Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Tecnoloxías da Información e da Comunicación Código 613G03007
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
López Rodríguez, Juan Ramon
Correo electrónico
juan.ramon.lopez@udc.es
Profesorado
Álvarez García, Sandra
Ladra González, Susana
López Rodríguez, Juan Ramon
Ortega Hortas, Marcos
Correo electrónico
salvarezg@udc.es
susana.ladra@udc.es
juan.ramon.lopez@udc.es
m.ortega@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende dar a coñecer aos/ás estudantes as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información es as comunicacións (TIC) no eido dos estudos lingüísticos e literarios; así como axudarlles a desenvolver un conxunto elemental de competencias - de carácter eminentemente práctico - como base para o uso de todo tipo de ferramentas TIC.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as posibilidades tecnolóxicas actuais e as súas posibilidades, en relación cos estudos lingüísticos e literarios B1
B2
B3
B4
C3
C6
C8
Coñecer e utilizar ferramentas para o tratamento e busca de información B1
Coñecer e utilizar ferramentas de producción, xestión e exposición de contidos B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de presentacións e difusión de contidos multimedia B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas de traballo colaborativo e as súas posibilidades B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario A1
B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de aplicacións didácticas B2
B3
B4
C3
C7
C8
Aprender a adaptarse a cambios e innovacións tecnolóxicas B2
B3
B4
B5
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. As tecnoloxías contemporáneas e os estudos lingüísticos e literarios 1.1 Conceptos básicos de informática. Computadores. Hardware. Software. Redes. Internet.
1.2 Representación da información multimedia
1.3 Aplicacións das TIC aos estudos lingüísticos e literarios
2. Ferramentas para o tratamento e busca de información na sociedade do coñecemento 2.1 Linguaxes e estándares: HTML, XML
2.2 Recuperación de información
2.3 Ferramentas de tratamento e busca de información
3. Multimedia. Imaxe, video, son. Produción e distribución. 3.1 Representación de imaxe, vídeo e son
3.2 Xeración de contidos multimedia
3.3 RSS.
4. Ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario 4.1 Introdución aos Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD)
4.2 Bases de datos documentais. Linguaxes de consulta sobre BDs documentais
5. Ferramentas básicas de produción, xestión e exposición de contidos 5.1 Procesadores de texto
5.2 Aplicacións de presentación
6. Ferramentas de traballo colaborativo 6.1 Web 2.0
6.2 Blogs e wikis
6.3 Ofimática en web
7. Didáctica 7.1 Aplicacións didácticas. Estándares e-learning
7.2 Exercicios interactivos. Autoaprendizaxe.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 30 45
Seminario 6 12 18
Traballos tutelados 7 21 28
Prácticas a través de TIC 13 39 52
Aprendizaxe colaborativa 1 2 3
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte dos docentes e en aula convencional, de conceptos teóricos necesarios para a realización do resto de actividades da materia
Seminario Exposición, por parte dos docentes, de contidos eminentemente prácticos nunha aula convencional, incluíndo demostracións do uso de ferramentas TIC
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes
Prácticas a través de TIC Realización de pequenas actividades na aula informática, para a adquisición de competencias no uso de diferentes ferramentas TIC
Aprendizaxe colaborativa Estudo de aplicacións de traballo colaborativo, fundamentalmente a través do uso das propias ferramentas
Proba mixta Realización dunha proba escrita para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Seminario
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Asistencia a pé de aula durante a realización das actividades propostas.
Resolución de dúbidas en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Actividades curtas a desenvolver na aula informatizada. Cada semana será proposta unha nova actividade. As actividades realizadas serán utilizadas para valorar a participación dos/das estudantes. 10
Traballos tutelados Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes 40
Proba mixta Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:

  • O
    50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita
    teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do
    curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nesta proba escrita
    para superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global da materia
    non será superior a un 4,9.
  • O 40% da nota global da materia
    corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos
    ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática. O
    enunciado dos traballos será publicado no campus virtual da UDC.
  • O
    10% da nota global da materia corresponderá á participación en
    actividades prácticas na aula de informática. Cada semana será proposta
    unha nova actividade para resolver durante a hora correspondente ao
    grupo mediano. A cualificación final neste apartado virá dada polo
    número de actividades realizadas e a súa corrección.

OBSERVACIÓNS:

  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE
aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira
oportunidade

A segunda oportunidade constará de tres partes:

  • Proba
    escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba
    teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2
    (sobre 5) nesta proba escrita para
    superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global que se poderá
    alcanzar na materia non será superior a un 4,9.
  • Proba escrita práctica (10% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
  • Dous
    traballos prácticos (40% da nota final) para recuperar a nota dos
    traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos
    docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar
    dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC
    logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira
    oportunidade.

OBSERVACIÓNS:

  • Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
  • Se
    un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
    tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa
    parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 2 na proba escrita
    teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda
    oportunidade para aprobar a materia.
  • Terá cualificación de NON
    PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das tres partes

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes  con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso de actividades que requiran dun equipamento específico, se lles facilitará, dentro do posible, unha alternativa viable se a solicitan.


Fontes de información
Bibliografía básica Ribagorda, A., García, A., García, F., Ramos, B. (1999). Informática para la empresa y técnicas de programación. Centro de Estudios Ramón Areces (Madrid)
Fernández Pérez-Sanjulián, C.; Saavedra Places, A. (2004). As bibliotecas dixitais. Laiovento
Prieto Espinosa, A.; Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw-Hill
Abiteboul, Serge; Buneman, Peter; Suciu, Dan (2000). Data on the Web: from relations to semistructured Data and XML. Morgan Kaufmann Publishers
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos, 5ª Edición. Addison-Wesley
Peña, Rosalía; Baeza-Yates, Ricardo; Rodríguez, José V. (2002). Gestión digital de la información. De bits a bibliotecas digitales y la web. Ra-Ma (Madrid)
Dans Álvarez de Sotomayor, Pedro (2010). Guía práctica. Internet. Edición 2010. Anaya Multimedia
Prieto Espinosa, A.; Lloris Ruiz, A.; Torres Cantero (2006). Introducción a la Informática. McGraw Hill
Marchal, Benoit (2001). XML con ejemplos. Pearson Educación

Bibliografía complementaria De Miguel, A.; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M.; Cuadra, D.; Iglesias, A.M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Ra-Ma
(). Dokuwiki en español. http://www.dokuwiki.org/es:dokuwiki
Abaitua, J. (). Edición y publicación electrónica. http://paginaspersonales.deusto.es/abaitua/konzeptu/ht.htm
(). Ferramenta de validación de DTDs. http://www.validome.org/grammar/
(). Ferramenta de validación de XML con DTD . http://www.stg.brown.edu/service/xmlvalid/
(). Ferramenta para comprobar se un documento XML está ben formado. http://www.xml.com/pub/a/tools/ruwf/check.html
Blecua, José Manuel (et al. eds.) (1999). Filología e informática. Nuevas tecnologías en los estudios filológicos. Milenio e Universitade Autónoma de Barcelona
(). Google Docs. http://docs.google.com/
Powell, Thomas A. (2001). HTML 4: manual de referencia. McGraw-Hill
(1999). Informix Excalibur Text Search DataBlade Module - User's Guide. Informix Press
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson Educación
Holzner, Steven (2007). Los secretos de RSS. Anaya Multimedia
(). Manuales de Moodle. http://docs.moodle.org/es/Manuales_de_Moodle
Delgado Cabrera, J.M. (2007). Microsoft Office 2007. Anaya Multimedia
Baeza-Yates, R.; Ribeiro-Neto, B (1999). Modern information retrieval. Addison-Wesley and ACM Press
(). Páxina oficial de BSCW. http://public.bscw.de/
Tenorio, Iván (2008). Podcast : manual del podcaster . Marcombo
Martí Antonin, M.A. (coord.) (2003). Tecnologías del lenguaje. UOC
Austerberry, David (2005). The technology of video and audio streaming. Elsevier Science
Nafría, I. (2008). Web 2.0 : el usuario, el nuevo rey de internet. Gestión 2000
(). Webquest.org. http://www.webquest.org/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías