Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poden presentar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra linear; cálculo diferencial e integral; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
A8 |
Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos, liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social. |
A29 |
Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potencias asociados que se puideren presentar. |
A46 |
Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas. |
A49 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios e as prácticas das organizacións, de forma que poidan exercer como enlace entre as comunidades técnica e de xestión dunha organización, e participar activamente na formación dos usuarios. |
A50 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios da avaliación de riscos e aplicalos correctamente na elaboración e execución de plans de actuación. |
A52 |
Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. |
A56 |
Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B2 |
Traballo en equipo |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar |
B5 |
Habilidades de xestión da información |
B6 |
Toma de decisións |
B7 |
Preocupación pola calidade |
B8 |
Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar |
B9 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade) |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Saber realizar a planificación dun proxecto, a xestión dos seus recursos e os seus riscos, así como o seguimento deste. |
A8 A29 A49 A50
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
Coñecer técnicas de modelado e optimización de proxectos, determinación do camiño crítico, nivelación e asignación de recursos. |
A1 A8 A49
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
Saber utilizar ferramentas de apoio á planificación e xestión de proxectos. |
A46 A52 A56
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C3 C4 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Teoría |
Tema 1. Modelos de programación lineal e aplicacións
Tema 2. Programación lineal enteira
Tema 3. Xestión de proxectos
Tema 4. Planificacion de Proxectos
Tema 5. Xestión de riscos
|
Práctica |
Exercicios de programación lineal e enteira
Práctica de programación lineal e enteira
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Redacción do anteproxecto
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Realización do anteproxecto
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
2 |
12 |
14 |
Sesión maxistral |
21 |
42 |
63 |
Traballos tutelados |
6 |
24 |
30 |
Prácticas de laboratorio |
14 |
28 |
42 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso. |
Sesión maxistral |
O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas |
Traballos tutelados |
O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica, a través de exercicios e prácticas relativas a proxectos propostos por eles mesmos, os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
O traballo autónomo fundamentalmente permite aos alumnos o desenvolvemento detallado das prácticas e o coñecemento e manexo das ferramentas informáticas de soporte anteriormente mencionadas. |
Prácticas de laboratorio |
As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Combinarase o método expositivo maxistral coas prácticas sobre ordenador, nas que se conxurará o traballo autónomo e en grupo tutelado.
O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.
As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte.
O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica, os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
En todo momento se fomentará a participación dos alumnos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
Valorarase:
- Memoria entregada da práctica.
- Nivel técnico da práctica.
- Completitud, claridade e xustificacións da práctica.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Participación activa na práctica. |
30 |
Proba obxectiva |
Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual. A parte teórica da proba supón o 40% desta. |
70 |
|
Observacións avaliación |
O obxectivo da avaliación é
constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e
realizarase en dous momentos temporais distintos:
- Unha vez
finalizada as prácticas, tanto de de planificación e seguimento de
proxectos, como de programación lineal e/ou enteira.
- Ao finalizar o curso, mediante un exame escrito individual.
A nota final de cada alumno obterase segundo o indicado a continuación:
- Exame escrito individual: 70%.
- Práctica de planificación e seguimento de proxectos: 20%.
- Práctica de programación lineal e/ou enteira: 10%
Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:
- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 na práctica.
- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 no exame escrito individual.
En
caso de que non se cumprise algún mínimo dos dous anteriores, a nota
que figurará para a materia será a da práctica, se esta non estivese
aprobada, ou a do exame en caso de que a práctica si se tivese aprobado.
Aspectos a ter en conta:
- Os grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices dos profesores.
- Na avaliación da práctica de planificación e seguimento de proxectos valorarase o nivel técnico do traballo e a completitud, claridade e exposición deste.
-
A nota asignada á práctica de planificación e seguimento de proxectos
inicialmente será a que reciban todos os membros do grupo que a
defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da participación
activa individual de cada un.
- Na práctica de programacion lineal e/ou enterea,
valorarase a capacidade de modelar unha situación de conflito nun
proxecto e resolvela, mediante o software recomendado, así como
interpretar de xeito axeitado a devandita solución.
Os alumnos
que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das
competencias fundamentais desta mediante a realización dun novo exame
suxeito ás restricións indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos
que non superasen a práctica de planificación e seguimento de proxectos
deberán refacela ata que esta cumpra cos requisitos mínimos esixidos,
sendo entregada para a súa avaliación por parte dos profesores e defensa
con data límite o día do exame da segunda oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- “Ingeniería del software. Un enfoque práctico”. Roger S. Pressman. 7ª
edición. McGraw-Hill. - “Software
engineering”. Ian Sommerville. 9ª edición. Addison-Wesley. - “Desarrollo y gestión de proyectos informáticos”. Steve McConnell.
McGraw-Hill. - “IEEE standard for
software configuration management plans”. Estándar IEEE 828-1990. - “IEEE guide to
software configuration management”. Guía IEEE
1042-1987. - “Planificación asistida por ordenador: Microsoft Office
Project Professional 2010”.
Javier Andrade Garda y Sonia M. Suárez Garaboa. Manual de Profesores. - Manuales de usuario de la herramienta MS-Project 2010. - “Gestión de proyectos”. Ted Klastorin.Alfaomega grupo
editorl. 2010. - "Investigación operativa". Quintín Martín
Martín. Pearson educación. 2003. - "Investigación operativa. Problemas y ejercicios
resueltos". Quintín Martín Martín; Mª Teresa Santos Martín; Yanira del
Rosario de Paz Santana. Pearson educación. 2005. - "Programación Matemática". Salazar Gonzalez, J.J.. Ediciones Diaz de Santos. 2001. |
Bibliografía complementaria
|
|
- “Ingeniería del software. Aspectos de gestión. Tomo 1:
Conceptos básicos, teoría, ejercicios y herramientas”. Román López-Cortijo y
García y Antonio de Amescua Seco. Instituto Ibérico de la
Industria del Software (www.iiis.es). - “Project management práctico. Técnicas, herramientas y
documentos”. J. Eduardo Caamaño. Ed. Círculo rojo-Docencia (www.pmpractico.com) - “Interfaces, técnicas y prácticas. MÉTRICA versión 3”.
Ministerio de las Administraciones Públicas:
http://www.csi.map.es/csi/metrica3/. - Software Engineering
Institute (SEI): http://www.sei.cmu.edu/. - European Software Institute (ESI): http://www.esi.es/. - "Programación lineal y flujo en redes".Bazaraa
M Limusa. 2005. - "Investigación de operaciones".Winston W..Paraninfo. 2005. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A materia ten un carácter
eminentemente práctico, polo que é fundamental que os alumnos saiban
aplicar os coñecementos teóricos aprendidos á práctica |
|