Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Idioma Moderno: Italiano Código 613G01050
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Italiano
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Tucci , Emiliana
Vallin Blanco, Gema
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
emiliana.tucci@udc.es
g.vallin@udc.es
Web
Descrición xeral Formación básica na descrición da lingua italiana. Teoría e práctica do italiano.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Saber comprender os puntos esenciais dun discurso oral cando se utiliza unha linguaxe clara e estándar.
Saber comprender textos escritos de nivel elemental redactados nunha linguaxe estándar.
Saber producir discursos orais breves sobre temas cotiáns ou de interese persoal e académico.
Saber producir textos escritos breves de nivel elemental nunha linguaxe estándar.
Coñecer as estruturas básicas da lingua italiana nos ámbitos oral e escrito necesarias para acadar un nivel lingüístico elemental.
Coñecer o léxico básico da lingua italiano nos ámbitos oral e escrito, necesario para acadar un nivel lingüístico elemental.
Coñecer a pronunciación correcta da lingua italiana.
Saber facer fronte ás necesidades de comunicación cotiás que implicaría a estancia nunha zona de fala italiana.
Coñecer e saber utilizar os recursos informáticos e bibliográficos dispoñibles para a aprendizaxe da lingua italiana.
Apreciar a diversidade lingüística e cultural.
Apreciar a necesidade de autoformación na aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

Contidos
Temas Subtemas
1. O alfabeto. As sílabas. 1.1. Relacións fonemas-grafemas.
1.2. O acento e a entoación.
1.3. A división silábica.
2. O nome: o xénero. 2.1. Tipos de nomes canto ao xénero.
2.2. Formación do feminino.
3. O nome: o número. 3.1. Tipos de nomes canto ao número.
3.2. Formación do plural.
4. Os artigos. 4.1. O artigo determinado.
4.2. O artigo indeterminado.
5. Presente dos verbos 'essere' e 'avere'. 5.1. Paradigmas.
6. Presente de indicativo dos verbos regulares. 6.1. Desinencias e principais verbos regulares.
7. Presente de indicativo dos verbos irregulares. 7.1. 'Andare', 'fare', 'dare', 'dire', 'stare', 'volere'.
8. Os pronomes persoais. 8.1. Formas tónicas.
8.2. Formas átonas.
9. Os demostrativos. 9.1. Proximidade.
9.2. Afastamento.
10. Os numerais. 10.1. Cardinais: do 1 ao 20, decenas, centenas, millares.
10.2. Ordinais: do primeiro ao décimo.
11. Os posesivos. 11.1. Formas de 1ª, 2ª e 3ª persoa.
12. Preposicións e contraccións. 12.1. 'A', 'di', 'in', 'da', 'con', 'senza', 'per', 'su', 'sotto', 'tra', 'fra'.
13. Os graos do adxectivo. 13.1. Grao positivo.
13.2. Grao comparativo.
13.3. Grao superlativo.
14. Indefinidos.
14.1. Principais indefinidos.
15. Adverbios. 15.1. Lugar, cantidade, tempo e modo.
16. Os enunciados negativos. 16.1. Principais fórmulas negativas.
17. A interrogación. 17.1 Fórmulas de interrogación.
17.2. Pronomes, adxectivos e adverbios interrogativos.
18. O futuro de indicativo. 18.1. Desinencias e principais verbos.
19. O pluscuamperfecto de indicativo. 19.1. Desinencias e principais verbos.
20. Estruturas lingüísticas. 20.1. Fórmulas de saúdo e presentación.
20.2. Pedir información e indicar unha dirección.
20.3. Facer unha descrición.
20.4. Outras.
21. Esferas de léxico. 21.1. Familia e vivenda.
21.2. Hora, data, días da semana, meses, estacións.
21.3. Cores.
21.4. Nomes de países e xentilicios.
21.5. Outras.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 21 35
Discusión dirixida 3 9 12
Lecturas 6 12 18
Prácticas a través de TIC 4 8 12
Presentación oral 0.5 4 4.5
Proba mixta 4 28 32
Proba oral 1 3 4
Actividades iniciais 10 10.5 20.5
Eventos científicos e/ou divulgativos 0 6 6
Resumo 0 4 4

Atención personalizada 2 0 2

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas e prácticas impartidas polo profesor sobre os contidos do materia.
Discusión dirixida Participación do alumnado nun tema de debate suscitado polo profesor, segundo pautas previamente marcadas por este.
Lecturas Realización de lecturas fóra e dentro da aula.
Prácticas a través de TIC Prácticas a través de TIC para o coñecemento e manexo de recursos, bibliografía e programas relacionados coa materia.
Presentación oral Exposición breve na aula dun tema proposto polo profesor.
Proba mixta Realización dunha proba con preguntas de tipo diverso que permita avaliar os coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado.
Proba oral Realización dunha proba oral que permita coñecer os avances do alumnado nos coñecementos e competencias da lingua falada.
Actividades iniciais Contan como actividades iniciais participación na aula (audicións, lecturas, comprensión oral...), exescizos en casa e nas aulas e a participación nas actividades programadas relacionadas coa materia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a unha reunión científica internacional relacionada coa materia.
Resumo Elaboración de traballos de redacción e síntese sobre diversos temas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Proba oral
Actividades iniciais
Descrición
A atención personalizada pode variar en función do tipo de metodoloxía empregada: no caso da aprendizaxe colaborativa, da discusión e da exposición oral dirixida realizarase no marco da aula, de xeito que o tempo de atención se dividirá entre todos os alumnos, mentres que nas probas orais será individual. Tamén se programarán sesións de titoría individualizada ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás aulas e a participación activa, segundo a seguinte escala: número de faltas inferior ao 5%, 100% da cualificación; faltas entre o 5 e o 10%, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas, 0 puntos. A nota resultante nos dous primeiros casos poderá ser obxecto de matización (ata un 20% á baixa) se a participación do alumno non foi axeitada. 5
Proba mixta Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 30
Presentación oral Avaliarase tanto a elaboración da presentación, coma o grao de corrección lingüistica acadado a nivel oral e a capacidade para interesar e facer participar ao resto dos compañeiros. 15
Resumo Valorarase o grao de elaboración e corrección lingüisticas. Para poder ser obxecto de avaliación, o traballo deberá presentarse no prazo marcado. 10
Proba oral Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 15
Actividades iniciais Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 15
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia, con aproveitamento, a unha reunión científica internacional que terá lugar na UDC, relacionada coa materia. 10

Observacións avaliación

Cabe a posibilidade de que eventualmente se produza algún cambio nas
probas (substitución ou engadido).

Criterios
de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten que cumprir as seguintes condicións:

1. Aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral.

2. Facer polo menos a mitade das actividades propostas na avaliación.

Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de
prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non faga o
conxunto das Probas mixta e oral, salvo se realizou o 50% ou máis das
actividades propostas.

Na
segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demáis actividades tamén terá que repetilas.

Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.

Os
alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán
presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como
aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.

Fontes de información
Bibliografía básica Cittadini, Roberto y Marzia Trotta (2006). Benvenuto! L´italiano per il lavoro e la vita quotidiana . Milano, Hoepli
Savorgnani, Guilia y Beatrice Bergero (2010). Chiaro! Corso d´italiano. Firenze, Alma Edizioni
Carrera Díaz, Manuel (1994-1997). Curso de lengua italiana. Barcelona, Ariel
Londero, Eleanor (1992). Diccionario español-italiano italiano-spagnolo. Barcelona, Colins Grijalbo
Guastalla, Carlo y Ciro Massimo Naddeo (2010). Domani. Corso di lingua e cultura italiana. Firenze, Alma Edizioni
Sañé, Secundi (2009). Il Dizionario spagnolo-italiano. El diccionario italiano español. Bologna, Zanichelli, Vox
Arbia, María Teresa (2006). Italiano: gramática esencial. Barcelona, Difusión
Arbia, Maria Teresa (2006). Italiano: gramática esencial. Barcelona, Difusión
Bertoni, Silvia y Susanna Nocchi (2004). Le parole italiane. Esercizi e giochi per imparare il lessico. Firenze, Alma Edizioni
Zingarelli, Nicola (1994). Lo Zingarelli minore. Vocabolario ella lingua italiana. Bologna, Zanichelli
Nocchi, Susanna (2011). Nuova grammatica pratica della lingua italiana. Hueber, Alma Edizioni

Bibliografía complementaria (1994). Come parlano gli italiani. Firenze, La Nuova Italia.
(1997). Dizionario italiano Sabatini Coletti. Firenze, Giunti
Luigi, Pavia (1927). Gramática sucinta de la lengua italiana con ejercicios de versión y trozos de lectura. Heidelberg, Julio Groos
(1993). Italiano Junior. Dizionario della lingua italiana. Milano, Loescher
Zingarelli, Nicola (2009). Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana. Bologna, Zanichelli
Diaco, Mimma (2005). Verbos conjugados: italiano. Barcelona, Difusión
(2006). Vocabulario básico del italiano: más de 4000 palabras y expresiones organizadas por temas. Barcelona, Larousse

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno: Italiano/613G01050

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías