Sesión maxistral |
Esta metodoloxía empregarase para amosar aos alumnos os conceptos teóricos que forman parte da materia. |
Traballos tutelados |
Consistirá nun traballo desenvolto polo alumno e proposto polos profesores, será non presencial, supervisado, debéndose de entregar unha memoria que será empregada para avaliar o alumno.
O obxectivo é que o alumno profunde nos aspectos máis importantes e características dos Sistemas de Información Empresarial, permitíndolle adquirir coñecementos que doutra maneira non sería posible. |
Proba obxectiva |
Realizarase ao remate da materia para comprobar que o alumno adquiriu as competencias asociadas cos coñecementos teóricos expostos. |