Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Edición e Comentario dos Textos Galegos e Portugueses Código 613G02028
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución teórico-práctica á edición e comentario de textos galegos e portugueses.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. A16
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A19
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. A20
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. A27
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa. A28
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Ecdótica, crítica textual, textoloxía. 1.1. Conceptos xerais: teoría e método.
1.2. Introdución á edición crítica.
2. A Ecdótica e a Crítica Textual no ámbito galego-portugués. 2.1. O período medieval.
2.2. A literatura galega.
2.3. A literatura portuguesa.
3. O comentario de textos. 3.1. O comentario lingüístico-filolóxico.
3.2. O comentario literario.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 14 28 42
Lecturas 1 12 13
Traballos tutelados 1 12 13
Proba mixta 1 5 6
Sesión maxistral 15 22.5 37.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a realización de prácticas ecdóticas e de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escolleito entre unha serie de propostas presentadas no inicio de curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes de diverso tipo.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de edición e comentario etc.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. 15
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 25
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.). 20
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de actividades ao 50%


Fontes de información
Bibliografía básica AA.VV. (1986). Comentário de Textos Literários. Madrid: Alhena
Crespillo, M. (ed.) (1997). Comentario lingüístico de textos. Málaga: Universidad
AA.VV. (1986). Critique Textuelle Portugaise. Actes du Colloque (Paris, 20-24 octobre 1981). Paris:Fondation Calouste Gulbenkian
Marchese, A. / Forradellas, J., (2000). Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Barcelona: Ariel
Marcos Marín, F. (1978). El comentario lingüístico (Metodología y práctica). Madrid: Cátedra
Spaggiari, B. / Perugi, M. (2004). Fundamentos da Crítica Textual. História. Metodologia. Exercícios. Rio de Janeiro: Lucerna
Azevedo Filho, L. de (1987). Iniciação em crítica textual. Rio de Janeiro: Presença
Martínez-Gil, V. (coord.) (2001). L’edició de textos: història i mètode. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya
Blecua, A. (1983). Manual de crítica textual. Madrid: Cátedra
Reis, C. (1978). Técnicas de Análise Textual. Coimbra: Livr. Almedina

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías