Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Xestión de Proxectos Código 614G01203
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Curso de Adaptación Enxeñeiros Téc. en Informática Obrigatoria 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Hernandez Almaraz, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.hernandeza@udc.es
Profesorado
Carpente Rodriguez, Maria Luisa
Hernandez Almaraz, Joaquin
Correo electrónico
luisa.carpente@udc.es
joaquin.hernandeza@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Saber realizar a planificación dun proxecto, a xestión dos seus recursos e os seus riscos, así como o seguimento deste. A8
A29
A49
A50
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C3
C4
C6
C7
Coñecer técnicas de modelado e optimización de proxectos, determinación do camiño crítico, nivelación e asignación de recursos. A1
A8
A49
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C3
C4
C6
C7
Saber utilizar ferramentas de apoio á planificación e xestión de proxectos. A46
A52
A56
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Teoría Tema 1. Modelos de programación lineal e aplicacións
Tema 2. Programación lineal enteira
Tema 3. Xestión de proxectos
Tema 4. Planificacion de Proxectos
Tema 5. Xestión de riscos
Práctica Exercicios de programación lineal e enteira
Práctica de programación lineal e enteira
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Redacción do anteproxecto
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Realización do anteproxecto


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 2 12 14
Sesión maxistral 21 42 63
Traballos tutelados 6 24 30
Prácticas de laboratorio 14 28 42
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
Sesión maxistral O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas
Traballos tutelados O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica, a través de exercicios e prácticas relativas a proxectos propostos por eles mesmos, os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
O traballo autónomo fundamentalmente permite aos alumnos o desenvolvemento detallado das prácticas e o coñecemento e manexo das ferramentas informáticas de soporte anteriormente mencionadas.
Prácticas de laboratorio As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición

Combinarase o método expositivo maxistral coas prácticas sobre ordenador, nas que se conxurará o traballo autónomo e en grupo tutelado.

O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.

As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte.

O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica, os coñecementos adquiridos ao longo do curso.

En todo momento se fomentará a participación dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Valorarase:
- Memoria entregada da práctica.
- Nivel técnico da práctica.
- Completitud, claridade e xustificacións da práctica.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Participación activa na práctica.
30
Proba obxectiva Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual. A parte teórica da proba supón o 40% desta. 70
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é
constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e
realizarase en dous momentos temporais distintos:

- Unha vez
finalizada as prácticas, tanto de de planificación e seguimento de
proxectos, como de programación lineal e/ou enteira.

- Ao finalizar o curso, mediante un exame escrito individual.

A nota final de cada alumno obterase segundo o indicado a continuación:

- Exame escrito individual: 70%.

- Práctica de planificación e seguimento de proxectos: 20%.

- Práctica de programación lineal e/ou enteira: 10%

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 na práctica.

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 no exame escrito individual.

En
caso de que non se cumprise algún mínimo dos dous anteriores, a nota
que figurará para a materia será a da práctica, se esta non estivese
aprobada, ou a do exame en caso de que a práctica si se tivese aprobado.

Aspectos a ter en conta:

- Os grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices dos profesores.

- Na avaliación da práctica de planificación e seguimento de proxectos valorarase o nivel técnico do traballo e a completitud, claridade e exposición deste.

-
A nota asignada á práctica de planificación e seguimento de proxectos
inicialmente será a que reciban todos os membros do grupo que a
defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da participación
activa individual de cada un.

- Na práctica de programacion lineal e/ou enterea,
valorarase a capacidade de modelar unha situación de conflito nun
proxecto e resolvela, mediante o software recomendado, así como
interpretar de xeito axeitado a devandita solución.

Os alumnos
que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das
competencias fundamentais desta mediante a realización dun novo exame
suxeito ás restricións indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos
que non superasen a práctica de planificación e seguimento de proxectos
deberán refacela ata que esta cumpra cos requisitos mínimos esixidos,
sendo entregada para a súa avaliación por parte dos profesores e defensa
con data límite o día do exame da segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

- “Ingeniería del software. Un enfoque práctico”. Roger S. Pressman. 7ª edición. McGraw-Hill.

- “Software engineering”. Ian Sommerville. 9ª edición. Addison-Wesley.

- “Desarrollo y gestión de proyectos informáticos”. Steve McConnell. McGraw-Hill.

- “IEEE standard for software configuration management plans”. Estándar IEEE 828-1990.

- “IEEE guide to software configuration management”. Guía IEEE 1042-1987.

- “Planificación asistida por ordenador: Microsoft Office Project Professional 2010”. Javier Andrade Garda y Sonia M. Suárez Garaboa. Manual de Profesores.

- Manuales de usuario de la herramienta MS-Project 2010.

- “Gestión de proyectos”. Ted Klastorin.Alfaomega grupo editorl. 2010.

- "Investigación operativa". Quintín Martín Martín. Pearson educación. 2003.

- "Investigación operativa. Problemas y ejercicios resueltos". Quintín Martín Martín; Mª Teresa Santos Martín; Yanira del Rosario de Paz Santana. Pearson educación. 2005.

- "Programación Matemática". Salazar Gonzalez, J.J.. Ediciones Diaz de Santos. 2001.

Bibliografía complementaria

- “Ingeniería del software. Aspectos de gestión. Tomo 1: Conceptos básicos, teoría, ejercicios y herramientas”. Román López-Cortijo y García y Antonio de Amescua Seco. Instituto Ibérico de la Industria del Software (www.iiis.es).

- “Project management práctico. Técnicas, herramientas y documentos”. J. Eduardo Caamaño. Ed. Círculo rojo-Docencia (www.pmpractico.com)

- “Interfaces, técnicas y prácticas. MÉTRICA versión 3”. Ministerio de las Administraciones Públicas: http://www.csi.map.es/csi/metrica3/.

- Software Engineering Institute (SEI): http://www.sei.cmu.edu/.

- European Software Institute (ESI): http://www.esi.es/.

- "Programación lineal y flujo en redes".Bazaraa M Limusa. 2005.

- "Investigación de operaciones".Winston W..Paraninfo. 2005.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia ten un carácter eminentemente práctico, polo que é fundamental que os alumnos saiban aplicar os coñecementos teóricos aprendidos á práctica



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías