Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingua Inglesa e os seus Usos 1 Código 613G03020
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Profesorado
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Web
Descrición xeral Ampliación do estudo normativo da lingua inglesa. Elaboración e análise de textos oral e escrito de diferentes ámbitos

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
O alumno desenvolverá estratexias para a adquisición de vocabulario novo e para a consolidación do coñecido. O alumno apreciará a importancia da colocación correcta; comprenderá os matices. O alumno decatarase da importancia do rexistro, formato, estilo e contexto. Ademais de adquirir coñecementos teóricos, ao alumno animaráselle a poñer en práctica as súas habilidades. O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte. A1
A2
A6
A9
A10
A15
A21
B3
B4
B6
B7
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos introductorios do aprendizaxe do vocabulario nun contexto (ver libros de texto indicados na Sección 8 "Fontes de Información"). Estratexias de aprendizaxe; tipos de significado; o uso dun dicionario (tipos);colocacións; metáfora, rexistro; conotacións e asociacións culturais.
2. A formación das palabras Abreviaturas e acrónimos; prefixos; sufixos; formación de palabras novas; contacto entre linguas (préstamos); palabras parecidas pero distintas
3. Vocabulario relacionado co traballo/estudo Campos de interese: Colegas, rutinas, carreiras, promoción, negocios, traballo académico, ensino
4. Vocabulario referente ás relacións persoais Campos de interese: Aspectos positivos, negativos, problemas; sentimentos; aparencia e carácter; ciclo vital
5. Vocabulario referente ó ocio e estilo de vida Campos de interese: Roupa e moda; casa; socialización; artes escénicas e plásticas; literatura; comida; viaxes e turismo
6. Vocabulario relacionado co medio. Campos de interese: Paisaxes, clima, metáforas, vexetación, animais; conservación
7. Vocabulario relacionado ccoa sociedade e as institucións Campos de interese: Policía; as leis; política; historia; pobreza;guerra e paz; economía; linguas; festivais
8. Vocabulario relacionado cos medios de comunicación Campos de interese: xornais; Internet; anuncios; noticias
9. Vocabulario funcional Permiso, prohibición; queixas, disculpas,cumplidos, promesas, recordos; acordo e desacordo; escritos académicos; estilo e formato; expresións non concretas
10. Frases idiomáticas e verbos + preposición/partícula Estratexias de comprensión e aprendizaxe

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 5 0 5
Esquemas 10 20 30
Sesión maxistral 20 41 61
Proba mixta 2 14 16
Traballos tutelados 2 16 18
Proba oral 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Aspectos relacionados co aprendizaxe de vocabulario novo.Tipos de significados; como usar o dicionario (que tipos de dicionarios); conotacións, rexistro; metáforas.
Esquemas O uso de diagramas e esquemas para comprender e asimilar mellor os matices do vocabulario novo.
Sesión maxistral Nas sesións do grupo enteiro, explicacións e orientacións para o mellor aproveitamento do material presentado
Proba mixta Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións.
Traballos tutelados Redacciones sobre temas diversos relacionados co traballado en clase.
Proba oral Entrevista individual; preguntas de comprensión; destrezas orais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Descrición
Ofreceranse suxestións acerca de como expresar diferentes funcións en inglés (razoar, estar de acordo/en desacordo, pedir explicacións, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. 20
Proba mixta Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. 50
Proba oral Entrevista individual; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno. 30
 
Observacións avaliación
  1. Entrega de traballos tutelados: 25-10-2013; 22-11-2013; y 20-12-2013

  2. É necesario entregar os 3 traballos para poder optar a que se sumen o
    resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. Non serán
    recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
    asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases (expositivas, interactivas e en grupos reducidos).

  3. As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba
    oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas
    datas debe xustificarse documentalmente.
  4. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade
    para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o
    cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben
    asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fóra nas
    vacacións de Nadal. 
    Isto é válido tanto para os/as alumnos/as da UDC coma para os/as alumnos/as Erasmus.
  5. Proba oral: entre o 3 e o 20 de decembro 2013. As datas e horas exactas anunciaranse en Moodle. 
  6. Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.

  7. A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico,
    basearase na repetición da(s) parte(s) da avaliación que non se
    superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
  8. A oportunidade de
    xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas;
    soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  9. Obterá unha
    cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e que realizase menos do 50% do resto do traballo.
  10. Aqueles alumnos que oficialmente están matriculados a tempo parcial e posúan unha dispensa académica, tal e
    como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán
    avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para
    a segunda oportunidade de xullo.
  11. Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
    curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
    canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
    curso na que o/a estudante estea matriculado/a.
    Obviamente, a primeira obriga
    dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
    terceiro e cumprir as tarefas esixidas.

Fontes de información
Bibliografía básica Cambridge University Press. ISBN-13: 978-0521156899 (2010). Cambridge Certificate in Advanced English 4 . Cambridge: CUP
McCarthy, M. & Felicity O'Dell. ISBN-13: 978-0521677462 (2006). English Vocabulary in Use Advanced with Answers and CD-ROM. Cambridge: CUP

NOTA IMPORTANTE: Ambos os dous libros son imprescindibles para o traballo de clase e para o estudo individual.

Bibliografía complementaria O'Dell, Felicity & M. McCarthy. ISBN-13: 978-0521707800 (2008). English Collocations in Use: Advanced . Cambridge: CUP
O'Dell, Felicity & M. McCarthy. ISBN-13: 978-0521744294 (2010). English Idioms in Use Advanced with Answers. Cambridge: CUP
McCarthy, M. & Felicity O'Dell. ISBN-13: 978-0521684187 (2007). English Phrasal Verbs in Use: Advanced. Cambridge: CUP


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Observacións

NOTA IMPORTANTE:

  • Ambos os dous libros de texto (indicados en Bibliografía Básica de Fontes de Información) son imprescindibles para o traballo de clase e para o estudo individual.
  • A asistencia a todas as clases é necesaria para seguir o ritmo de aprendizaxe e perfeccionamento.

Recoméndase a asistencia e participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.

. A asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, e nesta materia a asistencia a un mínimo do 80% das sesións das clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Universidade, os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a exención de asistencia á clase.

. As datas para a realización das probas orais anunciaranse con antelación abondo, e poñeranse en Moodle. Recoméndase consultar os avisos postos nesta plataforma virtual con asiduidade.

. Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, ao alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías