Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Integración de Datos Código 614G01072
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Profesorado
López Rodríguez, Juan Ramon
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
juan.ramon.lopez@udc.es
miguel.penabad@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A17 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos sistemas distribuídos, as redes de computadores e internet, e deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas.
A18 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas.
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web.
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A33 Capacidade de analizar e avaliar arquitecturas de computadores, incluíndo plataformas paralelas e distribuídas, así como desenvolver e optimizar sóftware para elas
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Entender a diversidade e complexidade da información dispoñible para unha organización A18
A27
Conocer as técnicas de integración de información empresarial e ETL A27
A33
A46
Conocer o paradigma das bases de datos distribuidas e os sistemas de información federados A17
A18
A19
A27
Aprender o uso dos mapeadores obxecto-relacionais e APIs de integración de datos A18
A19

Contidos
Temas Subtemas
Sistemas de Información distribuidos e federados Bases de Datos Distribuidas
Sistemas de Información Federados
Repositorios XML
Tecnoloxías de integración APIs de integración de datos
Mapeadores obxecto-relacionais
Integración de información empresarial Técnicas de integración empresarial
ETL: Extracción, Transformación e Carga.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Prácticas de laboratorio 14 21 35
Solución de problemas 7 14 21
Lecturas 0 14 14
Proba mixta 3 0 3
Traballos tutelados 0 14 14
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas expoñeranse os contidos fundamentais da asignatura. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resume.
Prácticas de laboratorio O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.
Solución de problemas En grupos reducidos, plantexaránse problemas e discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre o alumnado.
Lecturas O profesorado indicará unha serie de lecturas específicas (normalmente capítulos ou seccións da bibliografía básica ou complementaria) para cada tema. É recomendable que o alumnado as lea antes das sesións maxistrais dese tema.
Proba mixta Exame da asignatura, que combina tanto conceptos teóricos como aspectos prácticos e problemas.
Traballos tutelados Proporanse traballos que o alumnado terá que levar a cabo. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados na páxina web da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención (semi)personalizada ó estar traballando en pequenos grupos, directamente sobre unha aplicación concreta, en cada ordenador. O profesor atenderá dudas puntuales a cada estudiante ou grupo.

Nas clases de solucións de problemas os grupos son reducidos, o que permitirá unha maior interacción e posibilitará un seguimento detallado do avance dos estudiantes.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado con probas ou entregas de exercicios periódicos.

Para superar esta parte, deberán conseguirse 1,2 puntos dos 4 posibles. En caso de non conseguirse, a asignatura estará suspensa, cunha nota numérica nunca superior ó 4,5.

Na segunda oportunidade realizarase unha avaliación por escrito.

Os estudiantes poderan optar á segunda oportunidade só no caso de non superar esta parte na primeira oportunidade. Os criterios de mínimos e a nota máxima coinciden cos da primeira oporturnidade.
40
Proba mixta O exame da asignatura evaluará os seguentes aspectos:

Conceptos da materia: Dominio dos conocementos teóricos e operativos.
Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos conocemeentos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na asignatura.

Para superar esta parte deben obterse 1,2 puntos dos 4 posibles. De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirá unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.
40
Traballos tutelados Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

A data de entrega marcarase durante o curso e non serán aplazables.
Non se esixe un mínimo para esta parte, pero non será recuperable na segunda oportunidade.
20
 
Observacións avaliación
  • Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.
  • Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

Fontes de información
Bibliografía básica García-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2009). Database System. The complete book. 2º edición. Prentice-Hall
Doan, A.; Halevy, A.; Ives, Z. (2012). Principles of Data Integration. Morgan Kauffman
Connolly, T. e Begg, C. (2005). Sistemas de bases de datos, 4ª edición . Addison-Wesley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías