Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A6 |
Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. |
A7 |
Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente. |
A8 |
Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos, liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social. |
A9 |
Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderado e as habilidades de comunicación en todos os contornos de desenvolvemento de sóftware |
A22 |
Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do sóftware. |
A24 |
Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional. |
A25 |
Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware. |
A27 |
Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles. |
A28 |
Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais. |
A29 |
Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potencias asociados que se puideren presentar. |
A30 |
Capacidade para deseñar solucións apropiadas nun ou máis dominios de aplicacións utilizando métodos da enxeñaría do sóftware que integren aspectos éticos, socias, legais e económicos. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B2 |
Traballo en equipo |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar |
B5 |
Habilidades de xestión da información |
B6 |
Toma de decisións |
B8 |
Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer os diferentes tipos de metodoloxías de desenvolvemento de software e os seus fundamentos. |
A8 A22 A25 A29
|
B3 B8
|
C1 C4 C6 C7
|
Ser capaz de seleccionar a metodoloxía de desenvolvemento máis adecuada e adaptala ás necesidades do proxecto Software e a organización que o desenvolve. |
A6 A8 A9 A22 A24 A25 A28
|
B1 B4 B6
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Utilizar ferramentas metodolóxicas para o desenvolvemento en entornos colaborativos. |
A7 A22 A30
|
B1 B2 B5 B8
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Coñecer metodoloxías e técnicas para a reutilización, evolución e mantemento de proxectos. |
A22 A27 A29 A30
|
B1 B2 B3 B8
|
C1 C3 C6 C7
|
Adaptar as metodoloxías aos requisitos éticos, sociais e legais. |
A6 A9 A22 A27
|
B6 B8
|
C1 C2 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
* Metodoloxía vs método.
* Metodoloxías de desenvolvemento de software.
* O ciclo de vida do software.
|
2. Metodoloxías Clásicas |
* Cascada
* Prototipado
* Espiral
* Incremental
* Desenvolvemento rápido de aplicacións |
3. O proceso unificado de desenvolvemento |
* Características
* A Linguaxe Unificada de Modelado (UML)
* Casos de uso
* A importancia da arquitectura
* Ciclo de vida |
4. Metodoloxías axiles de desenvolvemento |
* O Manifesto Agile
* Características das metodoloxías áxiles.
* A metodoloxía SCRUM
* Outras metodoloxías áxiles
|
5. Programación Extrema (XP) |
* Valores e Principios
* Técnicas
* Equipo de desenvolvemento
* Aplicacións prácticas
|
6. Desenvolvemento colaborativo |
* Desenvolvemento en equipo
* Ferramentas de traballo colaborativo.
* Desenvolvemento en aberto.
* Xestión dunha comunidade de software libre.
* Estándares abertos.
* Colaborando con proveedores. |
7. Evolución e mantemento do software |
* Legacy coma software de éxito.
* Mantemento e evolución do software.
* Control de versións.
* Xestión de erros.
|
8. Aspectos sociais, legais e éticos no desenvolvemento software |
* Licenzamento e propiedade intelectual no Software.
* Software libre e Software privativo.
* Interoperabilidade e uso de estándares.
* Seguridade e confianza.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
42 |
63 |
Prácticas de laboratorio |
14 |
28 |
42 |
Seminario |
5 |
10 |
15 |
Traballos tutelados |
2 |
16 |
18 |
Proba obxectiva |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases expositivas de presentación dos coñecementos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e os recursos facilitados pola equipa docente da asignatura na facultade virtual. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas deseñadas pola equipa docente da asignatura baseadas nos coñecementos que cada estudante vai adquirindo. Estes traballos serán desenvolvidos en grupo. Traballarase no uso de ferramentas de apoio a implantación dunha metodoloxía un proxecto de desenvolvemento Software. |
Seminario |
Titorías de grupos reducidos (TGRs) nos que se proporán actividades relacionadas cos coñecementos adquiridos en teoría ou práctica |
Traballos tutelados |
Os alumnos deberán realizar un informe que analice e avalíe de forma crítica unha ferramenta de apoio para a implementación dunha metodoloxía.
Os traballos publicaranse na facultade virtual e serán compartidos entre os alumnos para axudarlles na selección de ferramentas software. Potenciarase a realización de traballos en inglés. |
Proba obxectiva |
Proba escrita mediante a que se valoran os coñecementos adquiridos polo estudantado. Cada estudante deberá aplicar tanto os seus coñecementos tanto a nivel teórico coma a nivel práctico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
* A atención personalizada consistirá na realización de titorías presenciais ou a través do campus virtual para resolver dúbidas sobre os contidos da asignatura.
* Realizarase o seguemento personalizado das prácticas de laboratorio.
* Así mesmo revisaranse persoalmente cos alumnos os resultados dos traballos dos seminarios así como na selección e avaliación do traballo tutelado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.
A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia. É obrigatorio obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia |
40 |
Prácticas de laboratorio |
Avaliación continua das prácticas propostas ao longo do curso
Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:
- Rigor no acadamento dos obxectivos perseguidos na práctica empregando as técnicas propostas na asignatura.
- Asimilación dos conceptos perseguidos pola práctica.
- Orixinalidade nas propostas acometidas durante a realización da práctica.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados para esa fin.
- Valoración do traballo en grupo |
40 |
Traballos tutelados |
Os alumnos deberán realizar un informe que analice e avalíe de forma crítica unha ferramenta de apoio para a implementación dunha metodoloxía.
Os traballos publicaranse na facultade virtual e serán compartidos entre os alumnos para axudarlles na selección de ferramentas software. Potenciarase a realización de traballos en inglés.
Valorarase a calidade do traballo, a expresión, o rigor académico. Valorarase adicionalmente o uso do inglés. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Aspectos a ter en conta na avaliación da segunda oportunidade de Xullo: * A nota de prácticas de laboratorio e do traballo tutelado mantense idéntica á obtida na primeira oportunidade, existirá a posibildiade de voltar a entregar o traballo tutelado. Nese caso deberase indicar as diferencias e melloras coa entrega da primeira oportunidade.
* A nota da proba obxectiva só se mantén no caso de que sexa igual ou superior a cinco na primeira oportunidade. No caso de non superar o cinco na primeira oportunidade será obrigatorio repetir a proba obxectiva.
Considerarase que un alumno preséntase á segunda oportunidade se volve entregar o traballo tutelado ou presentase á proba obxectiva.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Larman, Craig (2004). Agile & Iterative Development. Addison Wesley
Fogel, Karl (2010). Creando Software Libre. Edizer, GHANDALF
Jacobson, Ivar ; Booch, Grady; Rumbaugh, James (2000). El proceso unificado de desarrollo de software. Addison Wesley
Beck, Kent ; Andres, Cynthia (2005). Extreme Programming Explained (2nd ed.). Addison Wesley
Pilone, Dan; Miles, Russ (2008). Head First Software Development. O'Reilly
Fowler, Martin (2000). Refactoring: Improving the Design of Existing Code. Addison Wesley |
|
Bibliografía complementaria
|
Martin, Robert C (2008). Clean Code: A Handbook of Agile Software Craftsmanship. Prentice Hall
Fox, Armando; Patterson, David (2012). Engineering Long-Lasting Software. Strawberry Canyon LLC
Stallman, Richard M (2010). Free Software, Free Society: Selected Essays of Richard M. Stallman. Free Software Foundation
Raymond, Eric S. (2000). The Cathedral and the Bazaar. O'Reilly |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Proxectos de Desenvolvemento Software/614G01226 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enxeñaría de Requisitos/614G01222 | Aseguramento da Calidade/614G01223 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|