Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Española Código 613G03011
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Yagüe Lopez, Pilar
Correo electrónico
pilar.yague.lopez@udc.es
Profesorado
Caamaño Rojo, María José
Caparros Esperante, Luis
Yagüe Lopez, Pilar
Correo electrónico
maria.caamano.rojo@udc.es
luis.caparros@udc.es
pilar.yague.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Introducción á Historia da Literatura Española a través dos seus principais autores e obras.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os principais autores e obras da Literatura española e valorar criticamente as súas producións. A7
A10
A18
Traballar de forma autónoma con iniciativa. B3
B4
B6
Capacidade de análise e síntese. A11
Coñecemento dos métodos e técnicas de análise literaria. A1
A2
Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesrias para o exercicio da súa profesión e a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Capacidade para interrelacionar os distintos aspectos da Filoloxía. A9
B5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos. B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución metodolóxica

Ferramentas e métodos para o estudo da Historia da literatura.
2. Idade Media 2.1. Introdución.
2.2. A época, a través da lírica.
2.2. La Celestina.
3. Séculos de Ouro

3.1. Introdución
3.2. Sensibilidade e sentimentalidade do XVI a través da lírica.
3.3. A construción da novela moderna: El Quijote.
3.4. A comedia áurea en La noche de San Juan, de Lope de Vega.
4. Da Ilustración ao Naturalismo
4.1. Introdución.
4.2. Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores da Ilustración.
4.3 Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores do Romanticismo e do Realismo-Naturalismo.
5. Do Modernismo á actualidade 5. 1. Introdución.
5. 2. Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores dos séculos XX e XXI.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 4 40 44
Actividades iniciais 2 0 2
Sesión maxistral 30 0 30
Aprendizaxe colaborativa 10 10 20
Obradoiro 22 22 44
Lecturas 0 80 80
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Na data oficial os estudantes deberán realizar unha proba obxectiva na que demostren os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Actividades iniciais Farase unha proba inicial para determinar o nivel do alumnado na materia e comprobar o punto de partida para iniciar as explicacións.
Sesión maxistral Impartiranse nas sesións comúns de carácter expositivo. O profesor presentará os temas e desenvolverá os apartados que se consideren de especial dificultade.
Aprendizaxe colaborativa Nas clases interactivas traballarase con textos de lectura obrigatoria e faranse os controis de lectura pertinentes. Ao final de cada cuadrimestre realizarase nas aulas un control de lectura avaliable.
Obradoiro Nas titorías en grupo reducido desenvolveranse comentarios de textos das lecturas. O/A estudante deberá seleccionar dous textos (un por cuadrimestre) para elaborar un comentario por escrito que se realizará nas aulas e será avaliado.
Lecturas O/A estudante terá que realizar ao longo do curso as lecturas obrigatorias que se especifican no programa. É preciso que as lecturas se realicen previamente á explicación do tema para o correcto aproveitamento das explicacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
O/A profesor/a facilitará a bibliografía específica que considere oportuna e as orientacións pertinentes en cada caso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Terase en conta a participación de cada estudante nas aulas, onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. 20
Proba obxectiva Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas pertinentes. 50
Obradoiro Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas un comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como traballo que recolla o aprendido ao longo do curso. 30
 
Observacións avaliación

  As porcentaxes non son reais. Por esixencias do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba só son orientativas. Lea atentamente a información ao respecto que segue.
A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:
1. Un 50% obterase pola proba obxectiva escrita que cada estudante realizará ao rematar a materia e nas datas, horas e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro.

Moi importante: deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10nesta proba escrita para poder superar a materia

. Isto supón que terá que compensar a cualificación co outro 50% até chegar ao 5 de media, necesario para aprobar. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida
2. Un 40% obterase da realización de actividades ou tarefas ao longo do curso. Un 20% corresponderá á realización de dous comentarios por escrito que se farán nas aulas, ao remate de cada cuadrimestre. Outro 20% será para dous controis de lectura que se farán igualmente ao remate dos cuadrimestres, por escrito, nas aulas, coas lecturas respectivas feitas en cada un deles. As datas de realización das probas serán fixadas e comunicadas con suficiente antelación.
3. Un 10% responderá á asistencia, participación e desempeño do/a estudante no decorrer do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual de cada estudante, mais tamén -e moi especialmente- a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e compañeiras e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e co traballo en grupo.
4. Á hora de establecer a cualificación final en cada unha das dúas oportunidades existentes (xuño e xullo), computaranse a proba obxectiva pertinente, as actividades feitas ao longo do curso máis a asistencia e a participación.
5. O alumnado que teña suspensas ou non realizadas as actividades avaliables, na segunda oportunidade de xullo terán que facelo na data indicada para a proba obxectiva, que contará cunha parte que as inclúa. Nestes casos, manteranse as cualificacións das actividades xa superadas.
6. O alumnado a tempo parcial, con dispensa académica recoñecida, fará as actividades que os profesores determinen en cada caso.
7. Será indispensable a corrección ortográfica, de redacción e de presentación. Tres faltas de ortografía supoñen a penalización de 1 punto en cada actividade avaliable. Do mesmo xeito, unha redacción ou presentación confusa pode tamén penalizarse.
8. No caso de estudantes estranxeiros será indispensable para seguir a materia teren un dominio razoable da lingua española, tanto na súa expresión oral coma escrita, equivalente a un nivel B2.
9. MOI IMPORTANTE. De acordo coa Normativa académica, o alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda ao exame. Polo tanto, recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) aquelas persoas que non se presentaren a ningunha das probas escritas oficiais.


Fontes de información
Bibliografía básica

OBRAS DE LECTURA OBRIGATORIA:

Idade Media

1. Selección de textos medievais, facilitada polo profesor.

2. Fernando de Rojas, La Celestina, ed. de P. E. Russell, Madrid: Castalia, 1991; ed. D. S. Severin, Madrid: Cátedra; ed. de J. C. Conde y M. Haro, Madrid: Castalia didáctica, 2001; ed. F. J. Lobera e outros, Madrid: Real Academia Española (Biblioteca Clásica), 2011.

Século XVI

3. Selección de textos do XVI, facilitada polo profesor.

Século XVII

4. Miguel de Cervantes, capítulo de Don Quijote de la Mancha, ed. en liña do Instituto Cervantes, dir por F. Rico, <http://cvc.cervantes.es/literatura/clasicos/quijote/>; ed. F. Rico, Barcelona: Crítica, 1998 (e reedicións).

5. Selección de textos do XVII, facilitada polo profesor.

6. Lope de Vega, La noche de San Juan, ed. Anita K. Stoll, Kassel: Reichenberger (Ediciones críticas, 16), 1988; versión electrónica do texto: <http://www.edu.mec.gub.uy/biblioteca_digital/libros/L/Lope%20de%20Vega%20-%20Noche%20de%20San%20Juan.pdf>; ed. Cervantes Virtual: <http://bib.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=12209&portal=49>.

Século XVIII

7. Leandro Fernández de Moratín, El sí de las niñas, ed. de J. Pérez Magallón, Barcelona: Crítica, 1994.

Século XIX

8. Selección de poemas de Espronceda e Bécquer, facilitada pola profesora.

9. Ángel Saavedra, Duque de Rivas, Don Álvaro o la fuerza del sino, ed. de M. A. Lama, Barcelona: Crítica, 1994.

10. Benito Pérez Galdos, Miau, ed. F. J. Díez Revenga, Madrid: Cátedra, 2000.

Séculos XX e XXI

11. Selección de poemas, facilitada pola profesora.

12. Enrique Vila Matas, Dietario voluble, Barcelona: Anagrama, 2008.

Bibliografía complementaria

Manuais

Alberich, J. et al., dir., Historia de la Literatura Española, Madrid: Cátedra, 1990.

Alvar, C., J. C. Mainer y R. Navarro Durán, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza Editorial, 1997.

Mainer, J. C. dir., Historia de la literatura española, Barcelona: Crítica, 2010. 9 vols.

Rico, F. dir., Historia y crítica de la literatura española, Barcelona: Crítica, 1983-.

Rodríguez Cacho, L., Manual de historia de la literatura española, Madrid: Castalia, 2009.

Estudos

Aguilar Piñal, F., Introducción al siglo XVIII, Madrid: Júcar, 1991.

Bataillon, Marcel, Erasmo y España: estudios sobre la historia espiritual del siglo XVI, trad. de Antonio Alatorre, Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1995. [2ª ed., 5ª reimp.]

Curtius, Ernst, Literatura europea y Edad Media Latina, México: FCE, varias eds.

García de la Concha, V., ed., El Surrealismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1982.

Gies, David, ed., El romanticismo, Madrid: Taurus, 1989.

Guillén, Claudio, El primer Siglo de Oro: estudios sobre géneros y métodos, Barcelona: Crítica,1988.

Lewis, C.S., La imagen del mundo: introducción a la literatura medieval y renacentista, Barcelona: Península, 1997.

Lissorgues, Y., M. Palenque Francisca Soria, “Del Realismo al Fin de Siglo. Sociedad y arte literario”, en V. García de la Concha, dir., y F. Romero Tobar, coord., Historia de la literatura española. Siglo XIX, Madrid: Espasa-Calpe, 1998, pp. 1-90.

Litvak, L., ed., El Modernismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1975.

López Bueno, B., coord., La Renovación Poética del Renacimiento al Barroco, Madrid: Síntesis, 2006.

Mainer, J. C., La Edad de Plata (1902-1939), Madrid: Cátedra, 1983.

Mainer, J. C., De posguerra (1951-1990), Barcelona: Crítica, 1994.

Romero Tobar, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.

Ruiz Pérez, P., Manual de literatura española de los siglos de oro, Madrid: Castalia, 2000.

Strosetzki, Christoph, ed., Teatro español del Siglo de Oro: teoría y práctica, Frankfurt am Main: Vervuert, 1998.

Yndurain, Domingo, Humanismo y Renacimiento en España, Madrid: Cátedra, 1994.

*O/A profesor/a poderá seleccionar e incorporar textos doutras antoloxías e edicións. Asemade, facilitará bibliografía específica en cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Española 1/613G01001
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua e Cultura Clásica/613G01006

Observacións
Recoméndase a asistencia regular ás aulas. No caso de ter algunha incompatibilidade, o/a alumno/a debe porse en contacto a comezos de curso cos profesores.

Os profesores completarán a bibliografía xeral con bibliografía específica en cada tema.

Será indispensable a corrección ortográfica, de redacción e de presentación.

As respostas aos correos electrónicos recibidos serán atendidas só nos horarios fixados de titorías.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías