellanos, ed. de José Manuel Lucía Megías, Alcalá de Henares, Centro de Estudios Cervantinos, 2001. [selección]

S. XVII

Quevedo, Francisco de, Los Sueños, ed. de Ignacio Arellano, Madrid, Cátedra, 1999. [selección]

Cervantes, Miguel de, El Quijote, ed. de Francisco Rico, ed. Crítica, 1998.

Gracián, Baltasar, El Discreto,ed. Aurora Egido, Madrid, Alianza, 1997 [selección].

Saavedra Fajardo, Diego, Empresas Políticas, ed. Sagrario López Poza, Madrid, Cátedra, 1999 [selección].

Selección de textos en prosa [Ovidio, Aristóteles, Luciano de Samosata, Séneca, Petrarca, Dante, Bembo, Leon Hebreo, Boccacio...] de diferentes autores proporcionados pola profesora e que son fundamentais para entender o desenvolvemento da prosa dos Séculos de Ouro que se leráo ou aos que se fará referencia ao longo do curso e que o alumno podrá consultar, ler ou obter en Moodle.

Bibliografía complementaria

ALBERICH, J. et al. , (dir), Historia de la Literatura Española, Madrid, Cátedra, 1990, 2 vols.

CARRASCO URGOITI, S. , F. LÓPEZ ESTRADA y F. CARRASCO, La novela española en el siglo XVI, Madrid, Iberoamericana, Vervuert, 2001.

MAINER, J. C (dir), Historia de la literatura española, vol. 3 (de 1598 a 1691), Pedro Ruiz (coord.), Crítica, 2009.

PEDRAZA, Felipe B. y Milagros Rodríguez, Las épocas de la literatura española, Madrid, Ariel, 1990.

PRIETO, Antonio, La prosa española del siglo XVI, M., Cátedra, 1986

RALLO GRUS, A., La prosa didáctica en el siglo XVI, Madrid, Taurus, 1987.

RALLO GRUS, A., La prosa didáctica en el siglo XVII, M., Taurus, 1988.

RICO, Francisco (dir)., Historia y crítica de la literatura española, Barcelona, Crítica, 1994, vols. II, III y suplementos.

RODRÍGUEZ CACHO, Lina, Manual de historia de la literatura española, Castalia, 2009,vol 1.

En cada tema facilitarase bibliografía específica.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua e Cultura Clásica/613G01006
Literatura Española/613G01011
Literatura Española Medieval/613G01022
Literatura Española do Século de Ouro 1/613G01023

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías