Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Idioma Moderno 2: Portugués Código 613G03054
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Portugués
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Gravata Rodrigues Silva Ramos, Ana Isabel
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
ana.gravatarodrigues@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia fornece formación básica de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar o seu nivel de coñecemento lingüístico como usuario básico, así como adquirir competencias de usuario independente, encadrado no nivel soleira (B1), de acordo co "Marco común europeo de referencia para as linguas".

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira A8
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
C2
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Relatar ações ocorridas no passado. Descrever pessoas, objetos e lugares no passado 1.1. Pretérito Imperfeito do Indicativo. Preposições e locuções prepositivas de movimento, espaço e tempo. Pronomes de CD e CI. maiúsculas e minúsculas
1.2. Descrições e acções habituais no passado. Falsos amigos (I)
2. Manifestar a cortesia. Fazer pedidos 2.1. Imperfeito de cortesia. Demonstrativos. Hífen
2.2. Interação verbal cortês
3. Fazer reconto de eventos. Expressar opinião. Estabelecer comparações 3.1. Participio Passado. Pretérito Mais-que-Perfeito Composto do Indicativo. Grau dos adjetivos e advérbios. Indefinidos. Tão e tanto. Derivação. Consoantes mudas
3.2. Eventos culturais e meios de comunicação social
4. Fazer pedidos e recomendações. Argumentar. Reproduzir o que foi dito 4.1. Presente do Condicional. Discurso direto e indireto.
4.2. Alimentação. Estilos de vida. Falsos amigos (II). Expressões idiomáticas
5. Falar de acontecimentos começados no passado e continuados até ao momento da enunciação. Pedir ajuda. Dar instruções 5.1. Pretérito Perfeito Composto do Indicativo. Imperativo. Acentuação gráfica
5.2. Saúde e lazer

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 11 11
Obradoiro 8 10 18
Prácticas a través de TIC 0 10 10
Presentación oral 1 0 1
Proba obxectiva 3 0 3
Resumo 0 10 10
Sesión maxistral 10 10 20
Traballos tutelados 0 20 20
Discusión dirixida 6.5 10 16.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Presentación oral Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa do/da estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co/coa profesor/a, en que tal vez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio.
Proba obxectiva A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Resumo Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, a fin de facilitar a súa comprensión.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do/da docente, os/as alumnos/as levarán a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben organizados en pequenos grupos, a fin de partillaren información, coñecementos e habilidades.
Discusión dirixida Entendemos por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do/da docente. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o/a alumno/a informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada. Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto de desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento, quer por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida As intervencións orais do/da estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 20% da nota final 25
Presentación oral Cada alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 10
Proba obxectiva O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Traballos tutelados Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final. Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
15
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba obxectiva deberá ser de 4 puntos sobre 10.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás probas
escritas ou que non presentar ningunha das actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Costal, J. A. / Melo, A. S. (2003). Dicionário da Língua Portuguesa. Porto: Porto Editora
Casteleiro, J. M. (coord.) (2001). Dicionario da Língua Porutguesa. Lisboa: Verbo
Monteiro, D. / Pessoa, B. (2004). Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel
Cintra, L. / Cunha, C (1984). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa
Reis, N. / Berström, M. (1997). Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa. Lisboa: Notícias

 

Bibliografía complementaria S/A (2008). Acordo Ortográfico – Guia Prático. Porto: Porto Editora
Oliveira, C. , Coelho, L. (2008). Aprender Português 2, Compreensão Oral. B1-B2. . Lisboa: Texto
Oliveira, C. (2007). Aprender Português 2. B1-B2 . . Lisboa: Texto
S/A (2009). Bom Português. Porto: Porto Editora
Lemos, H. (2003). Comunicar em Português. Lisboa: Lidel
Dias, H. B. M. (1994). Exercícios e notas gramaticais. Curso básico de português-língua estrangeira. Lisboa: Colibri
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2001). Gramática activa 1. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2001). Gramática activa 2. Lisboa: Lidel
Oliveira, C. , Coelho, L. (2007). Gramática Aplicada, Níveis Inicial e Elementar. A1, A2 e B1. Lisboa: Texto
Direcção-Geral de Inovação e de Desenvolvimento Curricular (2001). Navegar em português 1 . Lisboa: Lidel
Vázquez Cuesta, P. (2002). O Que Um Falante de Português Deve Saber Sobre o Galego. Lisboa: Colibri
Carmo, L. (2004). Olá! Como está?– CD audio duplo. Lisboa: Lidel
Carmo, L. (2004). Olá! Como está?– Livro de actividades. Lisboa: Lidel
Carmo, L. (2004). Olá! Como está?– Livro de textos. Lisboa: Lidel
Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalante. Vigo: Xerais
Pinheiro, M. C. (2007). Português ao vivo. Textos e exercícios. Lisboa: Lidel
Tavares, A. (2004). Português XXI - 2 . Lisboa: Lidel
S/A (2008). Prontuário Ortográfico da Língua Portuguesa. Porto: Porto Editora
VVAA (2009). SOS Português! Língua não materna A1/B1. Porto: Porto Editora
Rosa, L. M. (2004). Vamos lá continuar!. . Lisboa: Lidel

OUTRAS FONTES: RECURSOS WEB

Cursos:

Linguas net: http://www.linguasnet.com/lessons/home_pt.html

Português para nós: http://www.portuguesparanos.com/

Dicionários e compêndios léxicos:

Dicionário Priberam: http://www.priberam.pt/dlpo/dlpo.aspx

Dicionário Universal da Língua Portuguesa: http://www.universal.pt/

Dicionários da Porto Editora: http://www.infopedia.pt/

Moderno Dicionário Michaelis: http://www2.uol.com.br/michaelis/

Exercícios:

Centro Virtual Camões: http://www.instituto-camoes.pt/cvc/aprender.html

Classe Virtual de português: http://www.clt.be/clavipo/clpo.htm

Escolovar (exercícios): http://web.educom.pt/escolovar/lp_exercicio.htm

Escolovar (vocabulário): http://web.rcts.pt/escolovar/lp_forca.htm

Português Língua Estrangeira: http://portugueslinguaestrangeiraespanha.blogspot.com/

Ferramentas de pronúncia:

SitePal: http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php?sitepal

Ferramentas de tradução:

Traducíndote: http://ieschandomonte.edu.es/traducindote/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno: Portugués/613G03051

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías