Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Galega e Estudos Socioculturais Código 613G02032
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Estudo da literatura galega desde a perspectiva dos estudos de xénero, sistémicos, identitarios, emerxentes etc.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
1. Recoñecer as características específicas da situación sociolingüística e da lexislación básica que atinxe á lingua galega. 2. Coñecer a evolución da lexislación lingüística cara ao galego. 3. Contextualizar os textos xerados a respecto desta cuestión. 4. Avaliar o impacto e os resultados da lexislación sobre a situación sociolingüística do galego e sobre o proceso de institucionalización do idioma. 5. Coñecer a problemática da linguaxe administrativa. A2
A4
A9
A11
A21
A23
A27
A29
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Literatura e ideoloxía
1.1. Literatura e sociedade: aproximación ao estudo dos temas, métodos e problemas da crítica sociolóxica.
1.2. Orixe e desenvolvemento histórico dos estudos culturais
1.2.1 Poder, discurso e representación: formas de produción e de difusión de significados nas sociedades actuais.
1.3.Outras teorías de base sociolóxica: teoría dos campos sociais e teorías sistémicas.
1.4. Aproximación a textos literarios galegos desde una perspectiva sociolóxica e/ou cultural.
2.- Literatura e estudos de xénero
3.1. O concepto de xénero e as achegas metodolóxicas dos estudos feministas.
3.2. Debates contemporáneos: feminismo-feminismos. Xéneros e identidades. Teoría queer.
3.3. Xénero e canon na literatura galega. Tratamento crítico dos discursos das mulleres.
3.4. Autoras e poéticas. Liñas temáticas.
3.5. Aproximación a textos literarios galegos desde a perspectiva de xénero
3.- Literatura e identidade nacional 3.1.- A configuración literaria da nación
3.1.1.O repertorio temático identitario.
3.1.2. A construción da imaxe do "outro"
3.2. Aproximación ao estudo dos temas, métodos e problemas da crítica poscolonial.
3.2.1.Política e globalización cultural.
3.2.2. Dinámicas de hibridación, asimilación e resistencia. As voces subalternas.
3.3. Aproximación a textos literarios galegos desde a perspectiva identitaria

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 1 8 9
Análise de fontes documentais 10 30 40
Lecturas 6 24 30
Discusión dirixida 9 0 9
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Sesión maxistral 9 13.5 22.5
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula.
Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final.


Análise de fontes documentais Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc) . Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.

Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Actividades iniciais Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc.
Sesión maxistral Nas sesións docentes presentaranse os contidos teóricos da materia en combinación con preguntas dirixidas aos estudantes e propostas de exercicios prácticos. Para cada sesión, o alumnado terá que facer unha serie de lecturas obrigatorias que serán comentadas posteriormente na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados.
De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega do traballo final.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais O alumnado terá que analizar na clase textos (teóricos ou literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. 20
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia, participación e actitude do alumnado nas aulas teóricas. 10
Traballos tutelados Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula.

O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas.
50
Discusión dirixida Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestións e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.


O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas poderán ser penalizadas na cualificación.



Para a segunda oportunidade do mes de xullo, aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que entregar, na data marcada para o exame, os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado, caso de o reprobar con anterioridade. O resto da cualificación (un 50%) basearase nunha proba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas obrigatorias que conterán unha parte teórica e u caso práctico.


Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.


Fontes de información
Bibliografía básica Cochón Otero, I. / Rábade Paredes, Mª do C. (2004). “A crítica no campo literario. Teorías literarias e identidades emerxentes”, en Casas, A. (coord.): Elementos de crítica literaria: 161- 204. Vigo: Xerais
Salinas Portugal, Francisco (2006). “A literatura galega e os contornos da identidade” en Tavares Maleval, Mª A. / Salinas Portugal, F. (org.): Estudos Galego-Brasileiros 2: 349-365. A Coruña: Servizo de publicacións da Universidade da Coruña
Rodríguez Sánchez, Francisco (1993). “Opresión e violéncia na realidade colonial: papel crucial de A Esmorga (1959)”, en Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada: 129-144. Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio
Rodríguez Sánchez, Francisco (1988). "Método e obxectivos" en Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, 15-28. Vigo: AS-PG
Figueroa, Antón (2001). "Nación, Literatura, autonomía" en Nación, Literatura, Identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Xerais
Blanco, Carmen (2006). "O adeus a Capliso na odisea oteriana Arredor de si" e "Pimpinela, o amor e o poder". Vigo: Xerais
Blanco, Carmen (1998). Blanco, C. “Parodia e destrución xenérica en A Esmorga de Blanco Amor”, en Kremer, D. (ed.): Homenaxe a Ramón Lorenzo, I: 333-343 . Vigo: Galaxia
Castro, O. /Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Vigo: Xerais
González Fernández, Helena (2005). “Literatura galega de mulleres: unha visión sistémica” en Elas e o paraugas totalizador: 39-81. Vigo: Xerais
Moure, Teresa (2012). “Literatura galega, literatura queer”, en Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Vigo: Galaxia
Cabo Aseguinolaza, Fernando / Rábade Paredes, Mª do Cebreiro (2006). “Objetivismo y antiobjetivismo: la crisis de la literariedad”, en Manual de Teoría de la Literatura: 89-105. Madrid: Castalia

 

Bibliografía complementaria

Adán, C. (2003): Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao cíborg (A Coruña: Espiral Maior)

Agra Romero, Mª X. (coord.) (1997): Corpo de muller. Discurso, poder, cultura (Vigo: Xerais).

Amorós, C. (coord.) (1994): Historia de la Teoría Feminista (Madrid: Instituto de Investigaciones feministas de la UCM /Dirección general de la Mujer).

Bernárdez, C. L. / Insua, E. X. / Millán, X. M. / Rei. M. / Tato, L. (2001): “A narrativa de Eduardo Blanco Amor”, en Literatura galega. Século XX: 204-210 e 220-227 (Vigo: A Nosa Terra).

Blanco, C. (1995): Literatura galega da muller (Vigo: Xerais).

Blanco, C. (1995): Nais, damas, prostitutas e feirantas (Vigo: Xerais).

Beltrán, E. et alii (eds) (2001): Feminismos. Debates teóricos contemporáneos (Madrid: Alianza).

Bourdieu, P.(2004) [1991]: O campo literario (Santiago: Laiovento).

Callón, C. (2011): Amigos e sodomitas : a configuración da homosexualidade na Idade Media (Santiago: Sotelo Blanco).

Even-Zohar. I. (1999): “Planificación de la cultura e mercado”, en Iglesias Santos, M. (ed): Teoría de los Polisistemas, 71-96 (Madrid: Arco).

Fortes, B. (ed.): Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf (Santiago: Sotelo Blanco).

García Negro, Mª P. (2010): O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo. Santiago: Sotelo Blanco.

González-Millán, X. (2000): Resistencia cultural e diferencia histórica, a experiencia da subalternidade (Santiago: Sotelo Blanco).

López, A. / Adán, C. (1996): "Tecendo filosofía con fíos de feminismo", en Aula Castelao de Filosofía (comp.): Filosofía e xénero: 3-11 (Vigo: Xerais).

López-Iglésias Samartim, R. (2010): O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978). Margens, relaçons, estrutura e Estratégias de planificaçom cultural: 1-17(Tese de Doutoramento: Universidade de Santiago de Compostela).

Moore, H. (1999): “Género y estatus: la situación de la mujer”, en Feminismo y antropología (Madrid: Cátedra).

Olivares, C. (1997): Glosario de términos de crítica literaria feminista (México: El Colegio de México).

Rodríguez Sánchez, F. (1990): Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (Vilaboa: Ed. do Cumio).

Salinas Portugal, F. (2009): “Ficción histórica e construción nacional”, en Tato Fontaíña. L. / Tavares Maleval, Mª A. (org.): Estudos Galego-Brasileiros 3. Lingua, Literatura e identidade: 103-126 (UERJ: Rio de Janeiro).

Varela, N. (2005): Feminismo para principiantes (Barcelona: Ediciones B).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías