Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Sistemas de Información Empresarial Código 614G01073
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Castro Martinez, Alfonso
Correo electrónico
alfonso.castro@udc.es
Profesorado
Castro Martinez, Alfonso
Gomez Garcia, Angel
Martinez Perez, Maria
Rodríguez Fernández, Alejandra
Correo electrónico
alfonso.castro@udc.es
angel.gomez@udc.es
maria.martinez@udc.es
alejandra.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral A influencia das Tecnoloxías da Información é cada vez maior nas organizacións pasando de dar soporte ás actividades operativas ao apoio á toma de decisións e xestión. Ademáis, o entorno cada vez máis competitivo e esixente no que teñen que moverse as organizacións fai que teñan que mellorar a súa xestión e a integración das distintas áreas para poder ofrecer un mellor servizo.

Nesta materia tratáranse os Sistemas Informáticos que integran a información xerada polas distintas actividades da empresa, facilitando o seu seguimento e servindo de soporte á toma de decisións e á xestión da organización.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.
A49 Capacidade para comprender e aplicar os principios e as prácticas das organizacións, de forma que poidan exercer como enlace entre as comunidades técnica e de xestión dunha organización, e participar activamente na formación dos usuarios.
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
B5 Habilidades de xestión da información
B6 Toma de decisións
B7 Preocupación pola calidade
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade de integrar solucións de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles acadar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, dándolles así vantaxes competitivas. A46
A56
B5
B6
B7
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. A49
A52

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución. - Os Sistemas de Tecnoloxías da Información e as Organizacións.
Tema 2: Sistemas de soporte ás actividades operativas. - TPS. Sistemas de Procesamento Transaccional/Transactions Processing System.
Tema 3: Sistemas de apoio á xestión empresarial. - ERP. Sistemas de Planificación de Recursos Empresariais/Enterprise Resource Planning.

- CRM. Sistemas de Xestión da Relación cos Clientes e Marketing/Customer Relationship Management.
Tema 4: Sistemas de apoio á xerencia. - MIS. Sistemas de Información Xerencial/Management Information System.

- DDS. Sistemas de Apoio á Toma de Decisións/Decision Support System.
Tema 5: Sistemas de Intelixencia Empresarial. - BI. Ferramentas de Intelixencia Empresarial/Business Intelligence.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Sesión maxistral 30 7.5 37.5
Prácticas de laboratorio 20 20 40
Traballos tutelados 8 16 24
Presentación oral 2 12 14
Proba obxectiva 2 16 18
 
Atención personalizada 16 0 16
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día da clase amosarase ao alumno o temario e como se desenvolverá a materia.
Sesión maxistral Esta metodoloxía empregarase para amosar aos alumnos os conceptos teóricos que forman parte da materia.
Prácticas de laboratorio O obxectivo é que o alumno poda ver a aplicación práctica dos conceptos explicados nas sesións maxistrais. Para elo, o alumno traballará con algúns dos sistemas vistos na aula.
Traballos tutelados Consistirá nun traballo desenvolto polo alumno e proposto polos profesores, será non presencial, supervisado, debéndose de entregar unha memoria que será empregada para avaliar o alumno.
O obxectivo é que o alumno profunde nos aspectos máis importantes e características dos Sistemas de Información Empresarial, permitíndolle adquirir coñecementos que doutra maneira non sería posible.
Presentación oral Os alumnos expoñeran na aula, cos medios audiovisuais dispoñibles na mesma, os traballos realizados ao longo do cuadrimestre.
Proba obxectiva Realizarase ao remate da materia para comprobar que o alumno adquiriu as competencias asociadas cos coñecementos teóricos expostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada está enfocada a apoiar ao alumno na compresión das diferentes técnicas mediante o apoio nas titorías e a resolución das dúbidas que xurdan nas clases maxistrais.

Tamén, se lle prestará axuda ao alumno nas dúbidas que podan xurdir na realización das prácticas e durante a aprendizaxe mediante os traballos tutelados, para un mellor aproveitamento e comprensión dos coñecementos vistos na clase.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame escrito sobre os conceptos comentados na clase. 40
Traballos tutelados Sesións de control e unha memoria na que se avaliará: formato, estrutura, redacción e contido 20
Prácticas de laboratorio Entrega dunha memoria cos resultados acadados e o proceso seguido. 40
 
Observacións avaliación
Para obter a cualificación de aprobado ou superior na materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. A cal será de 4 puntos sobre un máximo de 10.


O contido deste apartado é orientativo dependendo do carácter da materia. No primeiro día de clase os profesores comentarán como se realizará a avaliación.

Fontes de información
Bibliografía básica T. Davenport (2000). Mission Critical. Realizing the Promise of Enterprise Systems. Harvard Business School Press
R. McLeod (2000). Sistemas de Información Gerencial. Pearson Educación
K. C. Laudon, J. P. Laudon (2012). Sistemas de Información Gerencial. Addison-Wesley
A. Gomez, C. Suarez (2009). Sistemas de Información: Herramientas prácticas para la gestión. Ra-Ma
I. Gil (1997). Sistemas y tecnologías de la información para la gestión. McGRAW-HILL

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión de Proceso de Negocio/614G01042

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase ao alumno, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías