Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Administración de Redes Código 614G01213
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Curso de Adaptación Enxeñeiros Téc. en Informática Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
Profesorado
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Formoso López, Vreixo
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
breixo.formoso@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce o alumno na problemática asociada ó deseño e operación de unha rede informática. Cubre todos os aspectos relativos aos servizos básicos de rede, monitorización, alta dipoñibilidade, mecanismos de control de acceso, sistemas de prevención de intrusión, comunicacións seguras, redes privadas, servizos de directorio e xestión de redes. A partir dun caso de uso, iráse desgranando os distintos elementos que compoñen unha rede así como a problemática de escalado e mecanismos de seguridade vencellados.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A55 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados. A53
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización. A55

Contidos
Temas Subtemas
Deseño de rede separación física e loxica de redes: vlans, subnetting e routing
servicios básicos de rede: DNS, DHCP, ...
seguridade da rede: firewalls, IDS, proxies, ...
servizos de directorio
alta disponibilidad: balanceadores, clustering, etc...
monitorización de rede
Servizos básicos de rede DHCP, DNS, SMTP/IMAP, HTTP, ...
Aspectos de seguridade en redes Mecanismos de control de acceso: sistemas AAA (Radius, TACACS+, ), 802.1x
Sistemas de Firewalls e de prevención de intrusión
Comunicacións seguras: TLS, SSL.
Redes privadas virtuais
Servizos de directorio LPAD
Active Directory
Xestión de redes SNMP
Sistemas de monitorizacion: Nagios, Zabbix, ...
Sistemas de gestión OSI: ITU X.700

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 24 48 72
Prácticas a través de TIC 16 32 48
Traballos tutelados 7 21 28
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algun tema puntual con maior profundidade.
Prácticas a través de TIC Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas (simuladores de rede, ferramentas de monitorización, etc..) propostas polo profesor que lle permitirán aprofundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da administración de redes. As prácticas estarán prantexadas de maneira que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais. Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, propoñeranse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de maneira opcional.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles aos alumnos interesados en facelos aprofundar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Realizaránse unha única proba obxectivas tipo test sobre os contidos da materia. E necesario ter un mínimo dun 40% do peso deste apartado para poder superar a materia. 40
Prácticas a través de TIC As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas coa Administración de Redes. 40
Traballos tutelados Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a concertar entre o alumno e o profesor. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica William Stallings (2010). Cryptography and Network Security: Principles and Practice. Prentice Hall Engineering
Michael Meyers (2009). Managing and Troubleshooting Networks. McGraw Hill
William Stallings (1999). SNMP, SNMPv2, SNMPv3 and RMON1 and 2. Prentice Hall Engineering

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Administración de Sistemas Operativos/614G01212

Materias que continúan o temario
Internet e sistemas distribuidos/614G01023
Xestión de Infraestruturas/614G01025

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías