Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingua e Cultura Clásica Código 613G03006
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da lingua, da literatura e doutros aspectos da cultura latina da Antigüidade, con especial atención ao seu legado na civilización occidental

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria A1
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos A2
Coñecer a historia da literatura latina A13
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa perviviencia na civilización occidental A13
B8
Sintetizar e valorar críticamente información especializada A11
B7
C6
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de procura de información A11
B1
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas A14
B5
C4
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Apreciar a diversidade B8

Contidos
Temas Subtemas
1 Instrumentos para o estudo da civilización latina e o seu legado 1.1 Principais recursos bibliográficos para o estudo do mundo antigo e da lingua e a literatura latina
1.2 Outros recursos dispoñibles na web
2 Morfoloxía nominal da lingua latina 2.1 A flexión dos substantivos
2.2 A flexión dos adxectivos
2.3 A flexión dos pronomes
2.5 A transmisión manuscrita e impresa
3 Morfoloxía verbal da lingua latina 3.1 As formas do tema de presente
3.2 As formas do tempo de pasado
3.3 Infinitivos, xerundio e participios
4. Sintaxe da lingua latina I: a oración simple e a oración de relativo 4.1 Funcións e usos dos casos
4.2 Sintagmas preposicionais
4.3 As oracións de relativo
5 Sintaxe da lingua latina II: a oración subordinada subordinada 5.1 As oracións de infinitivo (AcI)
5.2 As oracións subordinadas substantivas
5.3 As oracións subordinadas adverbiais: causais, consecutivas, finais, concesivas e condicionais
6 Concepto e periodización da literatura latina 6.1 Concepto e usos da literatura no Mundo Antigo
6.2 Particularidades dos sistemas literarios da Antigüidade: oralidade e escritura; literatura, vida social e educación
6.3 Etapas da literatura latina
6.4 A transmisión manuscrita e impresa
7 Descrición xeral dos xéneros literarios poéticos na literatura latina 7.1 Poesía épica
7.2 Poesía dramática
7.3 Poesía didáctica
7.4 Xéneros da poesía persoal: lírica, iambo, elexía, epigrama, sátira, bucólica
8 A poesía épica en Roma 8.1 Existiu en Roma unha épica oral?
8.2 O poema histórico romano
8.3 O cultivo do epilion en Roma
8.4 Breve introdución á Eneida
8.5 A épica romana despois de Virxilio
9 Análise literaria da Eneida: aspectos de contido 9.1 A materia de Troia na Eneida
9.2 A protohistoria de Italia na Eneida
9.3 O discurso histórico da Eneida
9.4 As prácticas relixiosas na Eneida
10 Análise literaria da Eneida: aspectos formais 10.1 A caracterización dos personaxes
10.2 As técnicas narrativas
10.3 A elocución épica
10.4 O estilo virxiliano

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 20 38 58
Lecturas 0 20 20
Proba obxectiva 2 10 12
Sesión maxistral 22 0 22
Traballos tutelados 0 36 36
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Exercicios de análise e comentario lingüístico e literario de textos latinos. Estes exercicios levaranse a cabo maioritariamente nas sesións prácticas
Lecturas A lectura por conta do estudante da Eneida de Virxilio terá carácter obrigatorio e será avaliado mediante un control de lectura específico. Na aula darase lectura pública a textos diversos ao longo dalgunhas das sesións prácticas
Proba obxectiva Os estudantes farán un exercicio práctico a metade do cuatrimestre sobre as cuestións desenvolvidas nos cinco primeiros temas, e un segundo exercicio teórico a final de curso sobre as cuestións correspondentes aos cinco últimos temas.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de presentacións en formato power-point e documentación adicional en formato impreso ou dixital (en especial, recursos web)
Traballos tutelados O estudante elaborará por conta propia, baixo a supervisión do profesor, un traballo individual de análise literaria a propósito da Eneida

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
O estudante asistirá a titorías individuais concertadas a fin de que o profesor supervise a planificación e o desenvolvemento do traballo tutelado e das actividades de análise de fontes documentais

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. 20
Lecturas O estudante dará conta do aproveitamento das lecturas obrigatorias por medio de exercicios específicos de control de lectura. 10
Proba obxectiva Probas escritas individuais de carácter práctico e teórico, que se efectuarán, respectivamente, a metade e a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 en cada unha destas probas para poder facer media cos demais conceptos. 50
Traballos tutelados Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non se presentasen en tempo e forma.


O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas.


O estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación correspondente a estas será compensado na baremación das probas obxectivas, que pasarán do 50% ao 70%.


Fontes de información
Bibliografía básica Leighton D. Reynolds e Nigel G. Wilson (1986). Copistas y filólogos. Madrid. Gredos
Virgilio (2008). Eneida. RBA editores
George Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Atenea
Carmen Codoñer Medrino (1997). Historia de la literatura latina. Madrid. Cátedra
Michael Von Albrecht (1992/1997). Historia de la literatura romana I-II. Barcelona. Herder
J. Molina Yévenes (1993). Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. Barcelona
Tomás González Rolán e Lisardo Rubio (1985). Nueva gramática latina. Madrid
Lisardo Rubio (1995). Nueva sintaxis latina simplificada. Madrid. Ediciones clásicas
J.M. Baños Baños (2009). Sintaxis del latín clásico. Madrid. Liceus
Hugo Francisco Bauzá (2008). Virgilio y su tiempo. Madrid. Akal
Anne Marie Guillemin (1982). Virgilio: poeta, artista y pensador. Barcelona. Paidos

Recursos web

Xerais

Bibliotheca Augustana: bibilotheca latina / bibliotheca graeca

http://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html#la

The Latin Library

http://www.thelatinlibrary.com/index.html

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Internet Ancient History Sourcebook: Rome

http://www.fordham.edu/halsall/ancient/asbook09.html

Analecta Malacitana

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm 

Estudos clásicos e Galicia: Bibliografía

http://www.usc.es/latgrind/clasicosgalicia.htm

Sobre Virxilio

Virgil.org

 http://www.virgil.org/

The Virgil Project

http://vergil.classics.upenn.edu/

Vergil: Some Links to Online Resources

http://www.unc.edu/~oharaj/VergilLinks.html

Sobre a Eneida

Tradución castelá da Eneida

http://www.ofs-rgb2.com.ar/formacion/Sitioinfo/Lit/Otr/en.htm

Traducións inglesa da Eneida

http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=722084 (Dryden)

http://www.bibliomania.com/0/2/173/1106/frameset.html

A Eneida na Wikipedia

http://en.wikipedia.org/wiki/Aeneid

http://es.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://gl.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://pt.wikipedia.org/wiki/Eneida

Sobre a iconografía da Eneida

http://www.ac-nancy-metz.fr/enseign/Lettres/LanguesAnciennes/Textes/Virgile/Didon.htm (Arquivo de imaxes sobre a Eneida)

http://www.hs-augsburg.de/~harsch/Chronologia/Lsante01/Vergilius/ver_aeim.html

(Bibliotheca Augustana: miniaturas do Virxilio Vaticano)

Bibliografía complementaria Juan Signes Codoñer (2005). Antiquae lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Francesa. Madrid. Cátedra
M.C. Howatson (1991). Diccionario de la literatura clásica. Madrid. Alianza
Pierre Grimal (1965). Diccionario de mitología griega y romana. Barcelona. Paidós
Richard Jenkyns (1995). El legado de Roma. Una nueva valoración. Barcelona. Crítica
Rudolf Pfeiffer (1981). Historia de la Filología Clásica I-II. Madrid. Gredos
E.J. Kenney – W.V. Clausen (1989-1990). Historia de la literatura clásica, pp. 372-410. Madrid. Gredos
George A. Kennedy (2003). La retórica clásica y su tradición cristiana y secular. Logroño. Instituto de Estudios Riojanos
Gilbert Highet (1978). La tradición clásica I-II. México. FCE
Luis Alfonso Hernández Miguel (2008). La tradición clásica. La transmisión de las literaturas griega y latina antiguas y su recepción en las vernáculas occidentales. Madrid. Liceus
Guy Serbat (1994). Les structures du latin. Paris. Paris
Giuglielmo Cavallo e outros (1989/1991). Lo spazio letterario di Roma antica (5 vols.). Roma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías