Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingüística Xeral Código 613G03004
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Morales Lopez, Esperanza
Vazquez Veiga, Nancy
Vincze , Orsolya
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
celso.alvarez.caccamo@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
nancy.vazquez.veiga@udc.es
orsolya.vincze@udc.es
Web
Descrición xeral Bases teóricas e metodolóxicas para o estudo e investigación da linguaxe e as linguas, e as súas aplicacións.
Esta materia proporciona os coñecementos e destrezas básicos para o seguimento de calquera outra materia de corte lingüístico, e é a única de todo o plan de estudos que ofrece un panorama global das diferentes formas de estudar e entender a linguaxe, e das distintas aplicacións deses coñecementos. Polo tanto, fornece ao estudante con habilidades básicas para o desenvolvemento de actividades profesionais relacionadas coa linguaxe e, en xeral, coa comunicación.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre o funcionamento da linguaxe e das linguas, tanto no que atingue á súa estrutura interna como nas súas dimensións cognitiva, social, aplicada, ...
Interpretar os textos científicos e divulgativos da lingüística, e relacionar os diferentes contidos tratados. Adquirir novo coñecemento a partir da súa lectura, integrándoo de maneira crítica.
Buscar e seleccionar información sobre a linguaxe e as linguas.
Utilizar diferentes metodoloxías e técnicas habituais no estudo da linguaxe.
Analizar a estrutura das linguas nos seus diferentes niveis.
Analizar a linguaxe nas súas dimensións cognitiva, social, psicolóxica, ...
Sintetizar, relacionar e elaborar xeneralizacións a partir dos datos dispoñibles, de forma selectiva, para a resolución de problemas lingüísticos.
Organizar e expor contidos relativos á linguaxe, as linguas e a comunicación de forma organizada e argumentada, seguindo as pautas aceptadas no campo.
Utilizar modos argumentativos e formas de traballo característicos da ciencia lingüística.
Analizar e comentar textos e discursos utilizando apropiadamente as técnicas de análise.
Traballar cooperativamente na resolución de problemas de carácter lingüístico.
Afrontar sen prexuízos os novos coñecementos sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística, así como as novas perspectivas e métodos.
Seguir e integrar sen prexuízos os avances doutras disciplinas que axuden ao progreso da lingüística, tanto na súa dimensión teórica como na aplicada.
Contribuír ao desenvolvemento científico e social aplicando as competencias adquiridas.

Contidos
Temas Subtemas
1. A natureza da linguaxe e a lingüística. 1.1. Características xerais da linguaxe.
1.2. Linguaxe, lingua, fala.
1.3. Competencia(s) e actuación.
1.4. As dimensións estrutural, social e cognitiva da linguaxe e as linguas.
1.5. Como estudar a linguaxe.
2. A comunicación. 2.1. Definición, elementos e procesos da comunicación.
2.2. Sistemas de comunicación: linguaxe humana e linguaxes dos animais.
2.3. As orixes da linguaxe e das linguas.
2.4. Modos de comunicarse/canais de comunicación: a oralidade, a escrita, a dactilografía; linguas xestuais e tactis.
3. Linguaxe, mente e cerebro. 3.1. Conceptos básicos. A psicolingüística e a neurolingüística.
3.2. Lateralización e localización da linguaxe.
3.3. Patoloxías lingüísticas.
3.4. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe das linguas.
4. Os sons das linguas. 4.1. Son lingüístico, fonema e alófono. A fonética e a fonoloxía.
4.2. Fonación, articulación e acústica dos sons lingüísticos.
4.3. Representación gráfica e clasificación dos sons lingüísticos.
4.4. Métodos de análise e estudo do son lingüístico.
4.5. Trazos suprasegmentais: melodía, ton e entoación.
4.6. Os sistemas fonolóxicos.
5. Da palabra ao discurso. 5.1. A forma das palabras. A morfoloxía. 5.1.1. Estrutura interna e clasificación das palabras. 5.1.2. A análise morfolóxica e as súas unidades: morfema e palabra. 5.1.3. Procesos de formación de palabras. Flexión, derivación, ...
5.2. A estrutura da oración. A sintaxe. 5.2.1. As relacións sintácticas: constituíntes e dependencia. 5.2.2. Funcións sintácticas. 5.2.3. Unidades sintácticas. 5.2.4. Os estratos sintáctico, semántico e informativo. 5.2.5. Discurso: cohesión e coherencia.
6. O significado. 6.1. O significado lingüístico. A semántica. 6.1.1. Tipos de significado. 6.1.2. O significado e o léxico: análise compoñencial e relacións semánticas. 6.1.3. O significado e a oración: proposición, significado comunicativo e relacións semánticas.
6.2. Significado, intención e contexto; a interpretación. A pragmática. 6.2.1. Deíxe. 6.2.2. Presuposición. Inferencia. 6.2.3. Principio de cooperación: implicaturas conversacionais. Relevancia. 6.2.4. Actos de fala. 6.2.5. O significado social: cortesía e imaxe. 6.2.6. A conversa e outros formas dialogais.
7. Unidade e diversidade das linguas. 7.1. Lingua e sociedade. A sociolingüística. 7.1.1. Conceptos básicos. 7.1.2. Variación sincrónica e lingua estándar. 7.1.3. A variación lingüística no tempo: o cambio lingüístico. 7.1.4. O contacto de linguas. 7.1.5. Lingua e cultura: o relativismo lingüístico.
7.2. Universais e tipoloxía lingüística. 7.2.1. Clasificación das linguas. 7.2.2. Universais lingüísticos.
8. Aplicacións da lingüística. 8.1. Para que serve a lingüística?
8.2. A lingüística noutros campos científicos: o desenvolvemento científico e tecnolóxico.
8.3. Lingüística e desenvolvemento social.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 27 27
Obradoiro 13 0 13
Proba mixta 2 20 22
Seminario 12 3 15
Sesión maxistral 37 5 42
Traballos tutelados 10 20 30
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas As lecturas proporcionaranlle ao estudante a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Obradoiro Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise de xeito contrastivo de propostas de diferentes autores ou momentos históricos, todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias.
Proba mixta A metade a ao final do curso os alumnos deberán realizar unha proba de tipo teórico e aplicado, con preguntas de resposta aberta e/ou pechada, que suporá o 45% da cualificación final.
Seminario Constituirá un método habitual de traballo, principalmente nas aulas de grupo mediano e reducido: o profesor plantexará algún tema (ben por iniciativa del, ben pola dos alumnos) sobre o que se traballará, debatirá e elaborarán conclusións, utilizando materiais aportados polo profesor ou buscados polos estudantes e, sobre todo, utilizando a reflexión individualizada e grupal e a posta en común.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral de 90 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do profesor, consistirán na exposición por parte deste dalgúns contidos seleccionados ben por iniciativa propia ou a proposta dos estudantes, xa sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, corrixilos ou tratar outros completamente novos.
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor e, cando este o determinar, sendo controlado o seu traballo cando menos en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo, ...) O obxectivo é que o estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias da área de coñecemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Lecturas
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada será unha constante nas sesións de grupo reducido e tamén nas titorías individuais.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s 45
Traballos tutelados O estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso 45
Obradoiro Comprende todas as actividades desenvolvidas na aula nas que se terá en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso 10
 
Observacións avaliación

Observacións:


1. A CUALIFICACIÓN FINAL de xaneiro responderá ao seguinte reparto porcentual:


1.1. Un 45% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA. No mes de novembro celebrarase unha proba parcial escrita liberatoria da materia: quen a supere, non deberá examinarse deses contidos no exame oficial de xaneiro.


1.2. Un 45% obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas.


1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Fasold, R. e Connor-Linton, J. (eds.) (2006). An introduction to language and linguistics. Cambridge: Cambridge U.P.
Martínez Celdrán, E. (1995). Bases para el estudio del lenguaje. Barcelona: Octaedro
O'Grady, W., Dobrovolsky, M. y Katamba, F. (1997). Contemporary linguistics. An introduction. London: Longman
Moreno Cabrera, J. C. (2000). Curso universitario de lingüística general. Madrid: Síntesis
Yule, G. (2007). El lenguaje. Madrid: Akal
Martín Vide, C. (ed.) (1996). Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro
Simone, R. (1993 [1990]). Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel
Tusón Valls, J. (2007). Introducción al lenguaje. Barcelona: UOC
Escandell Vidal, V. e outros (2011). Invitación a la lingüística. Madrid: UNED
Fromkin, V. (ed.) (2000). Linguistics: An introduction to linguistic theory. Oxford: Blackwell
López García, Á. e outros (1994). Lingüística general y aplicada. Valencia: Univ. de València
Ramallo, F. e outros (eds.) (2000). Manual das ciencias da linguaxe. Vigo: Ed. Xerais
Bernárdez, E. (2000). ¿Qué son las lenguas?. Madrid: Alianza

Non se recollen nesta bibliografía as lecturas obrigatorias de curso, que se entregan á parte; no espazo Moodle da materia atopará recursos na internet e outras suxestións que lle permitirán ampliar os seus coñecementos.

Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Alcaraz Varó, Enrique & Mª Antonia Martínez Linares (20042). Diccionario de lingüística moderna (= Ariel Referencia). Barcelona: Ariel. (***)

Brown, Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics; 14 vols. Amsterdam & Boston, MA: Elsevier. (*)

Crystal, David (2000). Diccionario de lingüística y fonética (= Universidad Textos). Barcelona: Octaedro. [Orix. en inglés: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. Oxford: Blackwell, 19974. Hai unha nova edición revisada en inglés: 20086.] (***)

Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus. [Orixinal en inglés: 1987.] (***)

Crystal, David (20103). The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

Moreno Cabrera, Juan Carlos (1998). Diccionario de lingüística neológico y multilingüe. Madrid: Síntesis.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas (= Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica; 23). Madrid: Castalia.

Trask, R. L. (1997). A Student’s Dictionary of Language and Linguistics. London: Arnold. (*)

Bibliografía complementaria

Outros manuais e obras introdutorias

Alonso-Cortés, Ángel (2002). Lingüística. Madrid: Cátedra.

Alvar, Manuel (ed.) (2001). Introducción a la lingüística española. Barcelona: Ariel.

Bernárdez, Enrique (2008). El lenguaje como cultura. Una crítica del discurso sobre el lenguaje. Madrid: Alianza Editorial.

Fischer, Steven Roger (2003). Breve historia del lenguaje (= Humanidades; 4750). Madrid: Alianza [orix. inglés: 1999.]

Fromkin, Victoria & Robert Rodman (1993 [1988]). Introdução à Linguagem. Coimbra: Livraria Almadina.

Hudson, Grover (2000). Essential Introductory Linguistics. Oxford: Blackwell.

Isac, Daniela & Charles Reiss (2008). I-Language: An Introduction to Linguistics as Cognitive Science (= Oxford Core Linguistics). Oxford: Oxford University Press.

López García, Ángel & Beatriz Gallardo Paúls (eds.) (2005). Conocimiento y lenguaje (= Educació. Materials; 80). València: Universitat de València.

Martínez Celdrán, Eugenio (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson.

McCabe, Anne (2011). An Introduction to Linguistics and Language Studies. London: Equinox Publishing.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.

Radford, Andrew et alii (2000). Introducción a la lingüística. Madrid: Cambridge University Press, 2000 [orix.: Linguistics: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press, 1999. Hai unha segunda edición en inglés de 2009.]


Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Asher, R. E. & Christopher Moseley (eds.) (20062). Atlas of the World's Languages. London: Routledge.

Breton, Roland. (2003). Atlas des langues du monde: Une pluralité fragile (= Collection Mini-Atlas). Paris: Éditons Autrement.

Bright, William (ed.) (1992). International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press.

Cardona, Giorgio Raimondo (1991 [1988]). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel.

Comrie, Bernard, Stephen Matthews & Maria Polinsky (eds.) (2010). The Atlas of Languages: The Origin and Development of Languages Throughout the World (= Facts on File Library of Language and Literature Series). London: Quarto Publishing. [Hai versión en portugués da edición de 1996 en inglés: O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa, 2001.]

Ducrot, O. & T. Todorov (1998). Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Pamplona: Arrecife.

Garry, Jane & Carl Rubino (eds.) (2001). Facts About the World's Languages: An Encyclopedia of the World’s Major Languages, Past and Present. New York & Dublin: New England Publishing.

Junyent, Carme & Cristina Muncunill (2010). El libro de las lenguas (= Colección bolsillo). Barcelona: Octaedro.

Lázaro Carreter, Fernando (1953). Diccionario de términos filológicos. Madrid: Gredos.

Price, Glanville (ed.) (2001). Enciclopedia de las lenguas de Europa. Madrid: Gredos [orix. inglés: 1998.]

Richards, Jack C., John Platt & Heidi Platt (1997). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel. [Orix. en inglés: 19922.]

Störig, Hans Joachim (19902). A aventura das lïnguas: Uma viagem através da História dos idiomas do mundo. São Paulo: Melhoramentos [orix. alemán: 1987.]

Tusón, Jesús (ed.) (2000). Diccionari de lingüística. Barcelona: Biblograf.

Xavier, M. F. & M. H. Mateus (eds.) (1992). Dicionário de termos lingüísticos. Lisboa: Cosmos.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndaselle ao estudante que lea atentamente esta guía docente. Nela atoparás resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso, pero podes acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Particulamente, debes prestar especial atención ao seguinte:

1. Realiza puntualmente as lecturas e actividades encomendadas; debes entragalas no día fixado.

2. O plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible.

3. Nas exposicións escritas, se debe ter moi en conta a corrección ortográfica e o estilo. De non ser así, reflectirase negativamente nas cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías