Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Estruturas e Variedades do Latín Código 613G01034
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Profesorado
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos sistemas fonémico, morfolóxico, sintáctico e léxico do latín e caracterización das súas variedades diacrónicas, diatópicas, diastráticas e estilísticas a través dos textos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. A13
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. A23
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3

Contidos
Temas Subtemas
1. O alfabeto e a pronunciación do latín Orixe e evolución do alfabeto latino
As pronunciacións do latín
2. Morfosintaxe do latín. A flexión nominal.
Morfoloxía verbal
As frases preposicionais.
Coordenación e subordinación.
Principais liñas evolutivas.
3. O léxico latino: mecanismos para a súa creación, organización e renovación. Derivación
Composición
Préstamos, con atención preferente ós helenismos e á súa evolución diacrónica dentro da lingua latina
4. Variedades do latín. Diacronía: latín arcaico, "clásico", tardío, medieval.
A cuestión das variedades diatópicas do latín.
Variedades diastráticas, con atención preferente ó latín dos cristiáns.
O problema do chamado latín vulgar. Características do latín vulgar.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa 16 32 48
Sesión maxistral 16 0 16
Lecturas 0 20 20
Análise de fontes documentais 0 12 12
Traballos tutelados 0 12.5 12.5
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Lecturas Lectura dos manuais, artigos e monografías que se indiquen para cada tema, así como dos materiais que se poñan a disposición do alumnos a través da plataforma de teleformación.
Análise de fontes documentais Análise de textos relativos aos contidos da asignatura que se comentarán especialmente nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa. Os textos indicaranse ao longo do curso.
Traballos tutelados Dous traballos individuais onde o alumno terá que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e/ou aplicación dunha metodoloxía concreta.
Proba mixta Proba que integra preguntas de tipo teórico e exercicios de tipo práctico sobre os contidos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos estarán relacionados cos temas destinados á aprendizaxe colaborativa. Consistirán en comentarios de textos, reseñas de artigos, aplicacións de métodos de análise ou outras actividades puntuais que se consideren proveitosas para a autoaprendizaxe do alumno. O profesor fará un seguimento destes traballos e atenderá dúbidas sobre os mesmos tanto na actividade na aula coma durante o horario de titorías.
Para aqueles alumnos que só poidan asistir parcialmente ás aulas, diseñarase, no momento de comenzo destas, un calendario de citas co profesor, co fin de que éste poida seguir o cumplimento dos obxetivos da aprendizaxe e a realización dos traballos tutelados encomendados.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Consistirá nunha proba escrita con cuestións a desenvolver sobre o temario desarrollado na aula. Poderá conter preguntas de índole teórica (explicación teórica dunha ou de varias cuestións do temario explicado) e exercicios de tipo práctico (comentario e explicación de textos). A proba terá lugar na data que figura no calendario oficial de exames aprobado pola Xunta de Facultade. Para superala, e para superar a materia, deberá alcanzarse na proba escrita unha calificación mínima de 5 puntos. 50
Aprendizaxe colaborativa Asistencia de maneira regular ás aulas, participación activa nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden. 25
Traballos tutelados Os traballos tutelados, que o alumno terá que desenvolver coa supervisión do profesor, estarán relacionados preferentemente coa actividade desenvolvida na aula, pero poderán ser tamén complementarios da mesma. Valorarase o seu contido e a súa correcta presentación. 25
 
Observacións avaliación

Para aqueles alumnos que só poidan asistir parcialmente ás aulas, os criterios de avaliación serán os mesmos ca para o resto de alumnos, pero a valoración da aprendizaxe colaborativa farase atendendo ó desenvolvemento e ós resultados do traballo que se observen no calendario de citas co profesor que se establecerá ó comenzo das aulas. Os criterios de avaliación na convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos ca os establecidos para a convocatoria do mes de maio.


Fontes de información
Bibliografía básica Fontán, A.-Moure Casas, A., (1987). Antología de latín medieval. Madrid
Díaz y Díaz, M. C. (1981 (reimpr.)). Antología del latín vulgar. Madrid
Hermann, J., (2001). El latín vulgar. Barcelona
Monteil, P. (2003). Elementos de fonética y morfología del latín. Sevilla
Rubio, L., (1984 (2ª ed.)). Introducción a la sintaxis estructural del latín. Barcelona
Palmer, R. L. (1988 (2ª ed.)). Introducción al latín. Barcelona
García de la Fuente, O. (1990). Introducción al latín bíblico y cristiano. Madrid
Väänänen, V. (1985 (reimpr.)). Introducción al latín vulgar. Madrid
Löfstedt, E. (1959). Late Latin [trad. it. con apéndice de G. Orlandi: Il latino tardo. Aspetti e problemi, Brescia, 1980]. Aschehoug
Blaise, A. (1955). Manuel du latin chrêtien. Strasbourg
Mantello, F. A. C.-Rigg, A. G. (1999 (reimpr.)). Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide. Washington
Sidwell, K., (1995). Reading Medieval Latin. Cambridge
Ernout, A. (1956 (2ª ed.)). Recueil de textes latines archaïques. Paris
Molina Yévenes, J. (1996). Sintaxis de los casos. Retroversión y comentario de textos. Barcelona
Ernout, A.-Thomas, F. (1964). Syntaxe latine. Paris
Pisani, V. (1975). Testi latini arcaici e volgari con commento glottologico. Torino
Adams, J. N. (2007). The Regional Diversification of Latin 200 BC - AD 600. Cambridge

Bibliografía complementaria

A bibliografía complementaria indicarase en cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías