Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Fundamentos dos Computadores Código 614G01007
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
jose.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Lobeiras Blanco, Jacobo
Martin Santamaria, Maria Jose
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Rodriguez Osorio, Roberto
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Vazquez Regueiro, Carlos
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jacobo.lobeiras@udc.es
maria.martin.santamaria@udc.es
xoan.pardo@udc.es
roberto.osorio@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
carlos.vazquez.regueiro@udc.es
jose.vidal.paz@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Esta materia inclúe conceptos básicos sobre os elementos compoñentes, a estrutura e o funcionamento dos computadores.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de matemática discreta, lóxica, algorítmica e complexidade computacional e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
A5 Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
A15 Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estrutura e a arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.
A31 Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os elementos dixitais constitutivos básicos dos computadores e o seu funcionamento A5
A15
C1
C3
Saber deseñar sistemas dixitais incluidos os computadores A3
A15
A31
B1
B2
B3
B9

Contidos
Temas Subtemas
I. Sistemas Dixitais
- Sistemas Combinacionais
- Sistemas Secuenciais
II. Estrutura, Organización e Funcionamento de Bloques Funcionais Básicos - Unidade de Procesamento
- Unidade de Control
- Sistema de Entrada/Saída

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 10 17 27
Prácticas de laboratorio 20 28 48
Sesión maxistral 30 30 60
Proba obxectiva 3 6 9
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Proporanse aos alumnos problemas como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de titorías de grupos reducidos. Faranse controis escritos ao longo do curso para avaliar o progreso dos estudantes.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre haberá un exame cunha duración total de 3 horas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos. Por outra banda, recomendarase aos estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. 60
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as prácticas realizadas polos alumnos durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. 20
Solución de problemas Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso. 20
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade soamente se poderá recuperar a nota do exame. As notas de prácticas e de problemas serán as obtidas durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica David A. Patterson, John L. Hennessy (2009). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
Thomas L. Floyd (2006). Fundamentos de Sistemas Digitales (9ª edición) . Pearson Education
Javier García Zubía (2003). Problemas resueltos de electrónica digital . Thomson
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2009). Problemas resueltos de estructura de computadores. Paraninfo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estrutura de Computadores/614G01012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Informática Básica/614G01002
Matemática Discreta/614G01004

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías