Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Ferramentas de Desenvolvemento Código 614G01054
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Parapar López, Javier
Correo electrónico
javier.parapar@udc.es
Profesorado
Parapar López, Javier
Correo electrónico
javier.parapar@udc.es
Web http://http://www.dc.fi.udc.es/~parapar/
Descrición xeral Nesta materia explicaranse os fundamentos conceptuais e prácticos en canto a ferramentas de axuda ao desenvolvemento de proxectos software. En particular explicaranse as seguintes ferramentas, as súas vantaxes e o seu correcto aproveitamento desde un punto de vista da Enxeñaría do Software:
Contornas integradas de desenvolvemento: Eclipse
Ferramentas de automatización de empaquetado: Maven
Ferramentas de control de versións e traballo cooperativo : Git
Ferramentas de integración continúa: Apache Jenckins
Ferramentas de task/time/bug tracking: Redmine
Ferramentas de análise de código e dependencias: Codepro Analytix, Sonar
Ferramentas de análise de rendemento e monitorización: JStat, JConsole, JVisualVM
A materia ten pois un carácter marcadamente práctico e tenta achegar ao estudante coñecemento profundo sobre as ferramentas de desenvolvemento máis usadas a día de hoxe na contorna empresarial da TI.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web.
A22 Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do sóftware.
A25 Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware.
B2 Traballo en equipo
B4 Capacidade para organizar e planificar
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Desenvolvemento de Software A19
A22
A25
B2
B4
B8
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Contornas integradas de desenvolvemento Eclipse
Ferramentas de automatización de empaquetado Maven
Ferramentas de control de versións e traballo cooperativo Git
Ferramentas de integración continúa Jenckins
Ferramentas de task/time/bug tracking Redmine
Ferramentas de análises de código e dependencias Codepro Analytix, Sonar
Ferramentas de análises de rendemento e monitorización JStat, JConsole, JVisualVM

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 7 21 28
Prácticas de laboratorio 14 42 56
Proba mixta 0.5 0 0.5
Sesión maxistral 18 47.5 65.5
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballos tutelados propostos polo profesor e desenvolvidos polos estudantes ou ben en grupo ou ben individualmente.
Prácticas de laboratorio Ao tratarse dunha materia eminentemente práctica o desenvolvemento por parte do alumno dun caso de práctica para o uso de todas as ferramentas comentadas nas leccións maxistrais será fundamental
Proba mixta Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
Sesión maxistral Clases maxistrais na exposición dos coñecementos teóricos utilizando diferentes recursos: a lousa, transparencias, proxeccións, demostracións e a facultade virtual. Pode incluír conferencia convidada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Se propondran pequenos traballos tutelados para a resolución por parte do alumno co soporte do coñecemento do profesor.
Ao tratarse dunha materia eminentemente práctica o desenvolvemento por parte do alumno dun caso de práctica para o uso de todas as ferramentas comentadas nas leccións maxistrais será fundamental

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Corrección e completud das prácticas propostas para a utilización adecuada das ferramentas explicadas 50
Traballos tutelados Seguimento dos traballos e avaliación sobre o resultado alcanzado e participación do alumnado nas sesións maxistrais. 10
Proba mixta Cuestións sobre os coñecementos adquiridos.
Cuestións que impliquen razoamento en base aos coñecementos adquiridos para resolver problemas prácticos de interese real
40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Alan Berg (). Jenkins Continuous Integration Cookbook,. Packt Publishing
John Ferguson Smart (). Jenkins: The Definitive Guide. O'Reilly
Andriy Lesyuk (). Mastering Redmine. Packt Publishing
Sonatype Company (). Maven: The Definitive Guide. O'Reilly
G. Ann Campbell, Patroklos P. Papapetrou (). Sonar in Action. Manning Publications
Jon Loeliger & Matthew McCullough (). Version Control with Git: Powerful tools and techniques for collaborative software development. O'Reilly

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Metodologías de Desarrollo/614G01051
Validación e Verificación do Software/614G01225

Materias que continúan o temario
Internet e sistemas distribuidos/614G01023
Programación Avanzada/614G01030

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías