Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Galega Contemporánea Código 613G01033
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase no coñecemento das principais etatpas, movementos literarios e autores máis representativos da Literatura Galega do Sécolo XX. Realizarase unha lectura reflexiva dalgunhas obras ben significativas deste período, empregando os fundamentos metodolóxicos que nos permtan facer unha análise os máis completa posíbel.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
B3 Adquirir capacidade de autoformación. B3
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á literatura galega do s. XX.


2. As Irmandades da Fala e o Grupo Nós.




3. A xeración de 1925.

4. A guerra civil, a posguerra e o exilio.


5. 1950-1975: A recuperación literaria.



6. 1975-2000. A narrativa, a poesía, o teatro


1.1. Caracterización xeral.
1.2. Periodización e metodoloxía.

2.1. R. Cabanillas: Na noite estrelecida.
2.2. R. Otero Pedrayo: Arredor de si.
2.3. Castelao: Retrincos.

3.1. Manuel Antonio: De catro a catro.

4.1. Lorenzo Varela: Lonxe.

5.1. A. Cunqueiro: Se o vello Sinbad volvese ás illas.
5.2. C. E. Ferreiro: Longa noite de pedra.
5.3. E. Blanco Amor: Xente ao lonxe.


6.1. R. Vidal Bolaño: Bailadela da morte ditosa


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 32 0 32
Solución de problemas 21 0 21
Obradoiro 8 0 8
Análise de fontes documentais 18.5 0 18.5
Lecturas 0 25 25
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirán en aulas expositivas arredor dos conceptos básicos da materia, tanto no ámbito dos contextos como dos autores representativos de cada época e das obras máis significativas.
Solución de problemas Responderase de forma pormenorizada a aquelas dúbidas e problemas que os alumnos presenten nas distintas sesións tendo sempre en conta os contidos que se espuxeron nas sesións maxistrais.
Obradoiro A combinación de diferentes aspectos formativos de carácter práctico , (debates, lecturas, etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos distintos contidos da materia.
Análise de fontes documentais Para o desenvolvemento das aulas os alumnos deberán arriquecer as explicacións coa consulta de fontes bibliográficas e documentais que o profesor indicará puntualmente ao longo do curso.
Lecturas Todos os alumnos deberán realizar un número de lecturas obrigatorias que lle permitirán levar a cabo as actividades desenvoltas nas aulas: exercicios, debates ou comentarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Obradoiro
Análise de fontes documentais
Descrición
O profesor encargarase de recibir e asesorar a cada alumno naquelas cuestións que estime oportuno formularlle, e tratará en todo momento de facerlle as observacións, indicacións puntuais bibliograficas e outras cuestións que puideran ser da súa utilidade.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os coñecementos atinxidos nas sesións maxistrais serán avaliados por medio dunha proba obxectiva que se levará a cabo nas aulas ao final do cuadrimestre e que suporá un 80% da nota final. 80
Obradoiro O traballo realizado como resultado dos obradoiros valorarase como un 10% da nota final. 10
Análise de fontes documentais Valorarase as destrezas que alumno demostre no seu coñecemento das fontes e documentos que puntualmente lle foron indicados para a mellor comprensión dos distintos temas e obras. 10
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica teñen que poñerse en contacto co profesor para fixar o traballo que deben realizar.

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de catro puntos sobre dez.


Fontes de información
Bibliografía básica Méndez Ferrín, X.L. (1984). De Pondal a Novoneyra. Vgo, Xerais
Tarrío, Anxo, coord. (2000). Galicia. Literatura. vv. XXXII-XXXIV. A Coruña, Hércules de Ediciones
Carballo Calero, R. (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo, Galaxia
VV. AA. (1996). Historia da Literatura galega, 5 vols.. Vigo, A Nosa Terra
Tarrío, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo, Xerais
VV. AA. (2001). Literatura Galega. S. XX. Vigo, A Nosa Terra

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías