Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Galega Contemporánea 2 Código 613G02036
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia vaise centrar no coñecemento das principais etapas, movementos literarios e autores máis representativos da Literatura Galega do S.XX. Realizaremos unha lectura reflexiva dalgunhas obras ben significativas deste período, empregando os fundamentos metodolóxicos que nos permitan facer unha análise o máis produtivas posíbel

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introdución xeral á literatura galega do S. XX.


2.- As Irmandades da Fala e o Grupo Nós.


3.- A Xeración de vangarda (1925)


4.- A literatura de posguerra e o exilio.



5.- 1950-1975: A recuperación literaria.



6.- 1975-2000: narrativa, poesía e teatro.
1.1.- Cuestións metodolóxicas.
1.2.- Caracterización xeral. Periodización.

2.1.- R. Cabanillas: Da terra asoballada.
2.2.- R. Otero Pedrayo: Arredor de si.
2.3.- A.D.R.Castelao: Os dous de sempre.


3.1.- M. Antonio: De catro a catro
3.2.- Rafael Dieste: A fiestra baldeira.

4.1.- A. Iglesia Alvariño: Cómaros verdes.



5.1.- A. Cunqueiro: Se o vello Sinbad volvese ás illas.
5.2.- C. E. Ferreiro: Longa noite de pedra.
5.3.- E. Blanco Amor: Xente ao lonxe.

6.1.- Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias.
6.2.- Carlos Casares: O sol do verán.
6.3.- R. Vidal Bolaño: Agasallo de sombras.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 30 0 30
Obradoiro 24 0 24
Análise de fontes documentais 20 0 20
Lecturas 0 24 24
Sesión maxistral 42 0 42
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Darase resposta de forma pormenorizada a todas aquelas dúbidas e problemas que os alumnos presenten nas distintas sesións, tendo sempre presente os contidos que se expuxeron nas sesións maxistrais.
Obradoiro A combinación de diferentes aspectos formativos de carácter práctico (debates, lecturas, etc.) permitirán ao alumnado desenvolver con pericia tarefas relacionadas cos distintos contidos da materia.
Análise de fontes documentais Para un maior aproveitamento das aulas, os alumnos deberán completar as explicacións coa consulta de fontes bibliográficas e documentais que o profesor indicará puntualmente ao longo das distintas sesións.
Lecturas Cada alumno deberá realizar un número de lecturas obrigatorias que lle permitirán levar a cabo as distintas actividades desenvolvidas nas aulas: debates, comentarios de texto, etc
Sesión maxistral Consistirá en aulas expositivas arredor dos conceptos básicos da materia, tanto no ámbito dos contextos da obra literaria como dos autores máis representativos de cada época e da obra correspondente ao periodo de explicación

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Obradoiro
Análise de fontes documentais
Descrición
O profesor encargarase de recibir e asesorar a cada alumno en todas e cada unha daquelas cuestións que o alumno estime oportuno formularlle, e tratará en todo momento de facerlle as observacións, indicacións puntuais bibliográficas e outras cuestións que puideran ser da súa utilidade.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os coñecementos da materia serán avaliados por medio dunha proba obxectiva que terá lugar ao final do cuadrimestre que será valorada cun 80 % da nota total. 80
Obradoiro Os traballos realizados no obradoiro valoraranse cun 10 % da nota total 10
Análise de fontes documentais Teranse en conta as destrezas que o alumno demostre no manexo de fontes e documentos que no seu momento foron indicados co fin de facilitarlle unha mellor comprensión dos distintos temas e obras de lectura obrigatoria. 10
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica teñen que poñerse en contacto co profesor para fixar o traballo que deben realizar.

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de catro puntos sobre dez.


Fontes de información
Bibliografía básica Méndez Ferrín, X. L. (1984). De Pondal a Novoneyra. Vigo, Ed. Xerais
Tarrío, Anxo (coord.) (2000). Galicia. Literatura.VV. XXXIII-XXXIV. A Coruña, Hércules de Ediciones
AA.VV. (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo, A Nosa Terra
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Comtemporánea. Vigo, Ed. Xerais
AA. VV. (2001). Literatura galega S. XX. Vigo, A Nosa Terra
Tarrío, Anxo (1994). Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo, Ed. Xerais

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías