Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingua Galega e Usos Código 613G03045
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Lingua galega: historia, norma, variación e calidade da lingua. Sociolingüística e planificación da lingua galega.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Latín, galego-portugués e galego O latín da Gallaecia e a romanización
A evolución do latín ao galego-portugués
A evolución do galego moderno
2. Lingua, estándar, variación e calidade lingüística A constitución da norma lingüística
Variación interna da lingua
O concepto de calidade lingüística e aplicación ao galego
Normalización e planificación da lingua galega Antecedentes da planificación
O proceso de normalización desde 1980 á actualidade
Alternativas de futuro

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 22.5 37.5
Obradoiro 14 28 42
Lecturas 1 12 13
Traballos tutelados 1 12 13
Proba mixta 1 5 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.). 20
Lecturas Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.).
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado.
15
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 25
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
 
Observacións avaliación

Para superar
a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5
puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos
sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de
avaliación.

O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,
todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda
oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número
inferior de actividades ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Moure, T. (2011). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2004). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra
Ninyoles, R. (2005). Idioma e poder social. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2010). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. Santiago de Compostela: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. Santiago de Compostela: Laiovento
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
García Negro, M. P. (coord.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela: Laiovento

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías