Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou un software dado. |
A2 |
Definir, avaliar e seleccionar a arquitectura e o software máis axeitado para a resolución dun problema. |
A9 |
Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor e ser capaz de mellorar o rendemento e as capacidades do mesmo. |
A10 |
Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas. |
A11 |
Implementar as políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade. |
A14 |
Implantar e administrar sistemas de supercomputación, HPC e HTC. |
B1 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B4 |
Aplicar habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. |
B8 |
Motivación pola calidade e mellora contínua. |
B9 |
Usar as novas tecnoloxías. |
B10 |
Buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo. |
B13 |
Expor, defender e discutir propostas. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor |
AI9
|
|
CM2
|
Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas |
AI9 AI10 AI14
|
BI4 BI8 BI9 BI10
|
CM2 CM3 CM6
|
Implantación de políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade dun sistema |
AI1 AI2 AI10 AI11
|
BI1 BI8 BI9 BI10 BI13
|
CM1 CM2 CM3 CM6
|
Saber resolver incidencias básicas na operativa da administración de sistemas |
AI9 AI10 AI14
|
BI1 BI4 BI8 BI9 BI10
|
CM2 CM3 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á administración de sistemas |
1. Sistemas e servidores
2. Software de sistema
3. Usuarios e roles
4. O papel do administrador de sistemas |
2. Administración básica do sistema |
1. Xestión da árbore de directorios
2. Xestión básica dos usuarios
3. Xestión dos procesos
4. Xestión básica da rede
5. Xestión xeral do sistema
6. Servizos de impresión |
3. Políticas de seguridade e backups |
1. Sistemas informáticos seguros
2. Copias de respaldo: política de backups |
4. Xestión avanzada de usuarios e recursos do sistema |
1. Servizos de directorio (LDAP) e listas de control de acceso (ACLs) |
Contidos prácticos |
1. Configuración e compilación dun kernel Linux
2. Configuración e mantemento dun sistema de almacenamento baseado en RAID e LVM
3. Implantación da xestión de backups con Amanda
4. Xestión de usuarios e recursos con LDAP |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
7 |
14 |
21 |
Prácticas de laboratorio |
14 |
38 |
52 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A metodoloxía docente desta materia compende varias sesións de clase maxistral, nas que se presentarán os contidos a traballar. Nas clases favorecerase a participación proactiva do alumno, así como a adquisición de coñecemento dun xeito crítico. |
Prácticas de laboratorio |
Os contidos da materia traballaranse de forma aplicada en sesións de laboratorio, nas que se desenvolverán os contidos prácticos da materia. Dada a variedade de aspectos a desenvolver nas distintas actividades, traballarase en grupos pequenos (2-3 alumnos) buscando xerar sinerxias na aprendizaxe e na adquisición de destrezas tendo en conta os distintos perfiles e intereses que poden presentarse.
O traballo nesta materia requerirá dunha exhaustiva documentación do equipamento co que traballar, e dos servizos e aplicacións a implantar e configurar, co que o acceso a internet e a bibliografía especializada é imprescindible. Porén, as competencias a adquirir son consecuencia directa da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, co que se porá especial énfase na practicidade das discusións durante as clases maxistrais e na utilización dunha metodoloxía de evaluación continuada que prime o esforzo nas actividades máis aplicadas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio antóxase imprescindible para dirixir aos estudantes no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e evaluar o traballo realizado polo alumnado nas distintas fases do seu desenvolvemento ata chagar á súa finalización.
Por outra banda, recoméndase a asistencia a titorías como un mecanismo adicional de axuda. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
Realización das prácticas da materia |
100 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Aeleen Frisch (2002). Essential System Administration (3rd Ed.). O'Reilly
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2006). Linux Administration Handbook (2nd Ed.). Prentice Hall
Steve Shah (2001). Manual de Administración de Linux. MC Graw Hill
Evi Nemeth, Garth Snyder, Scott Seebass, Trent R. Hein (2000). UNIX System Administration Handbook (3rd Ed.). Prentice Hall |
|
Bibliografía complementaria
|
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2007). La biblia de: Administración de sistemas Linux. Anaya Multimedia
Angie Nash, Jason Nash (2001). LPIC 1 Certification Bible. Wiley/Hungry Minds
Thomas A. Limoncelli, Christina J. Hogan, Strata R. Chalup (2007). The practice of System and Network Administration (2nd Ed.). Addison-Wesley Professional
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein, Ben Whaley (2010). UNIX and Linux System Administration Handbook (4th Ed.). Prentice Hall |
O libro «UNIX and Linux System Administration Handbook» ven a ser un compendio de dous dos libros da bibliografía básica, cos que ten tres autores en común. Incluimos tamén neste epígrafe de bibliografía complementaria a versión en castelán dun deses libros: «La biblia de: Administración de sistemas Linux» |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Administración de Sistemas II/614473011 | Administración de Instalacións de Supercomputación/614473012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase dispor de acceso a un ordenador persoal fóra das horas presenciais para un óptimo seguimento do curso. Facilitarase a entrega de prácticas fora das horas de clase para un seguimento non-presencial da materia. |
|