Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Historia da Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02020
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Profesorado
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo histórico da lingua galega e portuguesa: evolución externa e interna.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A22 Dominar a gramática da lingua portuguesa.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A19
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. A20
Dominar a gramática da lingua galega A21
Dominar a gramática da lingua portuguesa. A22
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. A23
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. A25
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa. A26
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega A27
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa. A28
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico B7
Apreciar a diversidade. B8
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á historia da lingua e á diacronía lingüística. 1.1. Historia e constitución como disciplina científica. Métodos de análise.
1.2. A mudanza das linguas.
1.3. A importancia da diacronía nos estudos lingüísticos.
2. O nacemento da lingua galego-portuguesa. 2.1. Contexto histórico. O latín galaico, os substratos e os superestratos.
2.2. Do latín ao galego-portugués.
3. O galego-portugués medieval. 3.1. Contexto histórico, social e cultural.
3.2. Características lingüísticas e evolutivas desde o latín.
4. A diversificación do sistema lingüístico. 4.1. O galego: evolución sociohistórica e transformacións lingüísticas.
4.2. O portugués continental: contexto sociohistórico, periodización e características lingüísticas.
4.3. O portugués do Brasil: contexto e evolución lingüística.
4.4. Outras variedades do portugués.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 20 30 50
Obradoiro 16 32 48
Lecturas 1 20 21
Recensión bilbiográfica 1 10 11
Traballos tutelados 1 10 11
Presentación oral 1 1 2
Proba mixta 1 5 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos antigos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Recensión bilbiográfica Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Recensión bilbiográfica Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. 15
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 40
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo,
na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de
reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda oportunidade, en xullo, o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta)
e/ou cando tiver entregado un número inferior de actividades ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Castro, I. (1991). Curso de História da Língua Portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta
Cunha, A. G. da (1997). Dicionário Etimológico Nova Fronteira da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega. Vol. I. Fonética e morfosintaxe. Santiago: Laiovento
Ferreiro, M. (2001). Gramática histórica galega. Vol. II. Lexicoloxía. Santiago: Laiovento
Mariño Paz, R. (1998). Historia da lingua galega. Santiago: Sotelo Blanco
Spina, S. (coord.) (2011). História da Língua Portuguesa. São Paulo: Ateliê Editorial
Teyssier, P. (1995). História da Língua Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa
Maia, C. de Azevedo (1997). História do Galego-Português. Estado Linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o Século XIII ao Século XVI . Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian / JNICT
Câmara Jr., J. Mattoso (1991). História e Estrutura da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Padrão-Livraria Editora Ltda.
Monteagudo, H. (1999). História social da lingua galega. Vigo: Galaxia
Castro, I. (2006). Introdução à História do Português. Lisboa: Colibri
Freixeiro, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago: Laiovento
Cabeza Quiles, F. (2008). Toponimia de Galicia. Vigo: Galaxia
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías