Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Inglesa (XVI-XVII) Código 613G03021
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Gomez Blanco, Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.gomezb@udc.es
Profesorado
Gomez Blanco, Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.gomezb@udc.es
Web
Descrición xeral Análise da literatura inglesa dos seculos XVI e XVII, desde a época isabelina á Restauración.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer aproximacións á literatura distintas e saber aplicarlas. A1
A2
A3
A6
B3
B5
B6
B7
B8
C2
C6
C7
C8
- Mellorar a competencia literaria, a capacidade de análise e síntese, e a visión crítica. A1
A2
A14
A15
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C4
C6
C8
- Coñecer a historia e a cultura de Gran Bretaña e Irlanda. A1
A2
A6
A15
A16
A17
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C4
C5
C6
C7
C8
- Ser capaz de elaborar ensaios e exponelos oralmente en lingua inglesa. A1
A2
A6
A8
A16
B1
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Elementos básicos ou xerais do programa

1. Introducción: Sociedade, cultura, política e literatura desde a Idade Media ata o século XVII.
1.1 Periodos isabelino e xacobeo
1.2. A Restauración
Do renacimiento á Ilustración. Datos históricos (política e a corte, relixión, a creación dun imperio en expansión, a aparición dos partidos políticos, a caida dos Estuardo) e evolución das clases sociais. Individualismo e mercantilismo. O contrato social.
2. Oríxenes do teatro Teatro sacro e pagano. Sistema de producción nos miracle plays, etc.
3. Teatro na época de Isabel I e Xaime I.
3.1: sistemas de producción: teatros, compañías, público
3.2. O drama previo a Shakespeare: Kyd e Marlowe
3.3. Shakespeare
3. 4. Ben Jonson
Obras de lectura obrigatoria:
3.3 Shakespeare. The Merchant of Venice
Twelfth Night.
Othello
Macbeth
3.4 Ben Jonson. Volpone
4. Teatro da época carolina
4. 1. Middleton y Dekker
4.2 Webster
Obra de lectura obrigatoria:
4.2 John Webster. The Duchess of Malfi
5.A Restauración, 1660-1700
5.1 Sistema de producción teatral: escenografía e actrices.
5.2 Ensaio de Dryden
5.3 Os grandes comediografos
5.4 Wycherley
5.5. Congreve
Obras de lectura obrigatoria:
5.4 William Wycherley. The Country Wife
5.5 William Congreve. The Way of the World
6. Aspectos básicos da poesía dos seculos XVI e XVII: Shakespeare, Donne, Dryden e Milton
Sonetos, poesía metafísica, neoclasicismo, Paradise Lost. Fotocopias na clase únicamente.
7. Aspectos básicos da prosa do XVII: Behn e Congreve. O orixe da novela inglesa: a picaresca e os romances. Fotocopias na clase únicamente.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 8 29
Lecturas 0 60 60
Seminario 2 6 8
Proba obxectiva 2 4 6
Análise de fontes documentais 6 10 16
Presentación oral 8 5 13
Proba de resposta múltiple 1 2 3
Discusión dirixida 2 10 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa dos séculos XVI ao XVII, tendo en conta o contexto sociocultural. O obxectivo é proporcionar coñecimentos xerais (datos históricos relevantes, sistema de producción, autores, obras e xéneros literarios máis representativos). Os textos de lectura obrigatoria terán unha presencia parcial nestas sesións, pois o profesor comentará autores (por exemplo, Marlowe, Donne ou Behn) e textos (por exemplo, sonetos de Shakespeare ou o ensaio sobre poesía dramática de Dryden) mediante fotocopias ou proxeccións.
Lecturas A lectura das fontes primarias é funfamentalmente traballo fora das clases, pois na clase a lectura tornase en comentario de texto realmente.
Seminario Os seminarios cos grupos medios centraranse no coñecemento da literatura inglesa dos séculos XVI e o XVII, pero os textos de lectura obrigatoria serán o nucleo, e a participación dos alumnos será esencial.
Proba obxectiva Haberá un exame final oficial escrito iobrigatorio (1ª oportunidade) que representará o 50 por cento da nota final e que consistirá na elaboración, perante un tempo determinado, dun ensaio académico ou comentario de texto sobre algunha(s) das oito lecturas, mais unha pregunta breve sobre datos dos seminarios e lección maxistrais. O alumno debe obter unha nota mínima total de 4 sobre 10 (en realidade, 2 sobre 5) para facer media.
Análise de fontes documentais Comentarios de texto (das fontes primarias obrigatorias) feitos nos grupos pequenos ou medianos.
Presentación oral Cada alumno deberá facer unha presentación oral dun traballo tutelado durante o curso. O tema será un aspecto moi concreto dun dos 8 textos obrigatorios. A elección do mesmo farase entre os alumnos e ou profesor. Será breve (7 minutos) e integrarase con unha discusión dirixida posterior. Esta sí que é unha actividade que o alumno ten que preparar fora da aula. Valdrá un 10% da avaliación. Cando o alumno/a, por circuntancias varias, non poda facela, sempre poderá entregar o traballo por escrito antes de 11 de xaneiro.
Proba de resposta múltiple Duranto o curso, en datas prefixadas, haberá 4 tests de preguntas específicas sobre as lecturas obxecto de estudo, para comprobar e incentivar a lectura continua. É unha actividade fora da clase realmente, pois o alumno simplemente ten que ler as fontes e membrar as historias. Un test de 15 minutos cada duas lecturas obrigatorias. Cada test valdrá 0,5 puntos: dous puntos en total ou 20% da validación.
Discusión dirixida Se debatirán aspectos das obras do corpus nas clases de grupos pequenos. As veces, se é posible, se integrarán co exposición oral de 5 ou 6 alumnos (40 minutos).

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Seminario
Análise de fontes documentais
Descrición
Supervisarase ao alumnado nas súas tarefas de comentario de textos ou presentacións, e recomendarase que cada estudante utilice as horas de titorías para afondar en cuestións relativas á materia para a solución de problemas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple 4 tests de lectura das obras obrigatorias.
2 puntos sobre 10 (0.50 por test).
20
Presentación oral O alumno preparará e exporá un aspecto concreto nun tempo máximo de 7 minutos. Cando o alumno/a, por circuntancias varias, non poida facela, sempre poderá entregar o traballo por escrito antes de 11 de xaneiro para que a actividade compute na evaluacion da primeira oportunidade.
1 punto sobre 10.
10
Discusión dirixida Debate na clase sobre temas concretos ou tras a presentación oral de cinco ou seis compañeiros. Terase en conta a presencia e a participación, e recorellanse notas tomadas polos alumnos durante o debate de cando en vez.
A puntuacion estará integrada no apartado de asistencia antes mencionado.
0
Proba obxectiva Exame final: ensaio académico e/ou comentario de texto mais unha pregunta breve sobre datos transmitidos nas lección maxistrais e seminariois (50%; é decir, 5 puntos sobre 10).
OBSERVACIÓN: a nota mínima para facer media co resto é de 2 sobre 5 (4 sobre 10)
50
Análise de fontes documentais Comentarios de textos feitos nas clases. Recorellanse uns poucos durante o curso. 1.5 puntos. 15
Sesión maxistral Asitencia activa. O alumno/a deberá asistir a un mínimo de 15 sesións para ser calificado con 0.5 p. Follas de firmas. Tamén será necesaria a participación activa nos grupos medios e pequenos. 5
 
Observacións avaliación

Valoraráse a actitude activa e participativa dos alumnnos nos debates, e non só a presencia na clase.

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:

A nota mínima do exame ou proba obxectiva para facer media co resto é de 2 sobre 5 (equivalente a 4 sobre 10).

Tamén para a evalución continua da primeira oportunidade, é necesario que o alumno/a obteña 2 puntos como mínimo (2 de 5) entre o traballo/exposición oral, tests, comentarios de texto e asitencia activa.

As 4 probas de resposta múltiple faranse durante o curso, e ocuparán uns minutos da sesión maxistral dese día.

As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquera actividade. Polo tanto recoméndase aos alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen.

Non se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico, e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia.

Cando o alumno/a, por circuntancias varias (enfermedade, festivos, etc), non poida facer a exposición oral, sempre poderá entregar o traballo por escrito antes de 11 de xaneiro para que a actividade compute na "primeira oportunidade". 

A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 50% exame final + 50% actividades que sustituirán o traballo feito durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade. 

Os alumnos que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 50 % das actividades.

Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para buscar alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade (o 40 % da asignatura corresponde a traballo feito nas clases, e un 10% corresponde ó traballo tutelado). 


Fontes de información
Bibliografía básica

Fontes primarias de lectura obrigatoria (orde cronolóxico utilizado nas clases)

William Shakespeare. The Merchant of Venice (edición Arden Shakespeare recomendada)

Shakespeare. Twelfth Night. (edición Arden Shakespeare recomendada)

Shakespeare. Othello (edición Arden Shakespeare recomendada)

Shakespeare. Macbeth (edición Arden Shakespeare recomendada)

Ben Jonson. Volpone

John Webster. The Duchess of Malfi

William Wycherley. The Country Wife

William Congreve. The Way of the World

Consulta (fontes secundarias):

--Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994.

--Braunmuller, A. R. and Michael Hattaway, eds. The Cambridge Companion to English Renaissance Drama. Cambridge: Cambridge University Press, 1997-

--Canfield, John Douglas. Tricksters & Estates: On The Ideology of Restoration Comedy. Lexington, Ky. : Univ. Press of Kentucky, 1997.

--Demetriou, Eroulla. Get thee to the Playhouse: An Introduction to Elizabethan and Shakespearean Drama for Young Students. Univ. de Jaen, 2009.

--Dollimore, Jonathan & Sinfield, A. eds., Political Shakespeare: Essays in Cultural Materialism.

Ithaca: Cornell Univ Press, 1994.

--Elam, Keir. The Semiotics of Theatre and Drama. Londres: Routledge, 1980. 

--Fisk, Deborah Payne, ed. The Cambridge Companion to English Restoration Theatre. Cambridge Univ. Press. 2000.

--Garber, Marjorie. Shakespeare and Modern Culture. Anchor Books, 2009. 

--Gay, Penny. The Cambridge Introduction to Shakespeare's Comedies. Cambridge U. P., 2008.

--Hughes, Derek. English Drama, 1660-1700. Oxford: Clarendon Press, 1996.

--Leggatt, Alexander. English Drama: Shakespeare to the Restoration, 1590-1660. Londres: Longman, 1988.

--MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008.

--Owen, Susan J., ed. A Companion to Restoration Drama. Oxford: Blackwell, 2001.

Shaughnessy, R. (ed). The Cambridge Companion to Shakespeare and Popular Culture. Cambridge U.P., 2007.

--VV.AA. Historia crítica del teatro ingles. Alcoy: Marfil, 1988. 

--Wallace, David, ed.  The Cambridge History of Medieval English Literature.  New York: Cambridge UP, 1999.

--Waller, Gary. English Poetry of the Sixteenth Century. London and New York: Longman, 1993.

--Wells, Stanley & L. Cowen Orlin eds. Shakespeare: An Oxford Guide. Oxford U P., 2003.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Literatura Inglesa 1/613G03010
Literatura Inglesa 2/613G03017

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías