Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Teatro en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02047
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Tato Fontaiña, Laura
Correo electrónico
laura.tato@udc.es
Profesorado
Tato Fontaiña, Laura
Correo electrónico
laura.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras, autores e momentos relevantes e significativos da dramaturxia en lingua galega e portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. A17
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. A18
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A19
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. A20
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Sobre a posíbel exitencia dun teatro en galego-portugués. 1.1 Antes de Gil Vicente
1.2 Gil Vicente
2. O teatro na Idade Moderna 2.1 António Ferreira.
2.2 O século XVIII: O Judeu
2.3 O teatro de cordel

3. Idade Contemporánea I 3.1 Do Romantismo ao Naturalismo portugués.
3.2 O Naturalismo portugués como modelo para o teatro galego
3.3 Modernismo e Vangarda.
4. Idade Contemporánea II. Obras e autores. 4.1. Ramón Otero Pedrayo: A Lagarada
4.2. A.D. R. Castelao: Os vellos non deben de namorarse.
4.3 Nelson Rodriguez: Vestido de noiva.
4.3 Bernardo Santareno: O Judeu
4.4 Ariano Suassuna: Auto da compadecida.
4.5 Roberto Vidal Bolaño: As actas escuras.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 8 16 24
Proba oral 2 6 8
Obradoiro 25 6 31
Proba mixta 2 10 12
Sesión maxistral 15 20 35
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso
Proba oral Exposición oral, na aula, en que cada alumno/a realizará a análise e comentario dalgunha das obras de lectura obrigada.
Obradoiro Sesións de traballo na aula en que os estudantes realizarán diversos traballos: teatro lido, comentario de textos, discusión dirixidas...
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes....
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Descrición
Os alumnos poderán contar con axuda personalizada para a preparación da súa proba oral.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Esta proba, realizada na aula, estará baseada nunha das obras de lectura abrigatoria que será asignada a cada alumno/a na aula. 10
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes.... 40
Lecturas O control das lecturas será realizado nos obradoiros, a traves das discusións dirixidas 30
Obradoiro No desenvolvemento dos traballos nos obradoiros a profesora irá realizando a avaliación continua. 20
 
Observacións avaliación

Os/as alunmos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. Para substituír o "Obradoiro"  se lle asignará un traballo escrito. As datas e horas de realización desas probas poderán concertalas a través do correo electrónico.


Fontes de información
Bibliografía básica Tato Fontaíña, L (2000). "O teatro desde 1936", en Anxo Tarrío (coord.), Literatura Galega.. A Coruña: Hércules de Edicións
Prado, D. de Almeida (2003). História Concisa do Teatro Brasileiro. Sao Paulo: Edusp
Rebello, F. L. (1991). História do Teatro . Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda
Tato Fontaíña, L (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Barata, J. Oliveira (1989). História do Teatro Portugués. Lisboa: Universidade Aberta
Magaldi, Sábato (2001). Panorama do Teatro Brasileiro. Sao Paulo: Global Editora

Obras de lectura obrigada:

António Ferreira, Castro

Ramón Otero Pedrayo: A Lagarada

A.D. R. Castelao: Os vellos non deben de namorarse.

Nelson Rodriguez: Vestido de noiva.

Ariano Suassuna: Auto da compadecida.

Roberto Vidal Bolaño: As actas escuras

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías