Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A24 |
Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
|
A23 A24
|
|
|
Adquirir capacidade de autoformación |
|
B3
|
|
Apreciar a diversidade |
|
B8
|
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
|
B10
|
|
Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística |
A24
|
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
|
|
C4
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O concepto de planificación lingüística |
1.1. A planificación lingüística como proceso 1.2. Planos e servizos de normalización lingüística |
2.Antecedentes da planificación lingüística para o galego |
2.1. As figuras de Sarmiento, Pintos e Murguía
2.2. As Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega de M.G.B.
2.3. A política da lingua da Xeración do 16 |
3. A etapa contemporánea. A política lingüística realizada dentro e fóra das institucións
|
3.1. Características xerais da política lingüística sobre o galego
3.2. Actuacións da Xunta de Galicia
3.3. O desenvolvemento dunha planificación lingüística desde os concellos
3.4. Outras planificacións institucionais. O caso das universidades
3.5. Evolución da política lingüística. De 1980 á actualidade
|
4. Propostas de planificación lingüística desde fóra das institucións. |
4.1. O asociacionismo
4.2. As redes sociais |
5. Planificación do corpus da lingua galega. O proceso de estandarización do galego |
5.1. Antecedentes. O Rexurdimento e os comezos do século XX
5.2. As propostas normativas do galego moderno
5.3. O acordo normativo de 2003 |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
8 |
12 |
20 |
Estudo de casos |
6 |
6 |
12 |
Presentación oral |
1 |
4.5 |
5.5 |
Aprendizaxe colaborativa |
3 |
6 |
9 |
Análise de fontes documentais |
3 |
7.5 |
10.5 |
Solución de problemas |
3.5 |
7 |
10.5 |
Recensión bilbiográfica |
1 |
10.5 |
11.5 |
Traballos tutelados |
2.5 |
15 |
17.5 |
Lecturas |
3 |
12 |
15 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Desenvolvemento e análise crítica dos apartados do temario |
Estudo de casos |
Consideración de modelos de planificación e avaliación dos seus resultados |
Presentación oral |
Liñas básicas da exposición pública e de fórmulas para o debate e o consenso no ámbito da planificación lingüística |
Aprendizaxe colaborativa |
Realización de xogos de colaboración e aprendizaxe para a convivencia |
Análise de fontes documentais |
Procura e estudo de textos e recursos planificadores na actualidade |
Solución de problemas |
Exemplificación con diferentes etapas históricas e coñecemento das necesidades contextuais |
Recensión bilbiográfica |
Comentario crítico valorativo dunha onra no momento en que se produce e na actualidade |
Traballos tutelados |
Seguimento dun aspecto relacionado co temario para afondar criticamente nun elemento conflitivo |
Lecturas |
Coñecemento e reflexión arredor dos textos fundamentais da planificación sociolingüística sobre o galego |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Recensión bilbiográfica |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Precisaremos utilizar recursos expositivos baseados na procura de consensos que fuxan do recurso fácil ao xogo de maiorías e minorías nunha posta en escena que tentará convencer sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas de planificación nun sector ou grupo determinado.
A recensión bibliográfica estará orientada ao coñecemento e á análise crítica das ideas máis polémicas que se poidan tirar da súa lectura.
Os traballos tutelados implicarán un seguimento personalizado desde a propia elección do tema, á súa posíbel orientación e finalmente haberá tamén unha sesión común de valoración dos resultados. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
As lecturas formarán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán que ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. |
30 |
Presentación oral |
O/a estudante terá que argumentar sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas sobre planificación lingüística nun determinado ámbito ou sector. |
20 |
Recensión bilbiográfica |
Entregaranse por escrito tres recensións bibliográficas sobre lecturas especializadas. |
20 |
Traballos tutelados |
Cada estudante terá que realizar un traballo sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo, todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.
O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.
A cualificación de
NON PRESENTADO/A
será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de actividades ao 50%.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rodríguez Sánchez, F. (1998 [1976]). Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza . Santiago: Laiovento
García Negro, María Pilar (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Brión, Laiovento
García Negro, M. P. (2000). Direitos lingüísticos e control político . Santiago de Compostela: Laiovento
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo . Bertamiráns, Ames: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (2010). Lingua e futuro . Ames: Laiovento
Mosquera Carregal, X. (2010). Lingua e Xénero. VI Xornadas sobre Lingua e Usos . A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X.R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística . Pontevedra: Cumio
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
VVAA (1980). Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas . Santiago de Compostela: ASPG
García Negro, M. P. (2009). Sobre o racismo lingüístico . Santiago de Compostela: Laiovento
Carvalho Calero, R. (1992). Umha voz na Galiza . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|