Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Xestión de Proceso de Negocio Código 614G01042
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Bamonde Rodriguez, Sebastian
Correo electrónico
sebastian.bamonde@udc.es
Profesorado
Bamonde Rodriguez, Sebastian
Gonzalez Soto, Julio
Correo electrónico
sebastian.bamonde@udc.es
julio.soto@udc.es
Web
Descrición xeral O deseño e construción dos Sistemas de Información esixe un coñecemento profundo e unha correcta conceptualización tanto da información necesaria (modelos de datos) coma dos procesos que necesitan realizar as Empresas e Organizacións para cumprir os seus obxectivos.

Esta materia céntrase na vertente proceso, analizando as técnicas e estándares máis importantes para o deseño destes. Faise fincapé na utilización de patróns e como as diferentes alternativas de deseño resólvenos.

Afóndase na linguaxe gráfica BPMN de modelización sobre a que se desenvolven os exercicios que finalmente se implementar sobre unha plataforma de execución en prácticas.

Estúdase a arquitectura dos sistemas de xestión de fluxos de traballo (workflow) de acordo cos estándares do Wfmc. Como base para estes faise unha introdución ás redes de Petri sobre as que tamén se realizan exercicios.

Unha parte fundamental dos procesos de negocio é a súa imbricación coa Estrutura Organizativa, así como as posibilidades de optimización de procesos sobre a base de monitorización e simulación.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.
A49 Capacidade para comprender e aplicar os principios e as prácticas das organizacións, de forma que poidan exercer como enlace entre as comunidades técnica e de xestión dunha organización, e participar activamente na formación dos usuarios.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
B6 Toma de decisións
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A46
A49
B1
B3
B6
B8
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
I. Os Procesos de Negocio na Empresa

- Sistemas de Información e Obxectivos Empresariais.
- Os Procesos de Negocio e a Cadea de valor.
- Procesos de Negocio e Innovación.
- Análise e Deseño de Procesos de Negocio
- Implicacións na Estrutura Organizativa.

II. Fundamentos Tecnolóxicos

- Evolución dos Sistemas de Información.
- Os Sistemas BPM: Deseño, execución e monitorización de procesos.
- Estándares máis relevantes e a súa evolución.
- As redes de Petri.
- Patróns no deseño de procesos.
- Modelado de procesos con BPMN: Conceptos básicos e estendidos.
- Arquitectura dun sistema BPM.
- Alternativas: Deseño propio, soluciónes específicas, paquetes integrados

III. Xestión de Procesos de Negocio.

- A función directiva e os procesos de negocio: obxectivos, estratexias, políticas, procesos
- Monitorización e análise de procesos.
- Redeseñar de procesos.
- Administración de procesos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 0 21
Proba obxectiva 4 0 4
Traballos tutelados 4 32 36
Prácticas de laboratorio 14 45 59
 
Atención personalizada 30 0 30
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición do profesor en clase
Proba obxectiva Exame teórici/práctico
Traballos tutelados Os alumnos deben de realizar e defender os traballos
Prácticas de laboratorio Resolución de casos prácticos con emprego de ferramentas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición

Se resolven a dúbidas dos alumnos

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio O alumno deberá demostrar a suficiencia no manexo das ferramentas formuladas e a súa aplicación aos exercicios propostos. 40
Proba obxectiva Exame que xulgará o coñecemento adquirido polo alumno acerca da materia 40
Traballos tutelados Realización dun ou máis traballos relacionados coa materia. Defenderase ante o profesor ou en clase. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica B. Manouvrier y L. Menard (2007). Application Integration EAI,B2B,BPM and SOA. iSTE
Stephen A. White y Derek Miers (2010). BPMN - Guía de referencia y modelado. Future Strategies Inc.
International Institute of Business Analysis (2009). Business Analysis Body of Knowledge (BABOK Guide). IIBA
Michael Havey (2005). Essential Bisiness Process Modeling. O´Reilly
Software AG (2012). Guía inteligente para BPM Empresarial. Software AG (Serir Get There Faster)
Alberto R. Lardent (2001). Sistemas de Información para la Gestión Empresarial. Prentice Hall

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías