Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingua Galega 1 Código 613G03002
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo descritivo e instrumental da lingua galega, así como na elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos e de calquera época.
Alén disto, preténdese potenciar no alumnado a capacidade comunicativa, o contraste de ideas e o pensamento crítico, fomentar a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo, e integrar o labor académico no noso contexto social e cultural.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textua A2
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Cuestións fonéticas e ortográficas 1.1. Fonética: vocalismo e consonantismo
1.2. Prosodia: fonética sintáctica, acento e entoación
1.3. Ortografía e ortoloxía: usos grafemáticos, acentuación e puntuación
2. Cuestións morfosintácticas 2.1. Clases de palabras: nome, pronome, verbo, adverbio, preposición e conxunción
2.2. Estruturas morfosintácticas: CD sen preposición a, verbos con suplemento, construcións comparativas, colocación dos clíticos...
2.3. Organización da cláusula e da oración. Coordinación, subordinación e bipolaridade. Orde directa e orde inversa
3. Cuestións léxico-semánticas 3.1. O léxico: constitución, degradación e rexeneración. Léxico xeral e léxico especializado
3.2. Renovación e enriquecemento do léxico: derivación, composición, neoloxía e préstamo
3.3. O significado. Relacións semánticas. Precisión léxico-semántica
4. Tipoloxía textual 4.1. O texto: definición e propiedades
4.2. Textos orais, escritos e electrónicos. Textos xurídico-administrativos, científicos, instrutivos, xornalísticos, publicitarios, literarios e conversacionais
4.3. Lingua literaria e estilo
5. Elaboración de textos 5.1. Análise, planificación e elaboración de textos
5.2. Revisión e presentación de textos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 18 18 36
Lecturas 0 10 10
Obradoiro 21 21 42
Solución de problemas 0 40 40
Presentación oral 2 4 6
Proba mixta 2 10 12
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema.
Lecturas O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística.
Obradoiro Nas sesións de grupo intermedio e reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicios estruturais, estudos de casos e solucións de problemas, análises e correccións de documentos orais e escritos, redaccións, debates, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia.
Solución de problemas Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas.
Presentación oral Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que desenvolver en grupo unha proba oral a partir das actividades orais realizadas nos obradoiros.
Proba mixta Realizarase unha PROBA ESCRITA final en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Presentación oral
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
O profesorado porá á disposición do alumado dunha atención personalizada coa finalidade de resolver dúbidas e de pautar o seguimento daquelas metodoloxías que o requiriren. Alén disto, o profesorado estará dispoñíbel no horario de atendemento e a través do correo electrónico co fin de resolver as dúbidas que foren aparecendo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a compentencia comunicativa escrita). 50
Presentación oral Na PRESENTACIÓN ORAL, froito dalgunhas sesións do Obradoiro, avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interación orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 5
Solución de problemas Nas ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
Estas actividades deberán entregarse nos días fixados (con antecedencia).
30
Obradoiro No OBRADOIRO avaliarase a participación, o traballo en grupo, a adecuación, coherencia e cohesión lingüística e de expresión (oral e escrita), así como o correcto desenvolvemento das diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS deseñadas nas aulas de grupo intermedio e reducido.
Algunhas destas actividades poderán ser recollidas para o seguimento e a avaliación destas aulas. En todo o caso, avisarase con antelación os días en que estas actividades teñan de ser entregadas ao profesorado.
15
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para
superar a materia, é preciso aprobar a
PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e as ACTIVIDADES PRÁCTICAS avaliábeis

do OBRADOIRO e SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (cun mínimo de 5 puntos sobre 10)

1.2. Todas
as probas e actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica etc.).

1.3. As
actividades prácticas entregaranse
unicamente na aula
, en papel, nos días fixados previamente polo
profesorado.

1.4. Aplicarase
unha penalización do
25%
sobre a cualificación final de actividades se estas foren
entregadas fóra de prazo sen causa xustificada. Así mesmo, se se detectar
plaxio, este levará consigo o suspenso da actividade.

1.5. Os/As
alumnos/as que non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na 2.ª
oportunidade
(xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe
seguinte.

2. CUALIFICACIÓN FINAL na
2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os/As
estudantes que suspenderen a PROBA
MIXTA ESCRITA
deberán facer outra proba do mesmo tipo que a da
1.ª oportunidade na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de
exames da Facultade para a 2.ª oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50% da cualificación
final e será preciso obter 5
puntos sobre 10 para aprobar
.

2.2. Os/As
estudantes que suspenderen as ACTIVIDADES
PRÁCTICAS avaliábeis
(que se corresponden con OBRADOIRO e SOLUCIÓN DE PROBLEMAS),
deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles encomendaren e
que constituirán o 45%
da cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará
públicas, xunto coas cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.). Así
mesmo, igual que na 1.ª oportunidade, o/a alumno/a deberá ter realizado e aprobado (con 5 puntos sobre 10)
todas as actividades
que foren solicitadas.

2.3. Os/As
estudantes que non acadaren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con
5 puntos sobre 10),
que supón o 5%
da cualificación final, terán que defendela de novo na 2.ª oportunidade. A
data, a hora e o lugar de realización desta proba oral comunicarase durante a
realización da PROBA MIXTA ESCRITA.

3. CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO

3.1. En cada
oportunidade de avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP)
se non se presentar á proba escrita e á presentación oral e, alén disto, se o
número de actividades avaliábeis presentadas for inferior ao 50%.

4. ALUMNADO A TEMPO
PARCIAL CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial
e con dispensa académica recoñecida
deberá pórse en contacto co
profesorado da materia no inicio do curso para planificar, en cada situación
concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades
presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).


Fontes de información
Bibliografía básica

Álvarez Blanco, Rosario / Xove, Xosé (2002): Gramática da lingua galega (Vigo: Xerais).

Carballeira Anllo, Xosé M.ª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua (Vigo: Xerais).

Cassany, Daniel (2008): La cocina de la escritura (Barcelona:Anagrama).

Freixeiro Mato, XoséRamón (2006 [2001]): Manual de Gramática galega (Vigo: A Nosa Terra).

Freixeiro Mato, XoséRamón (2009): Lingua de calidade (Vigo: Xerais).

Fuentes Rodríguez, Catalina (2011): Guía práctica de escritura y redacción (Madrid: Espasa).

Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (2012): O modelo lexical galego (Santiago de Compostela: Através Editora).

González Rei, Begoña (2004): Ortografía da lingua galega (A Coruña: Galinova).

Hermida, Avelino (2006): Manual de conxugación verbal da lingua galega (Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio).

Hermida Gulías, Carme (2004): Gramática práctica (Morfosintaxe) (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco).

López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011 [2010]): Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión (A Coruña: Baía Edicións).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 1. Comprensión oral (Vigo: Xerais).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 2. Expresión oral (Vigo: Xerais).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 3. Comprensión escrita (Vigo: Xerais).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 4. Expresión escrita (Vigo: Xerais).

Nascimento, Zacarias / Pinto, José Manuel de Castro (2006): A dinâmica da escrita – como escrever com êxito. 5.ª edição (Lisboa: Plátano Editora).

Navaza Blanco, Gonzalo (coord.) (2007): Dicionario Xerais castelán-galego de usos frases e expresións (Vigo: Xerais).

Pena, Xosé Ramón (coord.) (2005): Gran dicionario século XXI da lingua galega (Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio).

Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2005): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 20.ª edición (A Coruña: RAG / Santiago de Compostela: ILG). Tamén dispoñíbel en: http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/19499da0-6a97-4d15-aa91-fa7a36f5f2bd [Consulta: 01/07/2013].

Regueira,Xosé Luís (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega (A Coruña: Real Academia Galega). Tamén dispoñíbel en: http://ilg.usc.es/pronuncia/ [Consulta: 01/07/2013].

Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2012-): Dicionario da Real Academia Galega. Edición electrónica dispoñíbel en: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do [Consulta: 01/07/2013]. Cfr. APP para Android e iOS.

Ríos Noya, Marisol / Pita Rubido, María Luísa / Noguerol Gómez, Ramón José / Brozos Mera, Beatriz (2007): Manual de documentos administrativos (A Coruña: Universidade da Coruña). Tamén dispoñíbel en: http://www.udc.es/snl/documentospdf/manual_doc_udc.pdf [Consulta: 01/07/2013].

Rivas Cid, Xoán (coord.) (2010): Manual básico de documentación administrativa e xurídica (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / EGAP). Tamén dispoñíbel en: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/manualxuridico2010.pdf [Consulta: 01/07/2013].

Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012) [2006]: Sobre a calidade da nosa lingua. 3.ª edición (A Coruña: Universidade da Coruña). Tamén dispoñíbel en: http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf [Consulta: 01/07/2013].

Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012) [2006]: Criterios para o uso da lingua. 3.ª edición (A Coruña: Universidade da Coruña). Tamén dispoñíbel en: http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf [Consulta: 01/07/2013].

Serrano Serrano, Joaquín (2002): Guía práctica de redacción (Madrid: Anaya).

Bibliografía complementaria

Proporcionarase bibliografía complementaria e específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías