Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Latina Código 613G01045
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia presenta un panorama xeral da literatura latina da Antigüidade (ss. III a.C.-Vd.C.) organizado a partir de tres enfoques xerais: a descrición do contorno social e cultural da produción e da recepción literaria, o estudo dos códigos lingüísticos, retóricos e poéticos propios de cada xénero e a atención ás particularidades de cada etapa. Nas sesións prácticas efectuarase unha aproximación a tres temas específicos: a poesía amorosa, os textos historiográficos e a narrativa de ficción.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 Apreciar a diversidade.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A2
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A10
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina A13
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información B1
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Apreciar a diversidade B8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6

Contidos
Temas Subtemas
1.- O contorno social e cultural da literatura latina.

2.- Os códigos retóricos, poéticos e lingüísticos dos xéneros literarios.

3.- As características específicas de cada etapa literaria.

4. Aproximacións específicas a tres aspectos da literatura latina da Antigüidade
1.1. A literatura como mímesis
1.2. A literatura latina como literatura derivada
1.3. Usos e marcos da praxe literaria
1.4. As formas de transmisión oral e escrita
1.5. Autores, patróns, público, organizacións


2.1. Modalidades dramática, narrativa e expresiva
2.2. Códigos socioéticos aplicados ao contido e a forma
2.3. Códigos determinados polos marcos pragmáticos do discurso literario
2.4. Códigos relativos á extensión, concentración e variedade da composición
2.5. Códigos métricos

3.1. A etapa preliteraria
3.2. A etapa arcaica (ss. III-II a.C.)
3.3. A etapa clásica (ss. I a.C.-I d.C.)
3.4. A etapa postclásica (s. I-II d.C)
3.5. A etapa tardía (s. III-V d.C.)

4.1. O tratamento do amor na poesía romana
4.2. Historiografía e biografía
4.3. A prosa de ficción

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 16 12 28
Proba obxectiva 2.5 6 8.5
Traballos tutelados 0 23 23
Lecturas 0 35 35
Sesión maxistral 16 0 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento dos mesmos.
Proba obxectiva Proba escrita individual de carácter teórico, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar e organizar conceptos, resolver problemas e exercer un xuízo crítico.
Traballos tutelados O estudante elaborará un traballo de curso individual coa orientación e a asistencia do profesor. Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder efectuar a proba obxectiva e superar a materia.
Lecturas O estudante fará por contra propia as lecturas obrigatrorias que se lle propoñan e dará conta destas a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Sesión maxistral Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas publicados a través da plataforma Moddle

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O estudante asistirá a titorías individuais concertadas a fin de que o profesor supervise a planificación e desenvolvemento do traballo tutelado

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. 15
Proba obxectiva Proba escrita individual de carácter teórico, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar conceptos, organizar a argumentación, resolver problemas e exercer un xuízo crítico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba 45
Traballos tutelados Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para efectuar a proba final obxectiva e superar a materia 40
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non presentasen.


O estudante será cualificado con Non Presentado só no caso de que non realice a proba obxectiva prevista.


O estudante que se matricule na modalidade de tempo parcial será dispensado da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais. O 15% que se contempla por este concepto no cálculo da cualificación global será compensado na proba obxectiva, que pasará a contar un 55% e na avaliación de traballo e actividades, que pasará a contar un 45%.


Fontes de información
Bibliografía básica Leighton D. Reynolds e Nigel G. Wilson (1986). Copistas y filólogos. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (ed.) (1987). Géneros literarios latinos. Salamanca: Universidad de Salamanca
George Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Madrid: Atenea
E.J.Kenney-W.V.Clausen (1989/90). Historia de la literatura clásica. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (1997). Historia de la literatura latina. Madrid: Cátedra
Michael Von Albrecht (1992/7). Historia de la literatura romana. Barcelona: Herder

Recursos web

Xerais

Bibliotheca Augustana: bibilotheca latina / bibliotheca graeca

http://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html#la

The Latin Library

http://www.thelatinlibrary.com/index.html

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Internet Ancient History Sourcebook: Rome

http://www.fordham.edu/halsall/ancient/asbook09.html

Analecta Malacitana

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

 

Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías