Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX Código 613G01036
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Web
Descrición xeral Estudio de los autores/obras/períodos/movimientos literarios más significativos/representativos de la literatura española de los siglos XVIII y XIX.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. A16
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española. A17
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de procura de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3

Contidos
Temas Subtemas
1. A paisaxe literaria, entre Ilustración e Romanticismo.


2. O amor romántico.


3. A invención da realidade.

1.1. Introdución e conceptos.
1.2. Análises de paisaxes líricas.

2.1. L'amour fou no drama romántico.
2.2. De Teresa a Julia: as musas líricas.
2.3. As olladas femininas.

3.1. A teoría da novela en Galdós, Clarín e Pardo-Bazán.
3.2. Insolación, de Pardo Bazán, como síntoma.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 45 60
Obradoiro 24 45 69
Proba mixta 3 15 18
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico.
Obradoiro Sesións de traballo en que o conxunto do alumnado realiza diferentes actividades, derivadas dos contidos das sesións maxistrais, e desenvolve destrezas relacionadas cos obxectivos e contidos da materia: análise de documentos, exposicións, textos comentados, prácticas mediante TIC, probas varias… O obradoiro ten un carácter eminentemente metodolóxico e práctico.
Proba mixta Proba oral ou escrita consistente na exposición dun ensaio orixinal, un comentario de textos ou a análise de documentos relacionados co contexto das obras estudadas. A proba mixta poderá contemplar tamén un apartado de identificación de obras do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a estudante recibirá a guía e axuda que precisar.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta A proba mixta recoñecerá o aproveitamento das sesións maxistrais a a súa correcta aplicación nos obradoiros. Complementa as cualificacións obtidas neles e segue tamén aqueles criterios. 35
Obradoiro Cada actividade exposta na aula ou entregada ao profesor terá unha cualificación singular que, no conxunto, contribuirá á avaliación global. En todo caso, valorarase a lectura e o estudo dos textos obrigatorios, a interacción co conxunto do alumnado da aula, a capacidade crítica e de síntese, tanto en expresión oral como escrita e, neste último caso, a corrección da súa expresión en español, que será a lingua de traballo. 60
Sesión maxistral A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrais será avaliable de maneira continuada. 5
 
Observacións avaliación

Observacións á
avaliación.

Por
esixencias do deseño da aplicación con que se elabora esta guía docente, as
porcentaxes anteriores son só orientativas.

Para seren aceptados, os traballos e
actividades deberán entregarse ou exporse na data establecida.

O/A estudante terá avaliación e cualificación
sempre que acuda ao exame. De non presentarse ao exame, a cualificación será de
"NON PRESENTADO/A".

Non se poderá aprobar a materia sen acadar
unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. Non se pode obter o 100% da cualificación final con esta
proba. A cualificación final de todo o alumnado responderá a una distribución
porcentual.

Na segunda oportunidade (xullo), a data de
entrega das actividades será a do día fixado oficialmente para o exame.

Aqueles estudantes que obteñan o
recoñecemento da dispensa académica deben poñerse en contacto co profesor para as
actividades que este determine en cada caso.

Os traballos escritos terán como único
soporte o papel, non o correo electrónico.

É
indispensable a corrección ortográfica, de redacción e de presentación. Cada
falta grave pode supor até medio punto na avaliación particular da actividade.


Fontes de información
Bibliografía básica Varios (varios). HCLE (volúmenes 4, 5 y 4/1 y 5/1) . Barcelona: Crítica

Fontes de información

Lecturas obrigatorias

1. Textos do século XVIII proporcionados ou facilitados polo profesor.

2. Antonio García Gutiérrez, El trovador, ed. de María Luisa Guardiola Tey, con la colaboración de Francisco J. Rodríguez Risquete, Barcelona: Centro para la edición de los clásicos españoles, Galaxia Gutenberg, Círculo de Lectores, 2006.

3. Gustavo Adolfo Bécquer, Rimas, ed. de Luis Caparrós Esperante: <http://cvc.cervantes.es/obref/rimas/>; ed. Russell P. Sebold, Madrid: Espasa Calpe (Clásicos Castellanos, Nueva Serie, 22), 1991.

4. José de Espronceda, El diablo mundo. El Pelayo. Poesías, ed. de D. Yndurain, Madrid: Cátedra, 2007.

5. Textos do XIX proporcionados ou facilitados polo profesor.

6. Emilia Pardo Bazán, Insolación (Historia amorosa), ed. de Ermitas Penas Varela, Madrid: Cátedra, 2001; ed. en liña: <http://www.cervantesvirtual.com/obra/insolacion-historia-amorosa--0/>

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria

Aguilar Piñal, Francisco, dir., Historia literaria de España en el siglo XVIII, Madrid: Trotta CSIC, 1996.

Albiac Blanco, María-Dolores, Razón y sentimiento 1692-1800. Historia y Crítica de la Literatura Española, VI, dir. José Carlos Mainer, Barcelona: Crítica, 2011.

Alonso, Cecilio, Hacia una literatura nacional 1800-1900. Historia y Crítica de la Literatura Española, VI, dir. José Carlos Mainer, Barcelona: Crítica, 2010.

Caldera, Ermanno, El teatro español en la época romántica, Madrid: Castalia, 2001.

Carnero, Guillermo, coord., Historia de la literatura española. 6. El siglo XVIII (I), V, dir. V. García de la Concha, Madrid: Espasa Calpe, 1995.

Carnero, Guillermo, coord., Historia de la literatura española. 8. Siglo XIX (II), V, dir. V. García de la Concha, Madrid: Espasa Calpe, 1997.

Glendinning, Nigel, El siglo XVIII, vol. 4 de Historia de la literatura española, R. O. Jones, coord., Barcelona: Ariel, 1973.

Gies, David, ed., El romanticismo, Madrid: Taurus, 1989.

Gullón, Germán, El jardín interior de la burguesía: la novela moderna en España (1885-1902), Madrid: Biblioteca Nueva, 2003,

Navas Ruiz, Ricardo, El romanticismo español, Madrid: Cátedra, 1990.

Polt, John H. R., ed., Poesía del siglo XVIII, Madrid: Castalia, 1982.

Oleza, Joan, La novela del XIX : del parto a la crisis de una ideología, Valencia: Bello, 1976. En liña o capítulo “Realismo y naturalismo en la novela española” (pp. 19-37): <http://www.cervantesvirtual.com/obra/realismo-y-naturalismo-en-la-novela-espaola-0/>

Romero Tobar, Leonardo, Panorama del romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.

Rubio Cremades, Enrique, Panorama crítico de la novela realista-naturalista española, Madrid: Castalia, 2001.

Sebold, Russell P., El rapto de la mente. Poética y poesía dieciochesca, Barcelona: Anthropos, 1989.

Silver, Philippe, Ruina y restitución: reinterpretación del romanticismo en España, Madrid, Cátedra, 1995.

Villanueva, Darío, Teoría de la novela en Galdós: < http://mdc.ulpgc.es/cdm/ref/collection/galdosianos/id/1165 >


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A bibliografía anterior completarase para cada tema no transcurso das aulas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías