Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) As Linguas Románicas Código 613G02034
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web http://campus.virtual.udc.es/guiadocente
Descrición xeral Estudo conxunto e individualizado das linguas que compoñen a familia románica.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A24 Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a familia de linguas románicas e a súa especificidade con respecto a outras familias lingüísticas e á lingua latina. A13
B5
B8
Coñecer o proceso de formación das linguas románicas. B5
Coñecer a distribución xeográfica e o número de falantes de cada unha das linguas románicas. B5
B8
Coñecer a historia externa de cada unha das linguas románicas. A27
A28
B5
Coñecer a situación sociolingüística e o proceso de estandarización, no seu caso, de cada unha das linguas románicas. A23
A24
A27
A28
B5
B7
B8
C4
Coñecer a descrición lingüística de cada unha das linguas románicas. A27
A28
B5
Coñecer as variedades dialectais de cada unha das linguas románicas. A25
A26
B5
B8
Coñecer a tradición escrita de cada unha das linguas románicas. A7
A27
A28
B5
Saber identificar os trazos de cada unha das linguas románicas. A14
A15
B3
B5
B7
B8
Saber identificar os elementos comúns e diferenciais das linguas románicas e destas con respecto ao latín. A13
A14
A15
B3
B8
Apreciar a importancia da familia de linguas románicas. B5
B7
B8
C6
Apreciar a diversidade lingüística e cultural. B5
B8
Coñecer e saber utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información específicos no estudo das linguas románicas. B1
B2
B3
C3
C6
Apreciar a importancia do coñecemento da familia de linguas románicas para o estudo concreto de cada unha desas linguas e da súa literatura. B3
B5
B7
B8
C6
Coñecer posibles liñas de investigación no ámbito das linguas románicas tanto no seu conxunto coma de forma individualizada. A14
A15
B5
B6
B7
B9
C6
C8
Saber identificar as fases e os problemas que comporta todo proceso de estandarización lingüística. A15
A24
B7
Saber identificar e tratar os factores que poñen en risco a supervivencia lingüística e aqueles que a posibilitan. A12
A15
A24
B7
B10
C4
C6
Ser capaz de analizar un texto en calquera lingua románica. A1
A2
A7
A15
B5
B7
Ser capaz de identificar os trazos dialectais das linguas románicas. A15
A25
A26
B5
B8
Saber contextualizar calquera trazo ou problema dunha lingua románica no marco global da familia e poñelo en relación coa situación noutras linguas románicas. A1
A14
A15
B5
B6
B7
B8
C6
Saber contextualizar calquera xénero literario no ámbito románico. A7
A14
A15
B5
B7
C6
Saber recoñecer calquera discurso oral en lingua románica. A1
A15
B7

Contidos
Temas Subtemas
1. A familia de linguas románicas. 1.1. Orixe.
1.2. Linguas que a compoñen.
1.3. Especificidade fronte a outras familias lingüísticas e fronte ao latín.
1.4. Importancia da familia de linguas románicas.
2. A clasificación das linguas románicas. 2.1. Diversidade de criterios e clasificacións.
3. A formación das linguas románicas. 3.1. Factores que determinaron a formación.
3.2. Cronoloxía da formación.
4. Estudo individualizado das linguas románicas: localización, historia externa, descrición lingüística, variación dialectal, situación sociolingüística, proceso de estandarización e tradición escrita.
4.1. As linguas iberorrománicas.
4.1.1. O galego.
4.1.2. O portugués.
4.1.3. O asturleonés.
4.1.4. O castelán.
4.1.5. O aragonés.
4.1.6. O catalán.
4.1.7. O mozárabe.
4.2. As linguas galorrománicas.
4.2.1. O francés.
4.2.2. O occitano.
4.2.3. O francoprovenzal.
4.3. As linguas retorrománicas.
4.3.1. O romanche.
4.3.2. O ladino.
4.3.3. O friulano.
4.4. As linguas italorrománicas.
4.4.1. O italiano.
4.4.2. O sardo.
4.4.3. O caso do corso.
4.5. As linguas iliriorrománicas.
4.5.1. O dálmata ou dalmático.
4.6. As linguas balcanorrománicas.
4.6.1. O romanés.
5. Os creoulos de base románica e linguas 'mixtas'. 5.1. Descrición e situación sociolingüística.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 2 24 26
Sesión maxistral 21 0 21
Traballos tutelados 0 17 17
Lecturas 0 15 15
Recensión bilbiográfica 0 14 14
Análise de fontes documentais 9 9 18
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Realización por parte do alumno dunha proba escrita con preguntas de diferente tipo sobre o temario do curso.
Sesión maxistral Clases teórico-prácticas impartidas pola profesora.
Traballos tutelados Traballo que o alumno deberá realizar individualmente baixo a tutela da profesora e entregarlle por escrito.
Lecturas Realización de lecturas de fontes bibliográficas con carácter obrigatorio.
Recensión bilbiográfica Elaboración de recensión(s) da(s) lectura(s) obrigatoria(s) pautada(s) que deberá(n) ser entregada(s) á profesora.
Análise de fontes documentais Análise de textos orais e escritos en diferentes linguas románicas que se realizarán na clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada variará en función da metodoloxía: terá un carácter máis colectivo no caso das prácticas a través de TIC e na análise de fontes documentais e será individualizada no caso da presentación oral e do traballo tutelado.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. O caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá igualmente un mínimo de corrección. 40
Sesión maxistral Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas. 10
Traballos tutelados Avaliarase a corrección e profundamento na información proporcionada, a presentación do texto escrito e a corrección lingüística (v. o apartado relativo á proba mixta).
40
Recensión bilbiográfica Valorarase a correcta comprensión do texto obxecto de lectura, a capacidade de análise e síntese, a corrección na presentación do texto escrito e a expresión lingüística (v. supra). 10
 
Observacións avaliación

Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha pequena reestruturación das porcentaxes sinaladas.

O alumno será obxecto de avaliación se realiza dúas actividades avaliables (proba, traballo ou recensión), aínda que non se presente á proba escrita. 

Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar como mínimo dúas das tres actividades propostas e obter conxuntamente nelas un 6 ou máis (non se poderá facer media se obtén nalgunha unha nota inferior ao 3), así como obter un mínimo de 4 puntos na proba mixta.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas; se o carácter da proba non o permite (presentación oral), deberá realizar outra actividade similar que será indicada pola profesora. O resto das condicións serán similares ás da primeira oportunidade.

O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras. 


Fontes de información
Bibliografía básica Teyssier, P. (2004). Comprendre les langues romanes. Du français à l'espagnol, au portugais, à l'italien et au roumain. Méthode d'intercompréhension. Paris: Chandeigne
Wartburg. W. von (1979). La fragmentación lingüística de la Romaniai. Madrid: Gredos
Posner, R. (1998). Las lenguas romances. Madrid: Cátedra
Wright, R. (1989). Latín tardío y romance temprano. Madrid: Gredos
Fradejas Rueda, J. M. (2010). Lenguas románicas. Madrid: Arco Libros
Gargallo, J. E. (1994). Les llengües romàniques. Barcelona: Empuries
Holtus, G., M. Metzeltin & Chr. Schmidt (eds.) (1986 ss.). Lexikon der Romanistischen Linguistik. Tübingen: Niemeyer
Tagliavini, C. (1973). Orígenes de las lenguas neolatinas. México: Fondo de Cultura Económica
Camprubi, M. (1999). Questions de linguistique romane contrastive: espagnol, catalan, français. Toulouse: Presses Universitaires du Mirail
Elcock, W. D. (1960). The Romance Languages. New York: Macmillan

Bibliografía complementaria

Irase proporcionando paulatinamente, xunto cos recursos en liña.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías