Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Bases de Datos Código 614G01013
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
Profesorado
Ladra González, Susana
López Rodríguez, Juan Ramon
Parama Gabia, Jose Ramon
Pedreira Fernández, Oscar
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Rodriguez Penabad, Miguel
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
juan.ramon.lopez@udc.es
jose.parama@udc.es
oscar.pedreira@udc.es
nieves.brisaboa@udc.es
miguel.penabad@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A18 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas.
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Demostrar coñecemento e comprensión dos conceptos, principios e teorías básicas relacionadas coas bases de datos. A18
Modelar e deseñar bases de datos co obxectivo de permitir o almacenamento da información necesaria para dominios de aplicación concretos, tendo especial coidado con la integridade dos propios datos A18
Xestionar bases de datos mediante a execución de sentencias SQL. A18
A19

Contidos
Temas Subtemas
Bases de datos relacionais Definición de relación.
Dominios e atributos.
Chaves.
Regras de integridade.
Linguaxe SQL
Sistemas de ficheiros Ficheiros
Índices.
Deseño de Bases de Datos Relacionais Fases de deseño
Anomalias
Modelo E/R
Algoritmo de paso do modelo ER a modelo relacional
Deseño baseado en normalización
Alxebra Relacional Expresións
Operadores
Concurrencia e recuperación ante fallos Problemas debidos á concurencia e fallos
Transacción
Técnicas de recuperación ante fallos
Técnicas de control da concurrencia

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 13 19.5 32.5
Prácticas de laboratorio 14 33 47
Proba mixta 3 0 3
Sesión maxistral 26 39 65
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Clases de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese na pizarra, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos alumnos/as.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as competencias procedimentais.
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver.
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
O profesor/a, despois de propor un problema, debatirá cos alumnos/as as posibles solucións e erros típicos até acadar unha solución satisfactoria.

Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención (semi)personalizada ao haber grupos de ao redor de 20 persoas traballando en pequenos grupos, directamente sobre unha aplicación concreta, en cada ordenador. O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante ou grupo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE, ten tres compoñentes:

-Proba de linguaxe SQL sobre o propio ordenador na aula de prácticas (Porcentaxe: 15% - Puntuación máxima 1.5 pt).

-Deseño e implementación dunha BD (Porcentaxe: 13.5% - Puntuación máxima 1.35 pt).

-Participación nas aulas prácticas e TGRs, xustificada a través dá elaboración de documentos entregables (Porcentaxe: 1.5% - Puntuación máxima: 0.15 pt)

Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE, só se pode recuperar ou subir nota a Proba de linguaxe SQL, realizando unha serie de exercicios escritos engadidos á proba mixta (Porcentaxe: 15% - Puntuación máxima 1.5 pt).

Porcentaxe da nota global da materia: 30%
Puntuación máxima: 3 puntos

30
Proba mixta Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita convencional que suporá o 70% do global da nota.

Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba mixta unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 7). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)

Porcentaxe: 70%
Puntuación máxima: 7 puntos
Nota mínima para compensable: 3 (sobre 7)

70
 
Observacións avaliación
  • Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
  • Se se supera a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE a "subir nota".
  • Se se suspende a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba mixta (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.
    • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dunha proba, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.
    • No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
  • Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL)

Fontes de información
Bibliografía básica A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos . Madrid: Addison-Wesley
Rivero, E., Martinez, L., Reina, L., Benavides, J. y Olaizola, J. (2002). Introducción al SQL para Usuarios y Programadores. Madrid: Thomson

Bibliografía complementaria Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma
Piattini, M. G.; Marcos, E.; Calero, C.; Vela, B. (2006). Tecnología y diseño de Bases de Datos. Madrid: Ra-ma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Informática Básica/614G01002
Programación II/614G01006

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías