Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Idioma Moderno 3: Francés Código 613G03033
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Francés
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Profesorado
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Nela se revisarán, consolidarán e ampliarán os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral).
Insistirase especialmente na capacidade de facerse entender de forma comprensible nunha variedade de situacións cada vez máis ampla.

Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter prácticamente consolidadas as competencias da segunda etapa do nivel B1 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.

Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de producións orais (transmitidas de viva voz ou por medios técnicos) claramente estruturadas e en lingua estándar. A8
A10
A15
B4
B8
C2
C4
Producir textos orais ben organizados e adecuados ao-á interlocutor-a e ao propósito comunicativo, desenvolvéndose con correción, fluidez e espontaneidade. A8
A10
A15
B4
B8
C2
C4
Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de textos escritos de diferente tipoloxía, claros e ben organizados, en lingua estándar, que aborden temas xerais. A8
A10
A15
B4
B8
C2
C4
Escribir textos sinxelos e cohesionados sobre temas cotiáns ou de interese persoal, nos que se pide ou transmite información, se narran historias, se describen experiencias, sentimentos, reaccións, desexos e aspiracións, se xustifican opinións e se explican plans. A8
A10
A15
B4
B8
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
A. Gramática
1. Adxectivos e pronomes indefinidos.
2. Os pronomes persoais complemento directo e indirecto. Os pronomes "en", "y".
3. Os verbos: os tempos do pasado; concordancia do participio pasado; o subxuntivo.
4. Os pronomes relativos.
5. Expresión da condición e da hipótese.
6. Expresión da temporalidade: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.
7. Expresión da causa.
8. Expresión da finalidade.
B. Obxectivos comunicativos 1. Expresar opinións e valoracións: aprobar, desaprobar, ofrecer opcións e consellos…
2. Precisar, matizar, resaltar ideas.
3. Facer peticións e dar instrucións.
4. Presentar as causas e consecuencias de feitos aludidos.
5. Reaccionar adecuadamente ante diversos feitos ou situacións.
6. Saber resumir, interpretar e comentar diferentes tipos de documentos.
7. Solicitar axuda ao-á interlocutor-a para facilitar ou confirmar a comprensión.
8. Encher o discurso con pausas ou expresións de dúbida mentres se busca o elemento lingüístico que falta.
C. Léxico 1. Artes e espectáculos.
2. O diñeiro: compras e outras actividades comerciais cotiás.
3. As tecnoloxías da información e da comunicación.
4. Os servizos e os actos administrativos.
5. Relacións humanas e sociais.
6. Tradicións, crenzas e supersticións.
7. Protección do medio ambiente.
8. Globalización e interculturalidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Discusión dirixida 12 20 32
Lecturas 0 10 10
Proba obxectiva 0 10 10
Proba oral 0 6 6
Sesión maxistral 7 10 17
Solución de problemas 12 20 32
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Discusión dirixida Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). Estas actividades lévanse a cabo en grupos pequenos e están a cargo do-da profesor-a lector-a.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade.
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado Avaliación).
Lecturas Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista individual. O alumnado terá tamén que ler un texto en voz alta e improvisar situacións suxeridas polo-a profesor-a responsable da proba, que poderá usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos relativos a cada un dos temas e subtemas, co apoio de medios audiovisuais e documentación adicional.
Solución de problemas Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…).
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado Avaliación).

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Lecturas
Proba oral
Solución de problemas
Discusión dirixida
Descrición
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. O profesorado fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
O profesorado poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos-ás estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
Os-as estudantes poden acudir en horario de titorías e aulas ao profesorado para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estimen pertinentes.
Os horarios de titorías do profesorado da materia pódense consultar no taboleiro de horarios ou na páxina web da facultade.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas.
42
Proba oral Proba oral que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas.
12
Solución de problemas Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas.
30
Discusión dirixida Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas.
16
 
Observacións avaliación

LEA
ATENTAMENTE A INFORMACIÓN QUE SEGUE:

 

1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a
materia: a primeira ao final do segundo cuadrimestre, e a segunda no mes de
xullo (as datas oficiais deben ser contrastadas polo alumnado nos taboleiros
oficiais ou na páxina web do centro inmediatamente antes de cada período de
exames).

2. A materia está dividida en 2 partes:
teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita]
(60% da nota final) e práctica [léxico, expresión, comprensión e interacción
oral] (40% da nota final). É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre
10 en cada parte para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só
unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a
segunda oportunidade de xullo.

2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar
e obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nunha proba final escrita ao remate do 2º cuadrimestre (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial de
exames da facultade).

2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio
realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, que
se realizará nos últimos días lectivos do 2º cuadrimestre. O profesorado
comunicará públicamente a  data,
hora e lugar de realización deste exame oral.

2.3. En cada parte da materia é obrigatorio realizar
un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas obxecto
da materia. Normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá
realizar un exercicio práctico. Agás causa xustificada e sempre con autorización
expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do
prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser
tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado (nota
media de 5 sobre 10) o 70% das actividades previstas antes da realización do
exame da primeira oportunidade.

3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a
cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

3.1. Parte teórico-práctica (60% da cualificación
final):

a) Un 50% da nota valorará o exame escrito (debe
cumprir os requisitos do apartado 2.1.).

b) Un 45% valorará as actividades (deben cumprir os
requisitos do apartado 2.3.).

c) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás
actividades presenciais e a valoración que mereza por parte do profesorado a
participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non
presenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dos
apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b desta
parte da materia son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda
oportunidade de xullo (ver apartado 4).

3.2. Parte práctica (40% da cualificación final):

a) Un 30% valorará o exame escrito (debe cumprir os
requisitos do apartado 2.1.).

b) Un 30% valorará o exame oral (debe cumprir os
requisitos do apartado 2.2.).

c) Un 35% valorará as actividades (debe cumprir os
requisitos do apartado 2.3.).

d) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás
actividades presenciais e a valoración que mereza por parte do profesorado a
participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non
presenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dos
apartados a, b, c, d é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son
recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver
apartado 4).

4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade
non supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos
poderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo (na data,
hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade) segundo
as porcentaxes e criterios expresados máis arriba.

4.1. De suspender a materia na primeira oportunidade
por non acadar a puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberá
facelo(s) de novo na segunda oportunidade. A data, lugar e hora de realización
do exame oral da segunda oportunidade comunicarase durante a realización do
exame escrito.

4.2. De suspender a materia na primeira oportunidade
por non acadar a puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para a
segunda oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas
que terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintas
destrezas. O profesorado da materia fará públicas xunto coas notas da oportunidade de xuño de 2014 as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.).

4.3. De suspender a materia na primeira oportunidade
e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cada
parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%) engadirase a unha
das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación: a) exame escrito;
b) actividades; c) exame oral.

5. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a
alumna recibirá a calificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: se non se presenta a ningún
dos exames oficiais (escritos e oral) ou se o número de actividades presentadas for igual
ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da materia.

6. O estudantado a tempo parcial que teña concedida a dispensa académica pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades programadas segundo o disposto no apartado 2.3. (as actividades presenciais serán substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario, aplicaráselle o establecido no apartado 4.2. En calquera caso, a porcentaxe asignada en cada parte da materia á asistencia (5%) reasignarase como se indica no apartado 4.3.


Fontes de información
Bibliografía básica BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
BOULARÈS, M. (1997). Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
DELATOUR, Y. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau moyen. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le français de A à Z. Paris: Hatier.
(1995). Le Nouveau Petit Robert. Dictionnaire de la langue française. Paris: Dictionnaires Le Robert.
DELATOUR, Y. (2004). Nouvelle grammaire du français. Paris: Hachette.

Bibliografía complementaria

Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema.

Tanto nas clases teórico-prácticas como nas prácticas facilitarase ao alumnado diverso material complementario.

Na biblioteca do centro pódese atopar a libre disposición dos-das usuarios-as todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello ao profesorado da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno 4/613G03049

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno: Francés/613G03016
Idioma Moderno 2: Francés/613G03029

Observacións

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso do profesorado, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse a si mesmo e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías