Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A21 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
O alumno desenvolverá estratexias para a adquisición de vocabulario novo e para a consolidación do coñecido.
O alumno apreciará a importancia da colocación correcta; comprenderá os matices.
O alumno decatarase da importancia do rexistro, formato, estilo e contexto.
Ademais de adquirir coñecementos teóricos, ao alumno animaráselle a poñer en práctica as súas habilidades.
O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte.
|
A1 A2 A6 A9 A10 A15 A21
|
B3 B4 B6 B7
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Aspectos introductorios do aprendizaxe do vocabulario nun contexto (ver libros de texto indicados na Sección 8 "Fontes de Información"). |
Estratexias de aprendizaxe; tipos de significado; o uso dun dicionario (tipos);colocacións; metáfora, rexistro; conotacións e asociacións culturais. |
2. A formación das palabras |
Abreviaturas e acrónimos; prefixos; sufixos; formación de palabras novas; contacto entre linguas (préstamos); palabras parecidas pero distintas |
3. Vocabulario relacionado co traballo/estudo |
Campos de interese: Colegas, rutinas, carreiras, promoción, negocios, traballo académico, ensino |
4. Vocabulario referente ás relacións persoais |
Campos de interese: Aspectos positivos, negativos, problemas; sentimentos; aparencia e carácter; ciclo vital |
5. Vocabulario referente ó ocio e estilo de vida |
Campos de interese: Roupa e moda; casa; socialización; artes escénicas e plásticas; literatura; comida; viaxes e turismo |
6. Vocabulario relacionado co medio. |
Campos de interese: Paisaxes, clima, metáforas, vexetación, animais; conservación |
7. Vocabulario relacionado ccoa sociedade e as institucións |
Campos de interese: Policía; as leis; política; historia; pobreza;guerra e paz; economía; linguas; festivais |
8. Vocabulario relacionado cos medios de comunicación |
Campos de interese: xornais; Internet; anuncios; noticias |
9. Vocabulario funcional |
Permiso, prohibición; queixas, disculpas,cumplidos, promesas, recordos; acordo e desacordo; escritos académicos; estilo e formato; expresións non concretas |
10. Frases idiomáticas e verbos + preposición/partícula |
Estratexias de comprensión e aprendizaxe |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
5 |
0 |
5 |
Esquemas |
10 |
20 |
30 |
Sesión maxistral |
20 |
41 |
61 |
Proba mixta |
2 |
14 |
16 |
Traballos tutelados |
2 |
16 |
18 |
Proba oral |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Aspectos relacionados co aprendizaxe de vocabulario novo.Tipos de significados; como usar o dicionario (que tipos de dicionarios); conotacións, rexistro; metáforas. |
Esquemas |
O uso de diagramas e esquemas para comprender e asimilar mellor os matices do vocabulario novo. |
Sesión maxistral |
Nas sesións do grupo enteiro, explicacións e orientacións para o mellor aproveitamento do material presentado |
Proba mixta |
Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. |
Traballos tutelados |
Redacciones sobre temas diversos relacionados co traballado en clase. |
Proba oral |
Entrevista individual; preguntas de comprensión; destrezas orais. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Ofreceranse suxestións acerca de como expresar diferentes funcións en inglés (razoar, estar de acordo/en desacordo, pedir explicacións, etc.). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. |
20 |
Proba mixta |
Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. |
50 |
Proba oral |
Entrevista individual; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno. |
30 |
|
Observacións avaliación |
- Entrega de traballos tutelados: 25-10-2013; 22-11-2013; y 20-12-2013
É necesario entregar os 3 traballos para poder optar a que se sumen o
resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. Non serán
recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases (expositivas, interactivas e en grupos reducidos).
As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba
oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas
datas debe xustificarse documentalmente.- Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade
para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o
cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben
asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fóra nas
vacacións de Nadal. Isto é válido tanto para os/as alumnos/as da UDC coma para os/as alumnos/as Erasmus. - Proba oral: entre o 3 e o 20 de decembro 2013. As datas e horas exactas anunciaranse en Moodle.
- Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.
A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico,
basearase na repetición da(s) parte(s) da avaliación que non se
superaron, conservando as mesmas porcentaxes.- A oportunidade de
xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas;
soamente é para recuperar as partes non aprobadas. - Obterá unha
cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e que realizase menos do 50% do resto do traballo. - Aqueles alumnos que oficialmente están matriculados a tempo parcial e posúan unha dispensa académica, tal e
como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán
avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para
a segunda oportunidade de xullo. - Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
curso na que o/a estudante estea matriculado/a. Obviamente, a primeira obriga
dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
terceiro e cumprir as tarefas esixidas.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Inglesa 1/613G03003 | Lingua Inglesa 2/613G03008 | Lingua Inglesa 3/613G03015 | Lingua Inglesa 4/613G03019 |
|
Observacións |
NOTA IMPORTANTE:
- Ambos os dous libros de texto (indicados en Bibliografía Básica de Fontes de Información) son imprescindibles para o traballo de clase e para o estudo individual.
- A asistencia a todas as clases é necesaria para seguir o ritmo de aprendizaxe e perfeccionamento.
Recoméndase a asistencia e participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.
. A asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, e nesta materia a asistencia a un mínimo do 80% das sesións das clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Universidade, os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a exención de asistencia á clase. . As datas para a realización das probas orais anunciaranse con antelación abondo, e poñeranse en Moodle. Recoméndase consultar os avisos postos nesta plataforma virtual con asiduidade. . Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, ao alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala. |
|