Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Arquitectura do Software Código 614G01026
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Castro Souto, Laura Milagros
Correo electrónico
laura.milagros.castro.souto@udc.es
Profesorado
Cabrero Souto, David
Castro Souto, Laura Milagros
Valderruten Vidal, Alberto
Correo electrónico
david.cabrero@udc.es
laura.milagros.castro.souto@udc.es
alberto.valderruten@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Esta materia busca dominar as alternativas actuais da enxeñaría do software para ol deseño de aplicacións e sistemas a nivel de arquitectura:
– Coñecendo as arquitecturas máis típicas e as súas características;
– Estudando os requerimentos non funcionales dos sistemas e a súa relación coa arquitectura; e
– Desenvolvendo e/ou estudando sistemas reais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
A7 Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
A8 Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos, liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social.
A9 Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderado e as habilidades de comunicación en todos os contornos de desenvolvemento de sóftware
A10 Capacidade para elaborar o prego de condicións técnicas dunha instalación informática que cumpra os estándares e as normativas vixentes.
A25 Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware.
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
A29 Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potencias asociados que se puideren presentar.
A33 Capacidade de analizar e avaliar arquitecturas de computadores, incluíndo plataformas paralelas e distribuídas, así como desenvolver e optimizar sóftware para elas
A48 Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
B5 Habilidades de xestión da información
B6 Toma de decisións
B7 Preocupación pola calidade
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os conceptos e técnicas propios da Enxeñaría do Software. A5
Interpretar os problemas típicos da definición de arquitecturas software e as situacións nas que se presentan. A10
A25
A27
A28
A29
A48
B2
B3
B5
B7
B8
B9
C1
C2
C4
C6
C7
C8
Definir e documentar especificacións, modelos e compoñentes da arquitectura dunha aplicación, atendendo aos seus requisitos, de xeito que se favoreza o seu mantemento e extensibilidade. A7
A8
A9
A33
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
Aplicar con axilidade linguaxes de modelado. A28
Manexar ferramentas de definición e construción de aplicacións. C3
Validar a arquitectura dun sistema contra o seus requisitos. A7
A25
A53
B7
Sintetizar os casos de éxito. A7
A25
A29
B3
B5
C1
C2
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Concepto de arquitectura software Definición de arquitectura software
Estruturas e vistas
- Notación
-- UML
-- Estándar IEEE 1471
- Ferramentas
Ciclo de vida e negocio da arquitectura software
Modelos e arquitecturas de referencia Parámetros de calidade en arquitectura software
Tipos de arquitecturas
- Arquitectura en capas
- Arquitectura de repositorio
- Arquitectura cliente/servidor (orientada a servizos)
- Arquitectura 'pipe and filter' (basada en compoñentes)
- Arquitecturas distribuídas
-- Arquitecturas mestre/escravo
-- Arquitecturas cliente/servidor multicapa
-- Arquitecturas P2P
- Outras arquitecturas
-- Sistemas embebidos
-- Sistemas orientados a aspectos
Deseño e integración de compoñentes. Patróns arquitecturais. Estratexias de deseño
Patróns de arquitectura
- Patróns de acceso e configuración de servizos
- Patróns de xestión de eventos
- Patróns de sincronización
- Patróns de distribución
- Patróns de concorrencia
Reutilización
- Sistemas COTS e legacy
- Estilos de integración
-- Transferencia de ficheiros
-- Compartición de fontes de datos
-- Invocación de procedemientos remotos
-- Paso de mensaxes
Reconstrucción / re-enxeñaría de sistemas
Trazabilidade e probas de integración Proceso de integración
Verificación e probas de integración
- Probas funcionais
- Probas non funcionais
Validación e usabilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 21 42
Análise de fontes documentais 0 7 7
Discusión dirixida 7.5 15 22.5
Prácticas de laboratorio 15 30 45
Traballos tutelados 1.5 15 16.5
Proba obxectiva 3 9 12
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais de exposición de nocións e conceptos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados pola docente da asignatura na plataforma virtual (Moodle).
Análise de fontes documentais Lectura e comprensión por parte do estudante de diferentes recursos proporcionados, ben encamiñados a favorecer o seguemento das sesións maxistrais, a xerar debate durante as sesións de discusión dirixida, ou ben destinados a axudar na realización de prácticas e traballos tutelados.
Discusión dirixida Debate construtivo, dirixido pola docente pero participado por todo o grupo, sobre diferentes cuestións presentadas nas clases maxistrais, de cara a profundizar na compresión e adquisición dos devanditos conceptos, e no desenvolvemento de capacidades críticas e analíticas.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas pola docente da asignatura nas que os estudantes poidan poñer en práctica os coñecementos a medida que os van adquirindo, de cara ao reforzo dos mesmos. Estas prácticas levaranse a cabo en grupos de tamaño por determinar, en función do número de estudantes matriculados.
Traballos tutelados Traballos propostos pola docente da asignatura e desenvolvidos polos estudantes, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos poderán ser avaliados ben nas titorías de grupos reducidos, ben nas sesións de titoría personalizada. Valorarase especialmente a utilización do idioma inglés na súa realización e exposición.
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos adquiridos polo estudante. Agárdase que os estudantes amosen tanto o seus coñecementos a nivel teórico, mediante a resposta a preguntas similares ás prantexadas nas clases maxistrais e nas sesións de discusión dirixida, como os seus coñecementos aplicados, mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos prantexados nas prácticas de laboratorio e traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao estudantado comprende non só as clásicas titorías, presenciais ou virtuais, para a discusión de dúbidas, senón tamén as seguintes actuacións:

- Orientación e seguemento do labor realizado nos traballos e prácticas.
- Valoración da participación e implicación nas sesións de discusión dirixida.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso. Malia que as prácticas se realizarán en grupos, cabe diferenciar dous compoñentes na avaliación das prácticas dun estudante:

- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación, colaboración e compenetración entre os seus integrantes.
- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta do estudiante ao grupo.

Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:

- Rigor na consecución dos obxectivos perseguidos usando as técnicas propostas.
- Asimilación dos conceptos presentados.
- Orixinalidade nas propostas.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto.
40
Proba obxectiva Proba escrita dividida en dous bloques: cuestións teóricas e un problema de modelado. 40
Traballos tutelados Valoraranse os seguintes aspectos:

- Dominio dos contidos dos traballos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
20
 
Observacións avaliación

Considerarase necesario que os estudantes demostren equilibrio no
seu rendemento na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
Así, esixirase que a calificación en ambas partes supere o 50% do seu peso relativo como condición imprescindible para a superación da asignatura.

Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba escrita irá acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas para aquelas persoas que non chegasen ao 50% na primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Clements, Paul [et al.] (2003). Documenting software architectures : views and beyond. Addison-Wesley
Hohpe, Gregor (2004). Enterprise integration patterns designing, building and deploying messaging solutions. Addison-Wesley
Sommerville, Ian (2011). Ingeniería de software. Addison Wesley
Schmidt, Douglas [et al.] (2000). Pattern-oriented software architecture. John Wiley & Sons
Fowler, Martin (2003). Patterns of enterprise application architecture. Addison-Wesley
Bass, Len [et al.] (2003). Software architecture in practice. Addison-Wesley
Braude, Eric J. (2001). Software engineering an object-oriented perspective. John Wiley & Sons

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Marcos de Desenvolvemento/614G01052
Validación y Verificación del Software/614G01053
Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaría de Requisitos/614G01027
Aseguramento da Calidade/614G01028

Materias que continúan o temario
Deseño Software/614G01015
Proceso Software/614G01019
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías