Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Galega Contemporánea 1 Código 613G02024
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Profesorado
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo, a través dos textos, da produción literaria galega do século XIX.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Coñecer a literatura en lingua galega A7
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. A15
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. A17
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A19
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura galega no século XIX. Caracterización xeral.
Periodización.
Cuestións metodolóxicas.
2. Os inicios da literatura galega. Os primeiros textos. Determinación histórica e finalidade pragmática. Produción e difusión.
A tradición do vilancico de Nadal.
A poesía: Nicomedes Pastor Díaz.
O teatro. Ideoloxía liberal e teatro popular.
3. O Prerrexurdimento. O provincialismo. Caracterización ideolóxica. A prensa provincialista.
A poesía. Caracterización xeral. Algúns autores.
A Gaita Gallega: singularidade xenérica, reivindicación e iniciación lingüística e denuncia social.
A poesía. O teatro.
4. O Rexurdimento. Caracterización xeral. Reivindicación lingüística, renacemento cultural e construción da identidade nacional.
A cultura e a literatura popular.
A recuperación da historia propia.
A situación social da lingua. A procura dun modelo de lingua literaria.
Os Xogos Florais da Coruña.
Produción e difusión cultural: a prensa.
5. O Rexurdimento. Xéneros e autores. A poesía.
Rosalía de Castro. Obra galega. Patriotismo, feminismo e ideoloxía social.
Manuel Curros Enríquez. O divino sainete.
Eduardo Pondal.
O teatro.
6. O Rexionalismo e a transición ao século XX. Elementos definidores. As iniciativas editoras: prensa e coleccións editoriais. A consolidación institucional do rexionalismo no século XX: a fundación da Academia Galega.
Valentín Lamas Carvajal: O catecismo do labrego.
A narrativa. A novela histórica: O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro.
O teatro histórico. O teatro social.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 6 6 12
Lecturas 1 40 41
Sesión maxistral 20 30 50
Presentación oral 2 20 22
Proba mixta 2 0 2
Análise de fontes documentais 10 10 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán.
Lecturas Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño.
Presentación oral Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa.
Análise de fontes documentais Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes na selección do tema do traballo, da metodoloxía e das fontes de información precisas e máis axeitadas para a súa elaboración.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora. 20
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. 40
Lecturas Haberán de realizarse as lecturas obrigadas que se recollen no apartado Fontes de información.
Igualmente a profesora sinalará outros textos de lectura e indicará, en cada caso, a posibilidade ou a obriga de realizar algún tipo de exercicio escrito (recensión, comentario) ou oral (exposición, presentación) sobre eles. Solicitaranse, como máximo, 2 actividades deste tipo.
20
Análise de fontes documentais Na aula realizarase a lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, etc. A profesora poderá solicitar a entrega de 1 exercicio escrito individual con estas características. En calquera caso, valorarase a participación do/a estudante/a na aula nestas actividades. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.


O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo, todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.


O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.


Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.


A cualificación de

NON PRESENTADO/A

será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de actividades ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega (vols. 1 e 2). Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega contemporánea (problemas de método e interpretación). Vilaboa: Edicións do Cumio

Biblioteca dixital do CSBG: http://www.csbg.org/prensagalega/index.asp

Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es 

Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org:80/Hemeroteca/Revistas.do?letter=none; http://www.realacademiagalega.org:80/RAGBibVir/MainPage.do

Estas referencias son de obras de consulta e/ou de carácter xeral. Na aula proporcionarase bibliografía específica para cada tema.

Obras de lectura obrigada:

A gaita gallega de J. M. Pintos.

Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

"Conto gallego" de Rosalía de Castro.

Follas novas

Aires da miña terra

O divino sainete de Manuel Curros Enríquez.

Selección de poemas de Eduardo Pondal.

O catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal.

O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro.

Esta selección de textos poderá completarse puntualmente con outras lecturas realizadas ou presentadas na aula.

Bibliografía complementaria

Beramendi, X. e Núñez Seixas, O nacionalismo galego, A Nosa Terra, Vigo, 1994.

Carballo Calero, R., Estudos rosalianos. Aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro, Galaxia, Vigo, 1979.

Castro, Rosalía de, El caballero de las botas azules, Lieders, Las Literatas, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 2006.

Davies, C., Rosalía de Castro no seu tempo, Galaxia, Vigo, 1987.

Forcadela, M., A poesía de Eduardo Pondal, O Cumio, Vigo, 1995.

Freire Lestón, X. V., A actividade editorial en Galicia (1850–1936). Apuntamentos para unha historia do libro galego, O Cumio, Vigo, 1997.

García Negro, María Pilar: O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, Sotelo Blanco, Santaigo de Compsotela, 2010.

García Negro, María Pilar: Cantares gallegos, hoxe. Para unha lectura actualizada de Rosalía de Castro, Alvarellos, Santiago de Compostela, 2013.

Hermida, C., Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992.

Pociña, A. e López, A., Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Laiovento, Santiago de Compostela, 2000.

Rodríguez, F., Análise sociolóxica da obra de Rosalia de Castro, AS-PG, Vigo, 1989.

Rodríguez, Francisco: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, AS-PG, A Coruña, 2011.

Esta selección bibliográfica completarase con bibliografía específica sobre cada tema que a profesora proporcionará na aula.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Galega Contemporánea 2/613G02036

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Literatura Galega/613G02012

Observacións

Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.es.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías