Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingua Galega 2 Código 613G03014
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo normativo da lingua galega

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega A9
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións A10
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica A15
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega B5
B8
Coñecer a variación lingüística da lingua galega B8
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información B1
Adquirir capacidade de autoformación B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico B7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma C1
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución. Lingua galega, norma e usos 1.1. A lingua galega na perspectiva histórica e na actualidade
1.2. Gramática descritiva e gramática prescritiva
1.3. A norma, a variación lingüística e as interferencias
2. A planificación do status da lingua galega 2.1. A planificación lingüística e a planificación da lingua galega
2.2. O marco legal do galego: evolución histórica e situación actual
2.3. O galego na Administración, no ensino e noutros ámbitos
3. A planificación do corpus da lingua galega 3.1. O proceso de estandarización do galego
3.2. O marco normativo actual
3.3. A planificación do léxico
4. As modalidades de galego 4.1. A lingua da Galiza e as outras modalidades do sistema lingüístico galego-portugués
4.2. Galego popular e galego culto
4.3. A evolución do galego escrito moderno
4.4. As variedades de galego oral e a súa caracterización
5. A calidade lingüística 5.1. Estilos e rexistros
5.2. Algúns trazos gráfico-fónicos
5.3. Principais aspectos morfosintácticos
5.4. Particularidades léxicas e pragmáticas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 1 5 6
Traballos tutelados 2 20 22
Sesión maxistral 20 30 50
Presentación oral 3 7 10
Recensión bilbiográfica 1 3 4
Seminario 6 8 14
Lecturas 1 3 4
Obradoiro 4 13 17
Estudo de casos 6 16 22
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Instrumento de avaliación dos contidos focados nas "Sesións Maxistrais" (vid).
Traballos tutelados Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" (vid) destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
A avaliación será feita a través dunha "Proba Mixta" consistente na realización dunha proba destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles conteúdos teóricos expostos polo profesorado durante esas sesións na sala de aulas. Esta proba estará focada preferentemente para a realización de ensaios teóricos (desenvolvemento de temas ou comentarios) ou para análises específicas de textos escritos ou de calquera outro material utilizado ao longo das sesións presenciais.
Presentación oral O "Traballo Tutelado" será acompañado e presentado nos "Seminarios" necesarios ao efecto (véxanse os ítems marcados entre aspas).
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos contidos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Recensión bilbiográfica Derivada da "Lectura" contemplada no estrutura dos "Seminarios" realizados ao longo do curso académico (vid termos entre aspas). Como todos os materiais será disponibilizada para o conxunto da turma através da plataforma moodle.
Seminario Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia.

Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións:

1) Un TRABALLO TUTELADO elaborado utilizandando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", do cal se deriva tamén a correspondente "Presentación Oral".
Este traballo consiste nunha actividade en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo dun discurso en lingua galega de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos polo profesorado na sala de aulas.
O procedemento para a realización deste traballo consiste en:
- selección dun discurso público (oral en formato audiovisual) para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos fornecidos polo docente,
- elaboración dun roteiro específico e unha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte dos docentes dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no atendemento personalizado,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- exposición na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través da plataforma moodle.

2) Unha LECTURA seleccionada entre unha listaxe fornecida polo profesorado e a correspondente "Recensión bibliográfica" individual, realizada de acordo cos modelos e os parámetros fornecidos polo docente, e que despois deberá ser disponibilizada para o conxunto do grupo a través do moodle.

3) Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do Traballo Tutelado realizado. Durante esa presentación oral, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o curso.
Lecturas Tarefa integrada nos traballos propios dos "Seminarios" (vid).
Obradoiro Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso.
Estudo de casos Integrados no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros" (vid).

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel polo seminario, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do "Traballo Tutelado".

De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades.

Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipa e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. 10
Traballos tutelados Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nos "seminarios" destinados ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". 20
Estudo de casos Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 25
Recensión bilbiográfica Será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo. 15
Proba mixta Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos presentados e estudados nas sesións maxistrais. 30
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás probas
escritas ou que non presentar ningunha das actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Álvarez de la Granja, M. / González Seoane, E. X. (eds.) (2003) (2003). A estandarización do léxico. Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua . A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
Koch, I. G. V. (2005). Desvendando os segredos do texto. São Paulo: Cortez, 4ª ed.
Hernández Guerrero, J. A. / M. C. García Tejera (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona. Ariel
Monteagudo, H. (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia
López Viñas, X. / Lourenzo Modia, C. / Moreda Leirada, M. (2010). Gramátia práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Bahía
Feixó Cid, Xosé (2004). Gramática da lingua galega. Vigo. Xerais
Vilela, M. / I. Villaça Koch (2001). Gramática da Língua Portuguesa . Coimbra: Livraria Almedina
Hermida Gulías, Carme (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe) . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Estrela, E. / J. D. Pinto-Correia (2001). Guia Essencial da Língua Portuguesa para a Comunicação Social. Lisboa. Editorial Notícia
Cassany, D (2008). La cocina de la escritura. Barcelona. Anagrama
Koch, I. G. V. / V. M. Elias (2006). Ler e compreender os sentidos do texto.
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo. Xerais
Ríos Noia, M. / M. L. Pita Rubido / R. J. Noguerol Gómez / B. Brozos Mera (2007). Manual de documentos administrativos. A Coruña. Servizo de Normalización Lingüística / Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Manual de gramática galega. Vigo. A Nosa Terra
García Cancela, X. / C. L. Díaz Abraira (1994). Manual de linguaxe administrativa. Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública / Xunta de Galicia
Bassols, M. / A. M. Torrent (1997). Modelos textuales. Teoría y práctica. Barcelona. Octaedro
Sanmartín Rei, G. (2008). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo. Xerais
Rodrigues Fagim, V. (2001). O galego (im)possível. Santiago de Compostela. Laiovento
Estrela, E. / M. A. Soares / M. J. Leitão (2004). Saber Escrever Saber Falar. Lisboa. Dom Quixote
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
García Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela. Laiovento

Bibliografía complementaria Koch, I G. V. (1992). A inter-ação pela linguagem. São Paulo: Contexto
Sánchez Rei, X. M. (2006). A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros. Santiago de Compostela: Liovento
Marcuschi, L. A. (2001 [1986]). Análise da conversação. São Paulo: Ática
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Vallejo-Nágera, J. A. (1990). Aprender a hablar en público hoy. Barcelona: Planeta
Garrido, C. (2001). Aspectos Teóricos e Práticos da Traduçom Científico-Técnica (Inglês>Galego). Ourense: Associaçom Galega da Língua
Reyes, G. (1998). Cómo escribir bien en español. Manual de redacción. Madrid: Arco Libros
Moreira, I. (2007). Correspondência Comercial. Lisboa: Edições Técnicas e Profissionais
Marcuschi, L. A. (2000). Da fala para a escrita. São Paulo: Cortez
Freixeiro Mato, X. R. (2006 [2003] ). Gramática da lingua galega IV. Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
Serrano Serrano, J. (2002). Guía práctica de redacción. Madrid: Anaya
Koch, I. G. V., A. C. Bentes e M. M. Cavalcante (2007). Intertextualidade: Diálogos Possíveis . São Paulo: Cortez
Koch, I. G. V. (2004). Introdução à lingüística textual. São Paulo: Martins Fonte
Plantin, Ch. (1998). La argumentación. Barcelona: Ariel
Fuentes Rodríguez, C. / E. R. Alcaide Lara (2007). La argumentación lingüística y sus medios de expresión. Madrid: Arco Libros
Weston, Anthony (2004). Las claves de la argumentación. Barcelona: Ariel, 9ª ed
Calsamiglia Blancafort, H. / A. Tusón Valls (1999). Las cosas del decir: manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel
Adam, J. M. (1992). Les textes: Types et prototypes. Paris: Nathan
Marcuschi, L. A. (1983). Lingïística do texto: o que é e como se faz. Recife: Universidade Federeal de Pernambuco
Fuentes Rodríguez, C. / E. R. Alcaide Lara (2002). Mecanismos lingüísticos de la persuasión: cómo convencer con palabras . Madrid: Arco/Libros
Koch, I. G. V. (1997). O texto e a construção dos sentidos. São Paulo: Contexto
Zinsser, W. (2005). On Writing Well. The Classic Guide to Writing Non-fiction. New York: Collins
Studer, Jürg (2000 [1996]). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El Drac
Fernández Rei, E. / X. L. Regueira (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Santiago Guervós, J. de (2005). Principios de comunicación persuasiva. Madrid: ArcoLibros
Flesch, R. / A. H. Lass (1996). The Classic Guide to Better Writing. New York: Harper Resource
Bordons, G. / J. M. Castellà / E. Costa (1998). TXT La lingüística textual aplicada al comentari de textos. Barcelona: Universitat de Barcelona

ANDAIME, RECURSOS LINGUÍSTICOS: http://andaime.eu/node/34


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Galega 1/613G01002

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías