Identifying Data 2013/14
Subject (*) Literatura Poscolonial Code 613G03026
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatoria 6
Language
English
Prerequisites
Department Filoloxía Inglesa
Coordinador
Frias Rudolphi, Maria
E-mail
maria.frias@udc.es
Lecturers
Frias Rudolphi, Maria
Nuñez Puente, Carolina
E-mail
maria.frias@udc.es
c.nunez@udc.es
Web
General description Estudo das principais etapas, autores/as e obras da literatura en lingua inglesa escrita en África, América, Asia e Oceanía. Introducción socio-histórica ao mundo colonial e poscolonial no ámbito anglófono. Estudo das claves teóricas da crítica poscolonial do século XX e das novas escolas críticas (Diaspora Studies, literatura transnacional, etc.).

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Subject competencies (Learning outcomes) Study programme competences
Coñecer as literaturas en lingua inglesa dos países de África, Caribe e Diaspora Africana A1
A7
A16
B5
B8
C2
C4
Coñecer o contexto socio-histórico e cultural das comunidades anglófonas de fóra de Europa, con especial atención á súa relación cos textos literarios da materia. A16
A17
B1
B5
B7
B8
C2
C4
Coñecer e aplicar os métodos de análise literaria, prestando especial atención ao enfoque da teoría e crítica poscoloniais. A1
A2
A3
A11
A15
B1
B2
B3
B6
B7
B8
C2
C4
C6
C7
Elaborar documentos escritos, maioritariamente ensaios e comentarios de texto en lingua inglesa, e levar a cabo exposicións e intervencións en lingua inglesa, con corrección e coherencia. A6
A9
B1
B3
B5
B7
B8
C2

Contents
Topic Sub-topic
1. Colonial and postcolonial anglophone countries in West Africa and the Caribbean: Introduction to history and theory.
1.1. Colonial and postcolonial anglophone countries: a socio-historical introduction.
1.2. Key concepts in postcolonial criticism and theory: national, cultural and linguistic identities.
1.3. Key approaches to postcolonial criticism and gender issues.
2. Postcolonial literatures in English.

3. On recurrent themes and subthemes in postcolonial literatures.
2.1. Postcolonial literatures in Africa: Achebe, Nwapa, Aidoo, Darko, Adichie, Dangarembga, Atta, and other authors.
2.2. Postcolonial literatures in the Caribbean (West Indies): Olive Senior, Edwidge Danticat, Jean "Binta" Breeze, Louise Bennet, Jamaica Kincaid, Bob Marley, and other authors.
2.3. Postcolonial literatures in the African Diaspora: Caryl Phillips, Bernardine Evaristo, Grace Nichols, Jackie Kay, Olive Senior, Samuel Selvon, David Dabyeen, Linton Kwesi Johnson, James Berry, Taiye Selasi, and other authors.
3.1. Physical and psycological journeys.
3.2. Identity crisis (unbelongin/ Aculturation traumas.
3.3. Choosing to stay, to leave, to come back home.
3.4. Female versus Male versus Homesexual discourses.
4. Towards transnational and diaspora studies 4.1. Key concepts in transnational and diaspora studies
4.2. Transnational and diaspora literatures in Europe, US, and elsewhere.
4.3. Flexible borders, multiple homes, navegating plurality, writing & rewriting labels, cultural appropriations, moving beyond boundaries.

Planning
Methodologies / tests Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook 3 42 45
Document analysis 12 24 36
Guest lecture / keynote speech 6 0 6
Directed discussion 12 12 24
Long answer / essay questions 8 24 32
Problem solving 1 1 2
 
Personalized attention 5 0 5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia.
Document analysis Este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise textual, neste caso da narrativa ou poema que se está a estudar en cada tema, e será a metodoloxía máis utilizada nas aulas de docencia interactiva (DI), co grupo intermedio, xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados e redactados en clase, neste caso nomeadamente nas clases co grupo grande (DE) serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo análises textuais nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xuño e xullo).
Guest lecture / keynote speech Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE).
Directed discussion Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, o alumnado será animado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Pode ter lugar ocasionalmente nas clases correspondentes ao grupo grande, pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas ao grupo intermedio, de docencia interactiva.
Long answer / essay questions Estas probas inclúen tanto exercicios de clase como probas finais. Consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas (essay questions). A meirande parte destes exercicios levaranse a cabo en clase (previsiblemente no horario correspondente ao grupo completo), se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo probas de ensaio nas datas oficiais de exames (xuño e xullo).
Problem solving Este tipo de metodoloxía atenderá tanto ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises, estudo de casos e probas, como aos problemas prácticos plantexados nos traballos e presentacións orais.

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
Description
Como corresponde ao tipo de avaliación continua que caracteriza a esta materia, cada estudante ou grupo reducido de estudantes precisará dunha orientación persoalizada, nomeadamente no que se refire á comprensión dos textos e conceptos, e no que atinxe á súa participación en clase e á elaboración de exercicios escritos. A devandita orientación se desenvolverá ben nas TGR (Titorías de Grupo Reducido), ben nas titorías semanais, onde tamén se atenderán dúbidas e problemas puntuais.

Assessment
Methodologies Description Qualification
Directed discussion A discusión dirixida levarase a cabo en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a participación activa de cada estudante no debate ou discusión, ademáis da calidade do resultado. En concreto, o 30% asignado a este apartado divídese en 20% para actividades individuais e grupais desenvolvidas fundamentalmente na clase e 10% para a actitude colaborativa e participativa amosada durante a clase. Aquel(a) estudante que non participe dabondo nas actividades orais ao longo do curso terá que superar probas orais en xuño e/ou xullo (vid. observacións). 30
Long answer / essay questions Ademáis de ter realizado as lecturas e de ter atendido ás explicacións do/da docente, neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das devanditas explicacións e lecturas. Na avaliación destas probas escritas, tanto nas recollidas como exercicios de clase ao longo do curso como nas correspondentes aos exames finais (xuño e xullo), terase en conta especialmente a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados ou os conceptos baixo estudo. Tamén se valorarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita. 35
Document analysis Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual. Terase especialmente en conta a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. 35
 
Assessment comments

Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. As probas escritas incluirán os comentarios de texto e probas de ensaio feitas ao longo do cuadrimestre, ademáis dunha proba final (análise textual, preguntas, ensaio) de máis peso na oportunidade de xuño. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación (40% exercicios escritos ao longo do curso, 30% das probas finais, 30% de actividades e participación). So as/os estudantes que tiveran realizado alomenos un 50% da avaliación continua poderán presentarse ás probas finais de xuño; as/os demáis terán que realizar esas probas en xullo. 

ESTUDANTES CON DISPENSA: Para complementar ás probas de xuño, as/os estudantes matriculados a tempo parcial e con dispensa académica concedida terán dereito a realizar probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (40%) e terán unha entrevista oral individual coa profesora en sustitución das discusión dirixidas e outras actividades orais (30%). En calquera caso, a/o estudante que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar os axustes necesarios no proceso de aprendizaxe-avaliación.

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) alumno/a que non se presente á proba de xuño ou na oportunidade de xullo acadará a cualificación de NP so cando non tivera feito máis do 50% das actividades durante o curso.

AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada unha en cada un dos tres apartados de avaliación (exercicios escritos ao longo do curso, participación e actividades orais, probas finais de xuño), aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación de probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (análise textual e ensaio), probas finais segundo o modelo das probas de xuño, e mais unha entrevista ou actividade oral en sustitución das discusión dirixidas, participación en clase e outras actividades.


Sources of information
Basic Achebe, Chinua (1958). Things Fall Apart.
Zephaniah, Benjamin (). "A Slave Song".
Senior, Olive (). "Colonial Girls School". http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=14910
Bennet, Louise (2008). "Colonization in Reverse". http://www.thenewblackmagazine.com/view.aspx?index=1377
Selvon, Samuel (1988). "London Taxi Driver".
Berry, James (1982). "Lucy's Letters". London: New Beacon
Kincaid, Jamaica (1988). "Small Place" . New York: Farrar
Adichie, Chimamanda Ngozi (2009). "The Arrangers of Marriage". London: Fouth State
Breeze, Jean "Binta" (2001). "The Arrival of Brighteye". http://www.youtube.com/watch?v=Oylxi-pPPwM
Adichie, Chimamanda Ngozi (2009). "The Danger of a Single Story" . www.youtube.com/watch?v=D9Ihs241zeg
Nichols, Grace (1984). "The Fat Black Woman Goes Shopping". London: Virago
Kay, Jackie (). "Things Fall Apart". http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=5682
Darko, Ama (2005). Beyond the Horizon. London: Heinemann
Bernardine, Evaristo (1997). Lara. London: Angela Roya P
Dangarembga, Tsitsi (2001). Nervous Condition. London: The Women's Press
Aidoo, Ama Ata (1979). Our Sister Killjoy. Longman African Writers
Atta, Sefi (2010). Swallow. Northampton: Interlink

Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os textos longos de obrigada lectura (as novelas de Achebe, Aidoo e Darko) antes do comezo da materia. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión.

Complementary (). .
Boehmer, Elleke (1995/2005). Colonial and Postcolonial Literature. Oxford UP
Keown, Michelle; David Murphy and James Procter, eds. (2009). Comparing Postcolonial Diaspora. . Macmillan
Childs, Peter, and Patrick Williams (1997). Introduction to Post-Colonial Theory. Prentice
Wisker, Gina (2007). Key Concepts in Postcolonial Literature. Macmillan
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (2007). Postcolonial Studies: The Key Concepts. Routledge
Lane, Richard (2011). Routledge Concise History of Canadian Literature. Routledge
Patke, Rajeev and Philip Holden (2009). Routledge Concise History of Southeast Asian Writing in English. Routledge
Booker, M. K. (1998). The African Novel in English. An Introduction. Heinemann
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (1989/2002). The Empire Writes Back. Theory and Practice in Post-Colonial Literatures. 2nd ed. . Routledge

Recoméndase utilizar o primeiro libro desta lista, de Ashcroft, Griffiths e Tiffin, co identificador (sinatura da biblioteca UDC) L2-4120, como libro de consulta xeral, ademáis de outros textos máis curtos (capítulos de libro e artigos) que aportará ou recomendará a docente para cada tema en particular.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032
Traballo Fin de Grao/613G03041

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032

Subjects that continue the syllabus
Introdución aos Estudos Literarios/613G03005
Literatura Inglesa 1/613G03010
Literatura Inglesa 2/613G03017
Lingua Inglesa 4/613G03019
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020
Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa/613G03022

Other comments

Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os textos longos de obrigada lectura (as novelas de Achebe, Aidoo, e Darko) antes do comezo da materia. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.