Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Hispanoamericana Código 613G01038
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
eva.valcarcel@udc.es
Profesorado
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
eva.valcarcel@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos principais movimentos,autores e obras das literaturas hispanoamericanas, tendo en conta as diferentes etapas históricas dende o descubrimento ate a actualidade;estudadas en conxunto como parte dunha realidade histórica agás de estética. Estudio contextual e estudio literario práctico elaborado a partires do traballo cos textos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar as técnicas de análise de texto. Coñecer a literatura dos paises americanos e entender a realidade histórica. Ter capacidade para avaliar un texto dende a crítica e a historia. Entender a idea de América e a riqueza das súas culturas. Comprender a conquista e a colonización, a independencia e a actualidade americana dende a súa producción literaria en diversos xéneros. Desenvolverse para unha cidadanía culta e aberta a revisión continua da realidade e a historia. A1
A2
A10
A11
A14
A15
A16
A17
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción. Contextos históricos, xeográficos e culturais.
As culturas precolombinas
A invención de América
As crónicas de Indias. Colón, Cortés, Bernal Díaz del Castillo, Fray Bartolomé de las Casas
Literatura colonial hispanoamericana. A configuración da sociedade americana. Renacimiento
Barroco
Ilustración
A emancipación.A novela romántica e realista hispanoamericana. Romántica
Antiesclavista
Histórica
Sentimental
Indianista
Realista
Contextos históricos e culturais de fines do século XIX. Decadentismo e Modernismo José Asunción Silva
Rubén Darío
O século XX. A vangarda poética hispanoamericana Vicente Huidobro
César Vallejo
Pablo Neruda
O conto hispanoamericano do século XX Jorge Luis Borges
Augusto Monterroso
Felisberto Hernández
Juan Jose Arreola
A novela hispanoamericana no seculo XX.
o real maravilloso. A nova novela. Plantaxamentos teóricos.
Miguel Ángel Asturias. El Señor presidente
A novela dende a segunda metade do século XX.A internacionalización e a actualidade. Carlos Fuentes
Juan Rulfo
Julio Cortázar
César Aira
Roberto Bolaño

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 45 60
Obradoiro 24 45 69
Proba mixta 3 15 18
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral contempla a exposición razonada de metodoloxías e contidos, agás da exposición do contexto estético e histórico no que se insire a proposta de cada un dos temas do programa. A sesión maxistral e de carácter teórico e posúe o valor imprescindible de conter os fundamentos das sesións prácticas, que axudan os alumnos ó dominio das competencias da materia; prepara os alumnos para a autoformación noas sesións nas que deben adoitar a formación non presencial. para as sesións de traballo no obradoiro e posteriormente para a proba mixta.
Obradoiro O obradoiro consta dunha serie de traballos prácticos cos que se persigue o dominio da disciplina mediante a aplicación de formulacións metodolóxicas prácticas. Os alumnos realizarán comentarios, simulacións, discusións dirixidas, análisis de docuemntos, exposicións e tamén propostas razoadas de investigacións futuras nun tema e analizarán a viabilidade das mesmas. Articularán ideas que expresarán en situacións comunicativas creadas na aula expresamente.
Proba mixta A proba mixta consitirá na realización dun ensaio orixinal no que se poderá solicitar que se explique un tema contextual ou estético-literario, que se aplique e se exemplifique mediante o análisis dun fragmento facilitado o alumno e que éste debe recoñecer e explicar.
A proba mixta poderá contemplar tamén un apartado de identificación de obras do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
A realización das diferentes actividades do obradoiro teñen carácter de prácticas nas que se elaboran modelos críticos, ca utilización de fontes bibliográficas adecuadas. A boa utilización dos recursos do obradoiro require correccións individualizadas, indicacións expresas, facilitación de material necesario a cada alumno na sua diversidade.

A sesión maxistral exixe persoalizar a atención dada a diversidade do alumnado que require de explicacións e preparación para a afrontala.

A proba mixta require a atención a diversidade do alumnado e a explicación das tarefas complexas que se solicitarán na mesma.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro O obradoiro está conformado por un conxunto de actividades que propón o profesor e que levan a cabo os alumnos ca sua tutela. Os traballos exporánse e entregaránse ou debatiránse na aula; cada un deles terá unha calificación e no conxunto unha evaluación global. 60
Sesión maxistral A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrales será evaluable de maneira continuada. 5
Proba mixta A proba mixta recoñecerá o aproveitamento das sesións maxistrais a a sua aplicación nos talleres. Complementa de maneira significativa a calificación obtida no taller e na sesión maxistral. 35
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura os alumnos terán que ter aprobados os tres modelos de probas; non se fará media se o alumno non ten, alomenos, un 4 en cada un dos tipos evaluables.

 

Na convocatoria extraordianaria o alumno fará unha proba mixta e, se o profesor o decide, un traballo específico para acadar as competencias nas que o seu resultado non foi adecuado.

Teráse en conta a situación específica dos alumnos con dispensa académica.

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Obras de referencia:


Roberto Glez. Echevarría/ E. Pupo Walker; Historia de la Literatura Hispanoamericana,2 volms. Madrid, Gredos, 2006.

José Miguel Oviedo, Historia de la Literatura Hispanoamericana 4 volms.Madrid, Alianza,2001.

Trinidad Barrera, Historia de la Literatura Hispanoamericana. Siglo XX. Madrid. Cátedra. 2008. 

 Renaud Richard, Diccionario de Hispanoamericanismos; Madrid, Cátedra,1997.

Obras de lectura fragmentaria.

Miguel Rivera Dorado, ed. Popol Vuh, Madrid, Trotta,2008.

Mercedes Serna, ed. Crónicas de Indias,Madrid, Cátedra,2000.

Sor Juana Inés de la Cruz, Poesía Lírica, Madrid, Cátedra,1992.

Gertrudis Gómez de Avellaneda, Sab, Madrid, Cátedra, 2005.

José Asunción Silva, De Sobremesa, Madrid, Cátedra,2006.

Rubén Darío, Prosas Profanas y otros poemas, Madrid, Castalia 1983.

Juan Rulfo, Pedro Páramo, Madrid, Cátedra,1983.

Pablo Neruda, Residencia en la Tierra, Madrid, Cátedra, 1994.

Julio Cortázar, Rayuela, Madrid, Cátedra,1997.

Jorge Luis Borges, Narraciones, Madrid, Cátedra,1980

Carlos Fuentes, La muerte de Artemio Cruz, Madrid, Cátedra,1995.

César Vallejo, Trilce, Madrid, Cátedra,1991.

Vicente Huidobro, Altazor, Madrid, Cátedra,1989.

Miguel Ángel Asturias, El Señor Presidente, Madrid, Cátedra,1997.

Toda a bibliografía e básica. A búsqueda e valoración da bibliografía secundaria  é unha das tarefas que se levarán a cabo no obradoiro en un proceso de autoformación dirixido.

As lecturas presentadas son de carácter obligatorio. Nalgúns casos o profesor poderá decidir, á vista dos resultados na aula, se e a lectura ten que ser completa ou póde ser fragmentaria.

Os libros cítanse por edicións recomendadas, sen embargo, moitos textos encóntranse en bibliotecas virtuais, ou  noutras edicións que, se non se desaconsellan expresamente, son válidas igualmente para a lectura das obras ou os fragmentos que se estudien o longo do curso.

 

 

 

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lecturas de Literatura Española. Poesía/613G01046

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lecturas de Literatura Española. Poesía/613G01046

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías