Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Codiseño Hardware/software Código 614G01031
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
roberto.osorio@udc.es
Profesorado
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
roberto.osorio@udc.es
Web
Descrición xeral A meirande parte dos sistemas informáticos actuais son sistemas embarcados nos que o deseño do hardware e do software son inseparables. Nestes sistemas, o conxunto é maior que a suma das partes e, do mesmo xeito, o proceso de deseño e comprobación non está restrinxido aos seus compoñentes hardware e software, senón que tamén inclúen a interface entre os dous. Esta materia aborda o mundo do codeseño centrándose en aspectos tales como: computación reconfigurable; modelado de sistemas; e procesadores de aplicación específica.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A15 Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estrutura e a arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.
A31 Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións.
A32 Capacidade de desenvolver procesadores específicos e sistemas embarcados, así como desenvolver e optimizar o sóftware dos ditos sistemas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A31
A32
B1
B3
C1
C3
A15
C7

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos e Plataformas para codeseño hardware/software Definición de codeseño
Hardware de aplicación específica e reconfigurable
Modelos de fluxo de datos e de control
Modelado e implementación do fluxo de datos
Análise dos fluxos de control e de datos
Modelado a nivel de transaccións
Análise do espacio de deseño Arquitecturas de aplicación específica
Procesadores programables de aplicación específica
Aceleradores e coprocesadores
Sistemas nun chip (SoC)
Interfaces Hardware/Software
Buses
Interfaces

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio 14 33.6 47.6
Solución de problemas 2 4.4 6.4
Traballos tutelados 5 21 26
Proba obxectiva 3 0 3
Sesión maxistral 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Plantexarase ao alumno unha serie de prácticas a realizar seguindo un guión. O obxectivo é que o alumno realice os procedementos básicos da materia e reflexione sobre eles. O contido das prácticas estará vinculado cos traballos tutelados.
Solución de problemas Proporcionaranse boletíns de exercicios aos alumnos, que deberán resolver de xeito autónomo. Durante as titorías de grupos reducidos, reservarase tempo para tratar sobre unha selección dos exercicios acordada entre os alumnos.
Traballos tutelados Asignaranse proxectos de codeseño hardware/software que os alumnos terán que realizar en pequenos grupos i entregar en prazo. Durante as titorías de grupos reducidos, faranse sesións de coordinación de proxecto nas que se discutirá o progreso de cada traballo, aínda que a meirande parte do traballo deberán realizalo os alumnos de xeito autónomo.
Proba obxectiva No remate do cuadrimestre haberá un exame con una duración total de 3 horas.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, marcando a temporización para a realización de prácticas e titorías de grupos reducidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos, as prácticas de laboratorio e os traballos tutelados. Ademais, esta atención vai servir para validar e avaliar o traballo que se os alumnos vaian realizando.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e a consecución dos obxectivos propostos no guión. Cumpre salientar que realizar as prácticas é fundamental para realizar con éxito os traballos tutelados. 40
Solución de problemas Valorarase a participación nas sesións de resolución de problemas. 5
Traballos tutelados A calidade dos resultados acadados será o principal elemento de xuízo para valorar os traballos. Asemade, a participación nas discusións sobre os proxectos será moi tida en conta. 15
Proba obxectiva No remate do cuadrimestre haberá un exame escrito sobre os contidos da materia. 40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Patrick R. Schaumont (2010). A Practical Introduction to Hardware/Software Codesign. Springer
David C. Black e Jack Donovan (2004). SystemC: From the ground up . Kluwer Academic Publishers
Peter J. Ashenden e Jim Lewis (2008). The Designer's Guide to VHDL, Third Edition (Systems on Silicon). Morgan Kaufmann

Bibliografía complementaria Jayaram Bhasker (1999). A VHDL Primer . Prentice Hall
Wayne Wolf (). Computers as Components, 2nd edition. Principles of Embedded Computing System Design. Morgan Kaufmann


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas Empotrados/614G01060

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fundamentos dos Computadores/614G01007

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías